«[15-M. O pobo indignado] pon en circulación un feixe de estudos analíticos, opinións e valoracións sobre o movemento.»
«O pobo indignado, así pois, estrutura os seus contidos baixo unha ordenación tripartita. No primeiro bloque, con textos subscritos por Xosé M. Beiras, Francisco Sampedro, Xavier... «En 18, tal como explican no breve limiar as irmás Cruz e Rosa Martínez Vilas (rosanegra), cofundadoras de Penúltimo Acto e unhas das principais promotoras de todas estas iniciativas, “Agromou un sentimento de unificación, un devezo de adhesión para formar unha memoria física na que confluír todos os... «O pequeno, pero intenso, volume de oitenta páxinas leva un título que fai referencia á crenza de que tras a morte por suicidio unha persoa volve de novo ao ano cero.Trátase, pois, dun monólogo onde o tempo e mais o espazo desaparecen na procura da ubicuidade absoluta»
«Ansiedade, obsesión, angustia,... «O selo Faktoria K achéganos en tradución ao galego unha das obras máis coñecidas e paradigmáticas nese intento de inventar o porvir, a cidade imaxinaria do futuro que traduza as esperanzas ou os medos dos seres humanos que viven nun presente preñado de eivas e imperfeccións.»
«1984 non só é a máis... «o último libro en lingua galega do xornalista e narrador da Pastoriza Carlos G. Reigosa, premiado na súa versión castelá co galardón internacional Rodolfo Walsh de literatura testemuñal en 1996, representa, sen dúbida, todo un acerto ao situarse na encrucillada destes dous camiños.»
«A agonía do león... «poemario bipartito onde a aforística de condensación epigramática alterna cos versos rememorativos de tempos e lugares idos.»
«Caride Ogando desprega toda a súa inven(c)tiva retranqueira, xogando cos dobres sentidos, ambigüidades, anfiboloxías, oxímoros e outros recursos afíns, que vai salferindo en... «A dama fulxente é a narración da peregrinaxe a Compostela por parte dunha nobre francesa do tempo de Luís XIV que, doente por causa dun mal descoñecido, deposita na intercesión xacobea as esperanzas da súa curación.»
«na obra vai aparecendo tamén o mundo da iniciación místico-esotérica dos rosacruces... «A protagonista do relato, Esme, remata nos anos trinta pechada nun manicomio, a petición do pai, porque leva unha vida que non se axusta ao que a sociedade vitoriana inglesa tiña predestinados para a muller, como vestir roupas elegantes ou pensar só en casar e ser unha esposa convencional. »
«Non... «Desde a constatación da irreversíbel aparición da morte segando a vida da súa nai, Eva Veiga escribiu este poemario de amor filial. Un poemario impresionante, non só por sentido senón máis por acadar unha expresividade poética complexa, tan requintada como simple e sen afastarse do camiño emprendido... «[Gonzalo Amoedo] analiza, incorporando unha inxente documentación, a presenza e evolución do franquismo na provincia de Pontevedra, na liña doutras achegas que foron, van e irán vendo a luz, neste caso adoptando un criterio referencial e delimitativo como é o ámbito provincial.»
«o obxectivo [...]... «O volume recompila cinco reflexións que, en forma de palabra, foron pronunciadas en manifestacións do 15-M, ou artigos de análise que dan idea dabondo dos ideais e ideoloxía do Movemento 15-M. O volume segue o ronsel de Stéphane Hessel. Neste pequeno volume, como no de Hessel, reivindícase unha... «Gelo da Veiga e Elisa dos Barreses atopáronse en Portobello Road. E co encontro aviveceu o lume dos sentimentos, a antiga relación, o desleixo, a sorpresa. Mais tamén alí naceu o medo. Así dá comezo esta achega de Eva Moreda á narrativa galega sobre a nosa emigración en Londres.»
«Eva Moreda presenta... «Noites de tormenta, o purosangue Zahir, e o amor sensible do namorado de Marie, artellan a última novela de Jean–Philippe Toussaint»
«o narrador–personaxe enfoca a Marie, sofisticada e soñadora como nas anteriores entregas, cun humor negro que non lle fará perder o seu sedutor erotismo. Se reflexións... «Un monólogo interior, o discorrer dunha consciencia convertida en palabras, nunha tarde de decembro, cuspidiña a todas as tardes de quince decembros que leva soa a anciá María, sentada nunha cadeira de rodas, recluída nun cuarto da súa casa, sentindo como minuto a minuto pasan os días, ata que erguen... «Acuática alma é un manso fluír de sensacións, de reflexións, de sensibilidades. Un manso e constante fluír de derrotas e necesidades, de cansazos e abismos, de espellos e agardas, de vítimas e invisibilidades.»
