FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

O paso do esquecemento (Centro de Cultura Popular do Limia) de Antón Riveiro Coello (Textos) e Pilar Sevillano (Ilustracións)

Puntúa
(0 votos)

«[En O paso do esquecemento] nárrasenos a célebre historia do Lethes, Belión, Limaia, Aeminium ou Oblivionis flumen, isto é, o Río do esquecemento que, para os antigos, non era outro que o Limia das nosas terras suorientais.»

«Ese feito histórico sérvelle a Riveiro Coello para artellar un relato de protagonista infantil que, a través dos soños e da conversa cos seus máis vedraios familiares, vai descubrir antigos e inveterados costumes que manteñen viva a maxia do inmemorial río.»

«Escrito con fondo poder evocador e delicada filigrana emocional, este O paso do esquecemento gaña en sedución visual mercé ás ilustracións de Pilar Sevillano Cuadrado, quen puxo rostros ao vizoso mundo interior do neno protagonista e todos aqueles que o rodean nese seu camiñar polos vieiros do descubrimento da memoria do telúrico, da identificación cun territorio e unha cosmovisión propias.»

Visto en: Criticalia | Armando Requeixo

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3