«A protagonista do relato, Esme, remata nos anos trinta pechada nun manicomio, a petición do pai, porque leva unha vida que non se axusta ao que a sociedade vitoriana inglesa tiña predestinados para a muller, como vestir roupas elegantes ou pensar só en casar e ser unha esposa convencional. »
«Non menos interesante resulta a procura edípica das orixes familiares, coas súas correspondentes anagnóreses ou recoñecementos de familiares descoñecidos ou o tema da dureza dos manicomios tradicionais. A atención do lector mantense porque, botando mesmo man de recursos propios do folletín como xa vimos, a autora sabe manter vivo o interese do lector nun argumento de feitos ben trabados.»
«Recomendamos a súa lectura, especialmente para todos aqueles que estean interesados en pescudar no mundo da muller da sociedade vitoriana e tamén no duro mundo da ancianidade ou da demencia senil, un tema este último que a case todos nos toca no ámbito da familia.»
Visto en: Bouvard e Pécuchet | Manuel Rodríguez Alonso
«¿Pode condenarse a perpetuidade a felicidade? ¿Hai modo de soterrar nos abismos a alegría de vivir? ¿É posible disolver en ácido a esperanza contaxiosa da ledicia?
A fórmula perversa de tan demoníaca anguria existencial revélanola Maggie O’Farrell na recente A desaparición de Esme Lennox, novela subxugante que garda no seu interior unha mensaxe tan sinxela coma revolucionaria, radicalmente subversiva: nada nin ninguén ten dereito a roubarnos a felicidade.»
« o papel dos sentimentos e a loita entre as liberdades individuais e as renuncias sociais centran un debate de fondo calado revestido dunha trama delicada, onde a memoria, o (des)amor e a chamada do sangue o son todo.»
«Un acerto que nos trae a voz fresca e orixinal desta escritora de Irlanda do Norte, quen consegue articular un relato fascinante cun final de todo punto sorprendente.»
Visto en: Criticalia | Armando Requeixo

