FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Recensións de LIX. Repositorio

 

a-min-non-me-comas-oqo-de-margarita-del-mazo-textos-e-vitali-konstantinov-ilustracións-trad-de-laura-rubio«Sobre un fondo sempre vermello representa o ucraínoVitali Konstantinov o medo que Mateo, protagonista de A min non me comas!, sente cando se achega a noite e un xogo de sombras permite que o pequeno vexa monstros alí onde só hai abrigos colgados.» «A autora, Margarita del Mazo,mantén a tensión...
a-sesta-dos-enormes-oqo-de-pep-bruno-textos-e-natalie-pudalov-ilustracións-trad-de-laura-rubio«Os Enormes,protagonistas do volume que OQO editora vén de publicar na colección “O” e que asina Pep Bruno, introduce o lector nun mundo marabillosamente fantástico onde sería de destacar por unha banda o carácter reparador do sono e por outra a percepción do conto como forma de expresión...
a-tartaruga-de-martiño-everest-de-maría-canosa-textos-e-maría-lires-ilustracións«historia para prelectores atractivamente ilustrada por María Lires» «Relato de eminente pegada didáctica (foi ideado para axudar as nenas e nenos a que deixen a durmida no berce de a carón do leito adulto e pasen a descansar no seu propio cuarto), esta aventura de quelonio falador e neno soñador...
a-viaxe-de-olaf-kalandraka-de-martín-león-barreto-trad-de-manuel-rodríguez« A viaxe de  Olaf, de Martín León Barreto, discorre polas fronteiras do relato de inspiración acumulativa e circular no que o protagonista iniciará un percorrido á busca de novos horizontes, acompañándose deste xeito e para este obxectivo de animais que conlevan un evidente peso simbólico,...
águeda-e-o-misterio-dos-calcetíns-galaxia-de-paula-señarís«Cando o cotiá se converte en excepción, cando a necesidade obriga a cambiar os hábitos, unha lixeira angustia embarga o corazón daqueles que senten a mudanza coma un castigo e isto é o que lle sucede á protagonista de Agueda e o misterio os calcetíns. Á separación dos pais séguelle un cambio de...
artur-faktoría-k-de-oli-textos-e-marc-taeger-ilustracións«Artur é un conto,destinado para prelectores e primeiros lectores,que o escritor Oli e mais o ilustradorMark Taeger veñen de publicar con Faktoría K e que amosa de maneira plástica, e tamén moi expresiva lingüísticamente, o nacemento dun pitiño.» «Como era de agardar, o desacougo e o medo ante o...
avó-ismail-sotelo-blanco-de-esther-prieto«Avó Ismail narra a vivencia do conflito palestino a través dos ollos dun avó e o do seu neto. As longas travesías polo deserto, as paupérrimas condicións de residencia nos campos de refuxiados e a dureza con que lle é negada a súa carta de existencia ao estado palestino constitúen o cerne da traxedia...
cando-chove-faktoría-k-de-leire-salaberria-trad-de-g-tolentino«[Cando chove sorprende] pola súa frescura -e non unha afirmación retranqueira-, por certa ironía que exhibe e mais e pola capacidade imaxinativa que encerra.» «O álbum, ao meu ver, envolve e cativa a quen se achegue a el tanto pola capacidade fabuladora que emerxe dunha realidade máis ou menos...
contos-por-teléfono-kalandraka-de-gianni-rodari-textos-e-pablo-otero-ilustracións-trad-de-carlos-acevedo«Reler agora a Rodari, nesta coidada proposta que fai pensar inevitablemente nos pasos andados no mundo da edición en Galicia, tráeme o arrecendo dunha lectura xa case esquecida pero que agora revive adquirindo, se couber, novas tonalidades e matices,  tanto ou máis satisfactorias que as de...
desaparizión-everest-de-pereledi-textos-e-andrés-meixide-ilustracións«Ideada para rapazas e rapaces de dez anos en diante, a historia da misteriosa desaparición na cidade de Abecedaria da letra q vai revolucionar toda a vida dos seus habitantes. O problema é grave, e vai en aumento, pois non tardará tamén en desaparecer o c. Un intrépido investigador, o detective Peirot,...
do-a-ao-z-con-manuel-maría-everest-de-xosé-lois-garcía-textos-e-jaime-asensi-ilustracións«O libro ofrece non poucos atractivos e tamén algunha sorpresa. Entre o mellor que este título agocha está, a non dubidalo, a mestría versal de García para recrear, seguindo as letras do abecedario, vinte e tres referencias vitais do poeta da Terra Chá que definen á perfección o seu mundo creativo e a...
do-revés-poemas-para-nenos-morgante-de-santiago-freire«resultoume atractivo por desprender un arrecendo fresco, desenfadado, espontáneo e sen grandes pretensións mais que apunta, e velaí un dos seus valores, a desacralizar o feito poético, o que se conta nos poemas e mesmo como se conta, nunha clave lúdica e desprexuizada. » «Freire...
exogamia-03-xerais-de-ramón-caride«[Ramón Caride] debuxa, dun xeito enxeñosamente crítico, o momento presente. E faino mediante a anticipación dun porvir que será a irrevogable consecuencia  da consumación das actuais tendencias que imperan no noso mundo. Son, pois, relatos nos que a ciencia ficción, a anticipación do futuro nos...