« esta poesía de Marta Dacosta no quere ficar en simple testemuño poético do camiño, senón... «Ese singularísimo convivio entre literatura impresa e literatura dixital segue a dar entre nós vizosos froitos. Un dos últimos Alusión, o volume de ensaios breves do profesor e analista literario Arturo Casas»
«Alusión nace da escolma de parte do escrito por Casas no blog Lándoas, activo na Rede entre... «non hai moito Lado volvía aos dominios do verso sensual e amatorio cunha nova colección á que puxo o descritivo título de Amantes, volume co que se alzou co V Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, organizado pola moi activa Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica, que se está a... «atopámonos diante dunha obra verdadeiramente revolucionaria dentro do sistema cultural galego, xa que aborda directamente un tabú que segue a eivar o tratamento historiográfico que se fai incluso de esgrevios persoeiros da cultura galega.»
«o autor agasalla ao leitor cun texto áxil e postmoderno,... «Publicado por Bubela, a editorial matriz desta Vangarda Artística Galega, no volume recóllense textos dos autores fundadores do SENTIMENTALISMO: a Matalobos e Patiño,súmanse Carlos Arias,Cristina Ferreiro Real,X. Alfonso Parada, Mariña Pérez Rei e X. Manuel Valcárcel, quen é autor tamén da presentación... «O texto, moi breve mais extraordinariamente intenso, articúlase como unha defensa dos valores da ociosidade e cómpre situalo nun ronsel de publicacións que, por volta do século XIX, ofrece propostas adubiadas cunha vontade subversiva diante do industrialismo galopante e de certa moralidade puritana do... «Wolfgang Koeppen (1906-1996), un escritor que entre nós traspasaría as estremas do anonimato cunha triloxía que retratou a Alemaña da posguerra con sagacidade, pesimismo e enxeño. Malia todo, talvez sen procuralo, a estes Apuntamentos… coubéronlle a honra, e seica a responsabilidade, de converterse na... «Hai libros que, desde ese fondal selectivo que é a memoria, acompañan ao lector ao longo da súa vida, dun ou doutro xeito, aínda que o ronsel que aqueles deixen se atope agochado, semioculto nalgún recanto do que un foi, do que un é. Desa estirpe foi, para min e coido que para moitos lectores que nos... «Narración de ambientación histórica (a acción transcorre no tempo das revoltas cantonais do XIX) e localización estradense, o protagonismo do relato recae sobre un pequeno grupo de mulleres que, organizadas nunha sorte de sistema cooperativista avant la lettre, ousan desafiar os poderes establecidos,... «Xaime Toxo ofrécenos neste volume catro narracións breves que teñen como elemento común, agás a derraderia, o desenvolvemento en vilas mariñeiras e nun período temporal que abarca desde o remate dos cincuenta-sesenta á metade dos setenta do pasado século, polo que, dalgún xeito, podemos estar ante unha... «Estamos pois diante dunha mostra paradigmática da chamada “literatura do eu”, hoxe tan de moda e que os críticos recoñecen como parte importante do presente e do futuro inmediato da literatura. Refírome a unha ferramenta literaria que non é autobiografía nin diario nin memorias en sentido estrito. Pero... ««bretemada» aparece definida como «niebla espesa y rastrera que ensombrece las cosas máis próximas». Desde agora este será un termo máis familiar e próximo pois con el bautizou Gonzalo López Abente un monllo de poemas, escritos entre 1917 e 1922, aos que, significativamente, quixo darlles este titulo... «A poesía de Luís Valle é a poesía do Alén,doutra dimensión, a poesía que (re)inventa unha realidades sen referente necesario ou posible.»
«O lector terá que deixarse levar polo ritmo das palabras que nos levan ao baleiro dun espazo ou mundo propio.As metáforas enganduxadas sen conexión necesaria, sen... «Café só reúne quince relatos curtos precedidos e sucedidos dunhas prosas breves enmarcadoras. Son contos maioritariamente protagonizados por mulleres, de ambientación urbana ou vilega e todos eles figuran envolveitos por un celofán melancólico, de tristura inconsolable, señoreados pola soidade, a... «O orixinal inglés da bitácora viaxeira por España de Laurie Lee foi seleccionada no ano 2009 polo xornal inglés Daily Telegraph como o segundo mellor libro de viaxes de todos os tempos.»
