«[Cando chove sorprende] pola súa frescura -e non unha afirmación retranqueira-, por certa ironía que exhibe e mais e pola capacidade imaxinativa que encerra.»
«O álbum, ao meu ver, envolve e cativa a quen se achegue a el tanto pola capacidade fabuladora que emerxe dunha realidade máis ou menos cotiá tal é a chuvia como polo contaxio optimista que irradia esa voz feminina, esa nena que realiza un percorrido intelixente e enxeñoso non só polos espazos físicos -domésticos ou naturais, de interiores ou abertos- senón tamén por esoutros espazos emocionais polos que a chuvia pode discorrer provocando desemellantes estados de ánimo.»
«sutil graduación matices que o lectorado adulto non advirte, ou pode xa non advertir, mais que grazas a este traballo recupera.»
Visto en: Caderno da crítica | Ramón Nicolás

