FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Martes, 14 Febreiro 2012 10:52

Obradoiro de creación literaria en Oleiros

Publicado por  Redacción
Puntúa
(0 votos)

Hoxe ás 18.30 h., na Biblioteca Central de Rialeda, no concello de Oleiros, comezará un Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane.

Este obradoiro está dirixido a mozas e mozos maiores de 15 anos e público adulto en xeral. As sesións realizaranse todos os martes ata completar un total de dez. Debido a que son prazas limitadas é imprescindible inscribirse na biblioteca chamando ao teléfono 981 639 511 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Esta é unha iniciativa da Concellería de Cultura de Oleiros e da Asociación de Escritores en Lingua Galega e con ela preténdese animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.

Esta actividade ten prezo público para as persoas non empadroadas en Oleiros.

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3