«O relato de Laurie Lee é un lúcido testemuño dun país, daquela pertencente ao terceiro mundo, moi diferente da súa... «O libro [...] concíbese desde a perspectiva dos editores como unha achega a unha homenaxe máis ampla que a escritora merecería e organizada desde as instancias do diálogo “coa súa obra literaria e coa súa posición feminista a través de diferentes aparellos analíticos”.»
«son numerosas e moi... «As [...] ideas de corte progresista [de Mark Twain] fixéronse máis radicais co paso dos anos e aparecen reflectidas en Cartas desde a Terra, cuxa primeira edición non foi autorizada ata 1962, cincuenta anos despois do seu pasamento, debido á oposición da súa filla Clara Clemens que as consideraba... «Un texto que propón unha vigorosa posta en esecena, pois é unha traxedia envolvente da que o espectador/lector non pode fuxir. Sempre se cuestionará até que punto o que está lendo/vendo é só un caso exemplificante e hipotético. »
«a peza organízase a redor dunha serie de conceptos temáticos. A... «volume narrativo co que [Luís Rei Núñez] regresa á actualidade literaria para nos convidar a unha singular e irrepetible viaxe polas terras do que el prefire denominar a Costa da Morte do Sol, esa xeografía característica na que se dan a man o ríspeto das mareas vivas e os cantís esgrevios coa ánima... «Carlos Callón ofrécenos neste libro un manual que resulta imprescincible se queremos facer valer os nosos dereitos para usar o galego en todos os ámbitos da vida, desde o Ensino ou a Administración de Xustiza ata ás comunicacións coas empresas de telefonía ou cos empregados que nos atenden, por... «Ler a Francis Scott Fitzgerald e revivir todo o glamour melancólico e autodestrutivo dos happy twenties son a mesma cousa. Ninguén coma el gozou tan intensamente aqueles anos de exceso, frivolidade e charm festeiro.»
«Ese é o mundo que aparece, como protagonista ou simple escenario, en moitas das... «Os dezasete contos que reúne aquí Iglesias retoman os temas característicos da súa produción. A actualidade aparece representada no conto que abre o libro sobre a eutanasia, que nos lembra a historia real de Ramón Sampedro. O erotismo e mais o humor, así como a referencia á realidade do rural e do... «Xúntase aquí [...] obras xa publicadas con anterioridade como Meta-relatos, en que esencialmente se reflexiona sobre o propio proceso narrativo e ficcional, ou a máis recente Os paraísos eróticos, en que se reactivaba o asunto erótico fundíndoo con elementos de carácter heteroxéneo como a antropoloxía... «[Crac] É poesía moi actual e como tal rexeita o texto pechado, e como tal procura e provoca incómodas reflexións, incómodas revelacións aínda que só sexan preguntas, se cadra.»
«poesía dinámica, que non queda en ser texto senón que agroma nel para que sexa de vostedes. Aprende a ser libre, a existir... «a infancia, a vida no rural, o amor, a liberdade, o activismo...todo está na súa poesía, prendido en vieiros vitais e mais en estoupidos líricos que non entalan a súa poesía nun determinado movemento ou tendencia.»
