«Poemario singular, anunciado dende a cuberta como “libro-xogo”, este volume, suxestivamente ilustrado por María Reyes Guijarro, incorpora unha setentena de composicións que animan a penetrar neles con espírito lúdico, facilitando o ameno exercicio da lectura como entretido argallar cos versos.»
«Arrincando dende as raiceiras da literatura galega de tradición oral e mesturando estas coa máis lucida tradición de autor, Cortizas crea un artefacto visotextual que resulta un verdadeiro circo poético»
«Estes limericks de Cortizas, xenuíno álbum de tipos estrafalarios versalmente retratados, convencerán a aqueles lectores novos que anden na procura de títulos que atesouren nas súas páxinas, a un tempo, poesía ben tecida e escrita de lecer.»
Visto en: Criticalia | Armando Requeixo

