«O libro ofrece non poucos atractivos e tamén algunha sorpresa. Entre o mellor que este título agocha está, a non dubidalo, a mestría versal de García para recrear, seguindo as letras do abecedario, vinte e tres referencias vitais do poeta da Terra Chá que definen á perfección o seu mundo creativo e a súa circunstancia persoal.»
«Destarte, o Regato do Cepelo, a Casa de Hortas, o río Miño ou o Xistral alternan nestas páxinas con Florencia, os Irmandiños, a dorna mariñeira ou a súa admirable compañeira Saleta Goy, entre outros. Todos eses enclaves, xentes e realidades son obxecto de metrada e ritmada versificación por García, que se amosa aquí como un consumado dominador das fórmulas clásicas.»
«recomendar aos adultos que se animen coa súa lectura e llela fagan entendible aos receptores máis novos, para que cheguen a gozar, con acuidade, do fascinante territorio que estas páxinas habitan.»
Visto en: Criticalia | Armando Requeixo