«Cráter confirma que a de Novo é unha poesía,sen dúbida, expansiva, que espreme o eu... «Que Armando Requeixo é ademais un dos lectores máis conspicuos, sagaces e mesmamente críticos do libro galego é algo no que acreditan moitos lectores, escritores e tamén moitos compañeiros da súa profesión /afección. A súa preparación académica, a súa sagacidade e acuidade para peneirar o gran da palla... «Estruturada nunha manchea de capítulos breves de apenas un par de planas de extensión, a obra responde ao anunciado na cuberta, pois dá cumprida razón da nacenza do grupo literario Xente Nova no Ourense de primeiros dos cincuenta do pasado século e mais do posterior xurdimento (na primavera do 58) do... «os poemas deste libro descóbrennos un romántico de novo cuño, que ten no amor e as súas vicisitudes o tema central —e case que único— destas composicións, inzadas de declaracións apaixonadas a un ti omnipresente, destinatario duns versos onde os afectos teñen nos eidos labregos, as singraduras... «Quen guste de inmiscirse e coñecer, mesmo emotivamente, a cerna dos costumes e da idiosincrasia, as esperanzas e desesperanzas cotiás e vitais que alentan no espírito dunhas xentes, talvez de ficción, que poboan unha pequena vila india e musulmá, emprazada en Támil Nadu, ten á forza que se... «Os autores do Dicionario de etnografía e antropoloxía, X. R.Mariño Ferro e X.M,González Reboredo, achegan ao público de hoxe a memoria da cultura oral –poñéndoa en valor e ofrecendo unha interpretación dese mundo–, centrándose sobre todo na Galicia rural desde finais do século XIX deica mediados do... «Escrita en primeira persoa, a narradora autodiexética amósanos unha porción do que Goliarda Sapienza chamaba “autobiografías das contradicións”, un propósito de retornar coa distancia do paso do tempo sobre algúns momentos da propia existencia para comprender que cousas altera o tempo na memoria... «Extramunde, Premio Xerais 2011, novela debida á autoría de Xavier Queipo, non é unicamente unha novela de aventuras no XVI. Tamén interpreta a sociedade de hoxe, século XXI. Lela só como novela de piratas é posíbel, igual que conformarse cos entrantres do xantar. Só a reflexión inconformista e activa... «estamos diante dun deslumbrante conxunto de fulguracións. Xa que logo,cada unha delas –sucinta, mesmo ás veces mínima– contén toda a forza que esgaza o núcleo do átomo,a eclosión moi poderosa da poesía»
«Estamos perante verdadeiras, auténticas pezas de ourivería. Algunhas delas deveñen absolutamente... «no poemario non é difícil rastrexar, ademais dunha auténtica fervenza de lecturas que [a autora] sabe magmatizar, un mesta rede de influencias ou diálogo recíproco coa tradición e a modernidade»
«Este Flores da galvana é un volume no que hai ficción, claro é, mais talvez tamén... «un libro compilatorio que inclúe algúns relatos premiados en diversos galardóns como son o Modesto R. Figueiredo, o “Ourense” de contos ou Os Viadutos do Concello de Redondela»
«Fraquezas é un título que admite, por suposto, unha chea de interpretacións, mais a que aquí semella prevalecer é a que... «Maseda reactualiza para nós a figura do persoeiro, salientado a súa galeguidade, ben patente, por certo, nunha famosa carta enviada polo conde ao secretario real de Felipe II, o valdeorrés Andrés de Prada, na que censura o menosprezo do que eran obxecto as nosas xentes e a nosa Terra en xeral por parte... «Lanero Táboas reflexiona e amosa o estudo sobre as Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos —HSLG— é dicir, a sindicalización dos traballadores do agro ao xeito corporativista e, polo tanto, oposto aos sindicatos de clase e ao asociacionismo agrario anterior a 1936»
«O estudo analiza nos dous... «[Diego Ameixeiras] sabe situarse nese ronsel que, desde as instancias dunha limitación espacial determinada, conduce a soster unha trama próxima ás fronteiras do xénero negro.»
«Con todo e se cadra dun xeito máis evidente e consonte cos seus trazos coñecidos como narrador de inequívoca vontade... «Holocausto zacoe non un é libro de versos ao uso, é un urro esconxurador, o gargallo que cospe á cara dos seus executores o condenado a morte na súa derradeira xeira. Os poemas deste libro denuncian a actual doma e castración da nación zacoe, a súa sumarísima devastación por parte do “Estado Maior das... «Hai en toda a literatura de Quintiá presenzas e motivos recorrentes, atmosferas que impregnan os seus textos e que viaxan dunha obra a outra, creando un cronotopo xenuíno que se rexe polas súas propias regras e que ten no Fornelos natal, no Friol tribal e no Lugo formativo e vital os tres vértices dun... «unha novela que, en principio, parodia o xénero policial, mais tamén resulta unha reflexión, non sen unha boa dose de ironía, sobre o propio proceso de escritura do relato, e, para que nada falte, achégase á crítica dun dos fenómenos máis rechamantes do noso tempo: o telelixo.»