fantasmas-de-luz-xerais-de-agustín-fernández-paz«Con todo non é, xustamente, esa a lectura novidosa que cumpriría facer dun elemento axial que percorre a novela como é a  homenaxe que se rende ao universo cinematográfico e á súa influencia nas nosas vidas pois este é un asunto ben presente na nosa tradición literaria desde o Ilustrísima de...
febre-xerais-de-héctor-carré«O relato presenta os ingredientes propios da chamada narrativa xuvenil como un argumento ben construído e que mantén a atención do lector, aventuras abundantes ou mesmo temas do gusto dos rapaces como pode ser o enfrontamento xeracional cos pais.» «[...] gústanos que a novela de Carré non se quede no...
mans-everest-galicia-de-xabier-p-docampo-textos-e-dnl-ilustracións«Mans é un relato metonímico, o que a Humanidade é a través do canto ás mans que a conforman: mans abertas, pechas, brancas, negras, traballadoras, amantes, ameazantes, bailarinas, novas, vellas, soñadoras, coloristas, inocentes, culpables… En fin, a existencia toda de noso simbolizada nesa sorte de...
mefi-sata-e-demi-kalandraka-de-mercedes-neuschafer-carlos-texto-e-dani-torrent-ilustracións-trad-de-ramón-nicolás«Desde lgo, o comezo de Mefi, Sata e Demi axústase perfectamente ao esquema estrutural de toda narración clásica: así, imos dar cunha presentación do espazo, do tempo e mais dos personaxes impecable á que lle segue decontado un adianto da trama central.» «Mefi, Sata e Demi levan ás súas costas o peso...
noah-barleywater-escapa-da-casa-faktoría-k-de-john-boyne-trad-de-carlos-acevedo«A excelente e gorentosa  tradución a nosa lingua de Carlos Acevedo, que sabe a galego xenuíno (cómo prestan eses abondosos infinitivos conxugados!), é un plus engadido para encetar e ler dunha sentada os vinte e seis capítulos deste conto, que aínda que semella de fadas, cómpre dicir que é sobre...
o-meu-gato-é-un-poeta-xerais-de-fran-alonso«un dos máis orixinais poemarios infantoxuvenís da Galicia dos últimos anos.» «Poemario polimorfo e lúdico, quen visite as súas félidas páxinas gozará de todo un festival creativo» «Enxeñoso, divertido, versalmente harmónico e fondamente expresivo, O meu gato é un poeta é unha recomendación ideal para...
o-mundo-secreto-de-basilius-hoffman-urco-de-fernando-m-cimadevila-textos-e-iván-valladares-ilustracións«A historia recreada por Cimadevila mergúllanos de pleno no mundo da aventura do mítico e o lendario, do transreal e fabuloso, da ficción histórica e científica, do imaxinativo e o (im)probable. Un relato de acción a mancheas, no que non se escatima na mestizaxe de seres reais e metarreais e onde a...
o-paseo-de-rosalía-kalandraka-de-pat-hutchins-trad-de-silvia-pérez-tato«sinxelo relato circular e, asemade, nunha proposta plástica figurativa deseñada a partir de liñas sinxelas e completada cunha ampla e rechamante gama cromática.» «resulta moi divertido seguir a lectura e observar a completa traquilidade da galiña á beira da ansiedade e da desesperación que ocupan o...
o-paso-do-esquecemento-centro-de-cultura-popular-do-limia-de-antón-riveiro-coello-textos-e-pilar-sevillano-ilustracións«[En O paso do esquecemento] nárrasenos a célebre historia do Lethes, Belión, Limaia, Aeminium ou Oblivionis flumen, isto é, o Río do esquecemento que, para os antigos, non era outro que o Limia das nosas terras suorientais.» «Ese feito histórico sérvelle a Riveiro Coello para artellar un relato...
ti-non-xogas-xerais-de-silvestre-gómez-xurxo-textos-e-anxo-fariña-ilustracións«proposta narrativa para lectores de nove ou dez anos en diante e que condensa, ao meu parecer, algúns dos motivos que máis preocuparon ao autor en boa parte da súa obra como son, á marxe da recreación histórica perfilada en Ith, a exposición de conflitos que se formulan a idades temperás, polo...
ulises-everest-galicia-de-lino-braxe-e-ana-pontón-textos-e-xosé-cobas-ilustracións«Ulises é un festival humorístico en dous actos precedidos dun preludio, intermediados por un interludio e rematados cun apuntamento de proscenio imaxinario. No seu seo, un mangado de diálogos ocorrentes e hilarantes que conseguen abeirar os heroes do mito grego humanizándoos [...] mesmo xogando...
vaia-tropa-xerais-de-antón-cortizas-textos-e-mª-reyes-guijarro-ilustracións«Poemario singular, anunciado dende a cuberta como “libro-xogo”, este volume, suxestivamente ilustrado por María Reyes Guijarro, incorpora unha setentena de composicións que animan a penetrar neles con espírito lúdico, facilitando o ameno exercicio da lectura como entretido argallar cos...
xoeliki-as-aventuras-dun-ciberpirata-sotelo-blanco-de-abraham-carreiro-e-maties-segura«[Con] ganas de agradar e entreter, Xoeliki, lectura ideal para o alumnado de últimos cursos de Primaria ou primeiriños de Secundaria, arrástranos a unha trepidante aventura protagonizada por un rapazolo de once anos afeccionado aos videoxogos, que se verá impelido a axudar a unha sociedade secreta (a...

 

AXENDA

Febreiro 2012
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4