«Mans é un relato metonímico, o que a Humanidade é a través do canto ás mans que a conforman: mans abertas, pechas, brancas, negras, traballadoras, amantes, ameazantes, bailarinas, novas, vellas, soñadoras, coloristas, inocentes, culpables… En fin, a existencia toda de noso simbolizada nesa sorte de quirocosmos que nos identifica.»
«a singularidade deste Mans reside tanto no luminoso fío de palabras que enxerta Docampo coma nas sorprendentes instantáneas en primeirísimo plano que das mans fixo DNL »
«Parabéns, por tanto, a Xabier P. Docampo polo beleza velaíña que alenta nas súas palabras; a DNL pola luz que soubo arremuiñar arredor das espidas mans e a Everest Galicia e a súa responsable, Irene Penas Murias, polo excelente criterio á hora de decidir a publicación dunha alfaia tal.»
Visto en: Criticalia | Armando Requeixo