«a novela ofrece, ao... «Riveiro Coello consegue con esta novela de setecentas vinte e tres páxinas unha grande obra onde combina de xeito adecuado a polifanía de distintos narradores, así como espazos e tempos diferentes, logrando ademais manter o interese do lector ao longo de tantas páxinas ao saber botar man de recursos... «[...] este é un deses libros que chegan para quedar. E non é, talvez, mala cousa chegar a este porto final, logo de abondas singraduras particulares por estes mares de papel pereirianos, felizmente exhausto e enriquecido sempre pola enxurrada de publicacións que viron a luz de e sobre Lois... «En Loita de Clases e represión franquista no mar (1864-1939) acumúlase unha boa parte da investigación desenvolta por el desde os anos oitenta sobre esta temática. [...] Agora preséntanos unha visión máis completa en parte grazas á súa colaboración no equipo de investigación “Nomes e voces” a cuxos... «[Antón Capelán] ofrece unha miscelánea de innegable interese tanto para os afeccionados ás investigacións de corte literario e interpretativo como para quen desexe coñecer algo máis sobre a biografía e traxectoria intelectual de catro autores salientables da nosa tradición e de desemellantes xeracións... «Nesta moi documentada crónica biográfica, Martínez González dá conta do seu nacemento na Bola (1902) e primeiros anos de estudos en Vilanova dos Infantes e Celanova e da súa marcha á emigración arxentina. Mais tamén das súas primeiras experiencias xornalísticas naquela terra»
«antes do estourido da... «[Frank Soutelo] regresa á terra dos seus devaceiros (pai de Soutelo de Montes, nai de Muros), nesta Lume de cobiza ubicada temporalmente naquela vaga de lunes que Galiza sufriu no verán de 2006. É isto o primeiro que queremos salientar,a vontade de mergullar a ficción na realidade; ou,dito doutra... «[María Xosé Queizán] detense na biografía de Mary Wollstonecraft Shelley, no seu carácter de orfa e mais na presenza constante da súa nai, a pensadora Mary Wollstonecraft –autora de Vindicación dos dereitos da muller (traducida ao galego por Mª Fe González Fernández para Sotelo Blanco)– quen morreu dez... «Pasaron 50 anos, desde [...] Longa noite de pedra. E, neses cincuenta anos, a poesía galega evoluiu moito e, consecuentemente coas mudanzas que os tempos trouxeron, adoptou novas formas e tamén novas estratexias comunicativas. [...] En MazinGZ, XIV Premio de Poesía Johán Carballeira, lense poemas deste... «A autora usa un narrador en terceira persoa omnisciente para contar a historia de Diana marcada pola pederastia e mais polo maltrato machista. Este narrador medita e adoutrina sobre o machismo ou mesmo sobre as diferentes formas da pederastia, especialmente a dos cregos ou a dos familiares máis... «Esta colección de cento vinte microrrelatos mereceu o Premio Narrativa Breve Repsol. Entre estes cento vinte textos hai de todo. Algunhas destas micronarracións están conseguidas, mais outras caen no terreo do chiste, da meditación filosófica ou incluso da greguería extensa.»
«o autor acerta nalgúns... «cómpre saudar con satisfacción este gran traballo documental, expositivo e divulgativo, que vén da man do narrador e investigador vigués Vítor Vaqueiro, quen reformula e amplía considerablemente un ensaio anterior aparecido hai máis de dez anos baixo o título de Guía da Galiza máxica.»
«excelente... «O máis recente libro de versos de Heinze é, en realidade unha nova edición —coa engádega da tradución galega— dun anterior texto seu aparecido en alemán, Saeculum saeculorum (Mainaschaff, Gallinge, 2003), que achega ao lector de noso un ben trabado conxunto de poemas nos que, servíndose como cita dos... «A novela, que consiste múltiples lecturas, está escrita desde variados puntos de vista; nela interectúan diferentes personaxes, condicionados polas súas historias e os seus traumas, a partir dun fío condutor: un crime que unha prolepse anuncia desde o comezo.»
«velaí unha visión do mundo actual,... «O atormentado individuo que Lovecraft foi acrisolou neste título moitas das súas teimas, recorrentes na vasta bibliografía que nos legou. Porque se algo hai de seguro é que este xenio precoz (con dous anos recitaba poesía, con quince escribiu a súa primeira obra e con dezaseis era columnista no...
«Sabemos así que Lois Pereiro comezou a escribir o texto desta nouvelle a finais dos 70, con vinte anos, durante a súa estadía en Madrid. O texto foi retomado e retocado en varias ocasións e finalmente apareceu publicado en Luzes de Galiza, ao ano seguinte do pasamento do poeta.»
«Define o... «Os dez relatos breves que compoñen este libro de Fran Alonso presentan unha boa radiografía, tanto física como espiritual, nas nosas cidades e das persoas que as habitan.»
«Alonso articula os dez relatos a través dunha serie de hoax e fai que o derradeiro dos relatos se basee neste tipo de mensaxes... «Con Non hai noite tan longa, Agustín Fernández Paz achégase ás estremas. Un seu xeito de narrar —ben característico, por certo— amosa aquí acabado compendio, pois non poucos dos sinais de identidade da súa escrita recente alcanzan agora máximo relevo.»
