«A excelente e gorentosa tradución a nosa lingua de Carlos Acevedo, que sabe a galego xenuíno (cómo prestan eses abondosos infinitivos conxugados!), é un plus engadido para encetar e ler dunha sentada os vinte e seis capítulos deste conto, que aínda que semella de fadas, cómpre dicir que é sobre todo unha lección de vida.»
«Noah Barleywater ten oito anos e marcha de casa ben cedo pola mañá, antes de o sol saír, antes de os cans acordaren. Vaise da casa porque xa ten oito anos e, ata o momento, coida que non fixera nada na vida.»
«Un libro no que convive intensidade, axilidade e lixeireza. Ancorado entre a dozura e a tristeza da historia de Noah e o mundo máxico das fadas, ensínanos a desbotar o medo de certas palabras, que hai unha manchea de cousas que nos poden semellar non interesantes, mais soamente porque non as miramos e percibimos como se deberían ollar.»
Visto en: Nove noites | Francisco Martínez Bouzas

