«Un investigador mozo, Diego Pardo, ofrécenos nesta investigación unha análise da recepción da obra rosaliana entre 1857 (ano da publicación da crítica de Murguía sobre La Flor) e 1916 (data de Rosalía Castro: Notas biográficas, de González Besada).»
«Salienta o autor a importancia que Manuel Murguía tivo para a transmisión da obra de Rosalía. Estuda de xeito acaído o enfrontamento entre Murguía e a condesa de Pardo Bazán. Os xuízos da condesa de Pardo Bazán serán os que se imporán en gran medida, malia os esforzos de Murguía. A seguir, o autor analiza o proceso de reducionismo que experimenta a obra de Rosalía, que é cinguida ao paisaxístico, ao costumismo ou a unha vaga defensa das tradicións.»
« boa achega ao estudo de Rosalía e, como o autor é mozo, esperamos que siga polo mesmo camiño pois hai moito que estudar e dicir sobre a recepción de Rosalía e mais sobre a súa obra. »