«A traizón, o engano e, sobre todo, a culpa, son... «Este volume, abeirado á ficción pero con evidentes ancoraxes na realidade histórica, volve os ollos de novo a aquelas historias [da guerra dos Balcáns] e faino atendendo en gran parte aos terribles e cruentos sucesos alí ocorridos, mais tamén ás consecuencias que produciron as vivencias que Alberte... «[Kiko Neves] decidiu escribir unha sorte de On the road á galega na que un mozo carteiro, Xabi Ribax, consegue publicar a súa primeira novela e, impelido por unha moderada boa recepción pública da mesma, decide deixar a súa vida de rutina e botarse aos camiños para percorrer Galicia de arriba a abaixo,... «O forasteiro misterioso é unha peza singular na traxectoria literaria de Twain. Para empezar, non foi nin sequera publicada en vida do autor, senón que este deixou mandado ao seu albacea Albert B. Paine que non se dese a coñecer ata despois da súa morte, como así foi, pois a primeira edición da novela... «O libro negro é un texto que agocha tal riqueza e cobiza literarias que iso mesmo o converte nunha novela complexa. O pretexto argumental é extremadamente convencional: a busca da esposa desaparecida.»
«O libro negro é unha arañeira literaria, unha armazón de historias e de verdades que nos... « recente aparición do volume O máis estraño. Contos reunidos, onde o autor puxo por xunto, na que é a súa casa dende sempre, Xerais, a práctica totalidade dos relatos que foi dando a coñecer nestes anos.»
«Por tanto, das oitenta e unha historias do volume unicamente a derradeira, “A sombra dun soño”,... «[O mariñeiro con cabalos matutinos] trátase da tradución, ou anosamento, dun texto en islandés; lingua na que Knörr é considerado, xunto a Sjón e Kári Tulinius, un dos tres poetas máis representativos da illa.»
«o que destacamos aínda é a conexión co creacionismo e con mundos líricos presentes na... «O libriño de Sampedro é un ensaio non só moi actual na presente conxuntura para permitirnos entender algunhas das raíces conceptuais dos movementos a prol da democracia real, senón tamén, esclarecedor de ideas e conceptos desa filosofía do mercado, a súa estrutura e evolución recente, que leva o nome... «[O] Conde Waldemar, unha personaxe que non deixa de lembrar a figura de Carolina Otero, a Bela Otero, por ambos se dedicaren ao mundo do espectáculo e polo grande poder que chegaron a ter nas súas mans e tamén polo feito de lograren ser personaxes moi coñecidas partindo desde o rural... «unha das meirandes paixóns humanas da actualidade, como é o fútbol, non ten precisamente tratamento delongado nas letras literarias (malia ser unha das poucas épìcas que se relatan no noso cotián) e non adoita ser tema central de moitas tramas novelescas.»
«Neste caso é un penalti, mais noutros foi... «unha achega relevante dentro do seu corpus poético, desde as instancias do propio título que fai pensar nas posibles perspectivas desde as que abordar un símbolo central: a combustión conclúe, o lume esmorece mais aínda irradia unha calor abonda e potente que se magmatiza nestes versos. »
«Torneiro... «Na novela do século XX un tópico, entendido o termo tópico como tema ou motivo que se repite na literatura ao longo do tempo, é o da educación infantil-xuvenil, especialmente no marco dun colexio ou internado. A novela curta que agora comentamos incide neste tópico, mais cunhas boas doses de... «Os tres bloques de sentido ao redor dos cales xira o tecido poemático da obra preséntannos universos relacionais definidos pola súa problematicidade. Son, estes, mundos do amatorio onde a ausencia, a soidade e o silencio pairan derredor e teñen de ser esconxurados pola brasas de Eros. Hai, pois, un... «O pasado de Xoán –exitosa figura da nouvelle chanson, con residencia en Gante– regresa en forma de soño de anestesia.Ten trinta e seis anos; e cancro.»
«A narración –un logrado retrato de personaxes– avanza mentres reconstrúe os sucesos pretéritos, punteada polos compases melancólicos dos temas... «este é un poemario votivo, unha ofrenda, mais tamén un canto celebrativo e un espello verbal dun camiñar de ascensión e fusión mística, pois se algo hai que unifica os versos deste libro ―moi dispares en todos os sentidos― é a súa comuñón espiritual.»
