FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Febre (Xerais) de Héctor Carré

Puntúa
(2 votos)

«O relato presenta os ingredientes propios da chamada narrativa xuvenil como un argumento ben construído e que mantén a atención do lector, aventuras abundantes ou mesmo temas do gusto dos rapaces como pode ser o enfrontamento xeracional cos pais.»

«[...] gústanos que a novela de Carré non se quede no estritamente xuvenil e realmente estamos ante un relato entretido que pode ser degustado por un lector adulto.»

« unha boa novela da memoria histórica con trazos de novela negra e influencias cinematográficas con eses ambientes de cafés, casinos, prostíbulos e espías. Recrea dun xeito acertado a febre do volframio na Galicia dos anos da Segunda Guerra Mundial. Daquela, boa lectura para os rapaces (aínda que sexa pedagoxicamente incorrecta, ou precisamente por iso), mais tamén para os adultos que queiran gozar cunha narración ben levada, cun desenlace sorpresivo e onde a historia e a imaxinación aparecen ben mesturadas.»

Visto en: Bouvard e Pécuchet | Manuel Rodríguez Alonso



«Febre é unha fermosa e moi ben enfiada proposta ficcional que tira con forza da atención lectora, sobre todo unha vez lidas as primeiras páxinas.»

«[Febre] foxe da “xuvenilización” da literatura xuvenil, ese hábito / vicio que acostuma a facer naufragar a tantos subprodutos do xénero, que semellan escritos para adolescentes apalermados ou papaleisóns. Non é este nin un libro light nin unha peza narrativa na que escintilen os valores de sempre, os topoi do consenso social e comunal; con mínimos parámetros de didactismo e ningún moralismo, eludindo os tópicos deste tipo de literatura e sen esconder a realidade.»

«A novela de Héctor Carré mergúllanos na vila de Noia e na súa bisbarra nos tempos da febre do volframio, un mundo alterado polo frenesí  do diñeiro fácil, do imperio do mineral co que a ditadura franquista negociaba con nazismo alemán. »

Visto en: Novenoites | Francisco Martínez Bouzas

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3