Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A Deputación da Coruña entregará esta fin de semana 5000 libros dentro da campaña Libros para sermos libres

Rate this item
(0 votes)

Co gallo da celebración o vindeiro domingo 23 de abril do Día Internacional do Libro, a área de Cultura da Deputación da Coruña realizará unha campaña de animación á lectura coa entrega esta fin de semana de 5.000 libros en 30 concellos dentro da campaña "Libros para sermos libres". O reparto público desenvolverase ás 12.00 h. do sábado, salvo cinco concellos que o farán o domingo á mesma hora. 

"Trátase dunha iniciativa pioneira que quere visibilizar o libro e promover a lectura na poboación, aproveitando a celebración dunha data que se conmemora en todo o mundo", explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín.

Os libros con que se agasallará á veciñanza dos distintos concellos proveñen dos fondos da Deputación da Coruña e son títulos de edición propia entre os que se encontran as obras gañadoras de premios como o Torrente Ballester, o Rafael Dieste, o Murguía, o Castelao ou o González Garcés, ademais doutros que se refiren ás recentes conmemoracións como o Día das Artes Galegas coa artista Maruxa Mallo como protagonista. Entre a selección de títulos atópanse tamén clásicos como Cousas de Castelao, centro dun recente programa literario-teatral que se realizou en diversos concellos.

Goretti Sanmartín agradeceu o compromiso do persoal técnico e responsábeis políticos dos concellos que distribuirán este fin de semana os libros en actos simultáneos que terán lugar en espazos céntricos, prazas e centros culturais.

"Os concellos comprometéronse no reparto dun fondo composto por libros de calidade nunha iniciativa que ten como obxectivo animar os concellos e colaborar coa súa programación para o Día Internacional do Libro", explicou Sanmartín.

Nesta primeira fase, que terá continuidade nos dous anos seguintes, incluiranse na distribución obras de narrativa, ensaio ou poesía. Entre os títulos de poesía atópanse obras gañadoras ou finalistas do González Garcés de autores como Ramiro Fonte ou Helena Villar Janeiro. Obras de narrativa gañadoras do Torrente Ballester como A choiva do mundo de Xosé Manuel Pacho Blanco ou teatrais do Rafael Dieste como Final de película de Gustavo Pernas ou A ciencia dos anxos de Inma Antonio xúntanse a outras de ensaio e investigación como o clásico Alfarería tradicional en Buño de Luciano García Alén ou de banda deseñada como Mensaxes de Mariano Casas.

Os lugares de reparto nas dúas xornadas son os seguintes:

 

Sábado 22 de abril ás 12.00 h.

A Pobra                 Xardíns Valle-Inclán
Ames                     Praza da Maía-Bertamiráns
Arteixo                   Carpa na Rúa do Balneario
Arzúa                     Biblioteca Pública Rosalía de Castro
Betanzos                Biblioteca Municipal Alfonso Castelao
Camariñas            Praza do Mercado
Cambre                Parque da Igrexa
Cariño                   Praza Porta da Pulida
Cerceda               Campo da Feira
Coirós                    Centro Social
Corcubión            Praza de Castelao
Fene                      Praza Verde e Biblioteca Pública Municipal
Laxe                      Praza de Ramón Juega
Mazaricos             Campo da Feira da Picota
Monfero                Colexio Xestal
Mugardos             Praza do Concello
Muros                    Curro da Praza
Padrón                  Rúa Tetuán
Ponteceso            Praza do Campo
Porto do Son        Praza da Biblioteca Pública Municipal
Ribeira                   Biblioteca Pública Municipal
Santa Comba      Praza diante da Casa de Cultura
Santiso                   Axencia de Lectura de Santiso-Agro do Chao
Sobrado                Praza do Concello
Vimianzo               Castelo de Vimianzo

Domingo 23 de abril ás 12.00 h.

Boqueixón        Campo da feira de Lestedo
Curtis                 Recinto Feiral
Negreira           Campo da Feira
Pontedeume   Casa da Cultura-Alameda
Sada                 Praza de San Roque

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Novas >

Axenda >

Abril 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
7
› Festival Pontepoética en Pontevedra
00:00
Pontevedra, Pontevedra
PontePoética 7. Festival Internacional de Poesía de Pontevedra
› Migallas Teatro presenta Canta connosco! en Silleda
11:30
Auditorio Da Semana Verde De Galicia, Silleda
A compañía Migallas Teatro visitará o Auditorio Da Semana Verde De Galicia
› Contos De África con música en directo, na Coruña
17:00
SQUARE Espazo Cultural, A Coruña
Selección de contos infantís e fábulas africanas con música senegalesa en directo
› Contacontos a cargo de Eli Ríos en Fene
18:00
Biblioteca Municipal, Fene
Eli fará partícipes a todas as crianzas da historia dunha das nosas mulleres bravas: Mª V. Moreno
› Presentación de (∞ - 1) en Pontevedra
19:00
Libraría Paz, Pontevedra
Xulia Pisón presenta este recompilatorio de historias breves de diferente temática
› Presentación de O Segredo de Sheela na Gig en Lugo
20:00
Libraría O Gato Neghro, Lugo
Iolanda Aldrei presenta o seu novo poemario, publicado por Sons da Terra Verde
› Presentación de Da identidade á norma en Gondomar
20:00
Libraría Libraida, Gondomar
Faladoiro con Vitor Vaqueiro arredor do ensaio Da identidade á norma, publicado por Laiovento
› Presentación de Blues para Moraima en Ourense
20:30
Liceo, Ourense
Miguel Anxo Fernández presenta a novela gañadora do premio Blanco Amor 2016
› Presentación de Non des a esquecemento en Bueu
20:30
Centro Social do Mar, Bueu
Un libro sobre a procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión fascista
› Presentación de Alén da casta en Ferrol
20:30
Fundaçom Artabria, Ferrol
Xabier Pérez Davila presenta o seu novo ensaio, publicado por Laiovento
› Jam de relato e poesía na Coruña
20:30
No importa, A Coruña
Vén a escoitar ou a ler, como público ou participante.
› Velada de poesía en Pontevedra
21:30
Taberna do Jazz , Pontevedra
Con Sofía Barral, Charo Miloro, Laura Rodríguez, Ginés Serrallo e Loren Tuche
Data :  07/04/2017
9
11
12
13
14
15
16