« hai en Pan de ánimas un mesmo latexo cósmico que... «Alén do poemario Isolda, publicado orixinalmente en Sotelo Blanco aló polo ano 1990, Farruco Sesto (Vigo, 1943) posuía unha obra poética practicamente inaccesible, mesmo un tanto enigmática, malia ser considerado por algunha crítica como un dos poetas máis salientables da súa xeración. Deste... «Pintalabios é un poemario que aborda a comunicación xestual,sensual e sensitiva desde unha perspectiva moi concreta e,ao tempo, inmensa, que é a boca.A boca como referente de necesidades primarias e sublimes paixóns.»
«É digno de subliñar o traxecto ou integración que se apodera do eu poético neste... «Pere Tobaruela mestura nesta novela dous tempos: o presente, co desenvolvemento dunha relación amorosa, e mais o pasado (a época do reinado de Isabel II), coa historia dos industriais cataláns establecidos na costa galega para desenvolver a industria da salga da sardiña, e mesmo outros negocios... «O título, “Proceso a unha biblioteca” amosa á perfección o sucedido coa biblioteca do rianxeiro. O propietario, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, estaba fóra, en Madrid. Xa non regresará a Galicia comezando un exilio por terras europeas e americanas. A incautación dos seus libros realízase polo... «Ramón Piñeiro foi detido no ano 1946 por conspirar contra o réxime franquista e condenado o 25 de outubro de 1947 á pena de seis anos de cárcere, dos que cumpriría tres. Polas mesmas memorias de Piñeiro, sabiamos que, mentres estivo detido nos sotos da Dirección Xeral de Seguridade, “afortunadamente... «Punto de fuga narra en imaxes acompañadas de breves textos o día a día dun mozo que vive en Compostela e loita por atopar o seu lugar na sociedade, por integrarse vital e laboralmente, conseguir regularizar as súas avoltas relacións sentimentais e lograr dar un sentido ao seu futuro.»
« atrae de Punto... «Esta colectánea de romances foi recollida por Hervella Courel a primeiriños do pasado século nas parroquias do seu concello natal, Viana do Bolo, e lindeiras. Por volta de 1909, cando en Santiago de Compostela se celebrou a Exposición Rexional, o recompilador vianés tiña xa elaborado un romanceiro de... «Un investigador mozo, Diego Pardo, ofrécenos nesta investigación unha análise da recepción da obra rosaliana entre 1857 (ano da publicación da crítica de Murguía sobre La Flor) e 1916 (data de Rosalía Castro: Notas biográficas, de González Besada).»
«Salienta o autor a importancia que Manuel Murguía... «A novela curta de Parcero é un ben levado teatro de personaxes no que, con devecido escalpelo psicosocial, se nos conduce a través das angueiras dun proletario oficinista de vida anódina e rutineira.»
«Esmagado polas súas frustracións vitais, na corda frouxa do desequilibrio emocional perpetuo, o... «confésome un afervoado defensor e relector da súa narrativa, que considero un luxo pola capacidade imaxinativa que atesoura, cicelada cun esixente e vizoso rexistro literario»
«Este Seara, termo que anoa os dous espazos vivenciais básicos do autor, esa terramar que vai de Cangas a Agolada, redescobre... «Reko Lundan foi un dos dramaturgos máis premiados en Finlandia.Morreu no ano 2006 aos 37 anos a causa dun tumor cerebral.Cando lle diagnostiacaron a enfermidade comezou a escribir un diario.A súa dona,Tina Lundán, fixo o propio.En cadansúas páxinas,ambos foron verter as vivencias,osmedos,a esperanza... «[...] intelixente e documentada escolma poética, da achega poética global que, ao longo de medio século, un gran poeta como é Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) foi deixando espallada nos seus numerosos libros.»
