«unha das meirandes paixóns humanas da actualidade, como é o fútbol, non ten precisamente tratamento delongado nas letras literarias (malia ser unha das poucas épìcas que se relatan no noso cotián) e non adoita ser tema central de moitas tramas novelescas.»
«Neste caso é un penalti, mais noutros foi unha madalena ou un paxariño, ou calquera outra cousa, o detonante dunha ficción que comprime en pouco tempo unha fracción temporal moito máis ampla, que pode incluso selo tanto como para contar varias vidas, como neste caso a de Fuco e tamén a de Paco, pai de Fuco, tamén porteiro. E, de paso, tratar un bon número de temas a redor da socioloxía do fútbol, e de cómo viven o fútbol dúas xeracións, pai e fillo, diferentes; dúas xeracións diferentes e tamén un proteiro que chega a xogar no Real Madrid e outro que non furou tan arriba…»
«A novela, contada coa prosa, áxil e de innegábel impronta xornalística, non en van o autor é xornalista, presenta unha lectura na que a compoñente melancólica tamén xoga papel importante; alén de presentar unha lingua ricaz, natural (emanada da vida que nace da terra) e, polo tanto, non suplantada polo padrón estándar. »
Visto en: Galicia Confidencial | Xosé M. Eyré