«A antoloxía, ampla e ilustrativa, exhibe de seu a espectacular riqueza... «Bukowski, que foi realmente carteiro en Los Ángeles, preséntanos nesta novela a peripecia vital do carteiro Henry Chinaski. Ao lado do autobiografismo, pois Chinaski é realmente o alter ego do propio Bukowski, nesta primeira novela é onde Bukowski nos lembra máis o Henry Miller dos Trópicos»
«Está... «A obra de Fernández Ferreiro analiza o vocabulario utilizado no Medievo para facer referencia aos chamados dependentes; isto é, aquelas persoas carentes de certas liberdades e portadoras, polo contrario,de determinadas obrigas»
«Para este labor,o autor atende a dúas clases de análise:unha,o estudo... «Non é doado salientar nunhas liñas o espírito global deste ensaio de Proust, por outra parte moi ben reflectido no limiar de Lema, mais alén do gozo que supón poder ler outra vez unha prosa dificilmente imitable e tan suxestiva, paréceme especialmente estimable o exercicio de evocación que realiza das... «nove textos de variada natureza: unha novela curta (o autor prefire chamala “conto longo”, mais considero que nin narratolóxica nin estruturalmente pode denominarse así esta narración de sesenta e dúas páxinas) de tema vampírico, “Sombras famentas”, e oito relatos do reverso estraño do... «Contribúe [...] a encher lagoas, e faino ademais dun xeito encomiable, a recente tradución e edición que dos Sonetos de Shakespeare vén de facer Ramón Gutiérrez Izquierdo. Os Sonetos de Shakespeare, eses 154 sonetos escritos ou atribuídos ao dramaturgo inglés, malia os inquéritos, conxecturas e... «transmuta é unha galaxia versal, unha pléiade de textos astro que entrecruzan as súas órbitas describindo complexos movementos de translación e rotación.»
«versos da memoria, da individual (morte da nai, sombras grimorias do pai, infancia que se evadiu pola corda do horizonte) e da colectiva... «unha novela cunha estrutura singular e innovadora: ganduxada co fío e a agulla de cinco historias que o lector empeza a ler sen se decatar de que entre elas hai unha relación aparente, subterránea quizais, que reflicte esa condición estocástica da vida nunha xeografía urbana como a cidade de... «Ao longo de once capítulos,a autora reflexiona en clave íntima e persoal sobre o paso do tempo e as pegadas que este vai deixando no corpo e na imaxe que temos tanto de nós mesmos como dos demais.»
«O libro aparece inzado de pensamentos profundos e provocadores como“amaternidade como unha fuxida da... «Xulio,un home de corente e catro anos,sofre unha repentina enfermidade e xa non é dono do seu corpo.Como terapia decide escribir o que sente e nun intenso monólogo vai debullando os acontecementos presentes e mais os da súa vida pasada.»
«A reflexión sobre a nova óptica que produce a enfermidade é un... «acaída reedición de Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, conversa longa onde as haxa mantida entre o escritor pontevedrés e o xornalista Tucho Calvo, que vira luz por vez primeira hai máis dunha ducia de anos nas beneméritas Ediciós do Castro e que hoxe volve á circulación como publicación do... «[...] léndomos os seus versos,decatámonos de estar ante unha poeta intimista. Porén, non hai excesivo hermetismo. Son versos accesibles, mais que convidan á reflexión.»
«Conceptualmente interesante, o aspecto formal máis salientable é certa tendencia ao paralelismo como recurso intensificador de... «Versos fatídicos reúne algún poemas inéditos e outros inicialmente escritos en normativa reintegrada e que viron a luz en edicións non venais e periódicas, desde mediados dos noventa a hoxe.»
«Malia viren definidos, na contracapa, como froitos de arrebatos promovidos polas musas, os poemas, e o...
«excelente compilación dos relatos que sobre de nós verteron os máis dispares viaxeiros escritores nas súas visitas a Galicia.»
«na presente edición, traducida ao galego por Enrique Sánchez Rodríguez, desfilan un cento de célebres visitantes, entre os que se contan escritores, guerreiros,... «Ao longo das cerca de catrocentos páxinas deste libro Emilio Alonso dános a historia da movida viguesa dos oitenta. Pero o libro é algo máis. É sobre todo unha socioloxía da década dos oitenta e dos cambios que, especialmente na xuventude, se produciron nestes anos e de como o compromiso político ou as... «Queixas sabe tirar intelixente partido de todo o que vive na lúcida memoria da escritora viguesa –sustento primordial desta biografía na que só boto de menos un índice onomástico que lle outorgaría maior utilidade- pois, desde as instancias do exquisito respecto ás evocacións confesadas, estrutura e... «[Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República] que foi distinguida co Premio Fundación Tilve de Investigación e Divulgación Histórica 2011, veu luz coincidindo co setenta e cinco cabodano do autor, sumarisimamente fusilado polos fascistas adoradores do... «O crítico literario, profesor e filólogo Armando Requeixo ofrécenos un estudo completo e solvente sobre a vida e a obra do poeta mindoniense Xosé Díaz Jácome. O estudo, que acadou o XXIV Premio Ánxel Fole, interésanos non só polo que di (e por certo moi ben do poeta), senón tamén polos camiños e novas...
|