FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

O mundo secreto de Basilius Hoffman (Urco) de Fernando M. Cimadevila (Textos) e Iván Valladares (Ilustracións)

Puntúa
(4 votos)

«A historia recreada por Cimadevila mergúllanos de pleno no mundo da aventura do mítico e o lendario, do transreal e fabuloso, da ficción histórica e científica, do imaxinativo e o (im)probable. Un relato de acción a mancheas, no que non se escatima na mestizaxe de seres reais e metarreais e onde a espacialización participa de universos paralelos nos que todo é posible porque é meirande o que descoñecemos que as nosas grises rutinas.»

«as tradicións bíblica, artúrica, atlantista e demais tamén mimetizan aquí, densificando ata a saturación os diversos niveis de concreción narrativa.»

«estou certo [...] da necesidade de obras como a presente dentro da nosa literatura»

Visto en: Faro da Cultura | Armando Requeixo


«ambicioso proxecto que acollerá, ademais de varias novelas, diferentes manifestacións artísticas –banda deseñada, música, materiais de promoción, etc.–, e que se presenta co complemento dunha páxina oficial de seu que polo momento –no mes de setembro– se atopa en proceso de realización. »

«O ladrón de soños, en tanto arrinque da saga, desenvolve os fundamentos dese mundo secreto que anuncia o título, concedendo un peso decisivo os seus dous protagonistas principais: Peter Hillman, un rapaz de doce anos desconforme coa súa vida familiar, pois sofre a falta de atención duns pais excesivamente ocupados cos seus negocios; e Basilius Hoffman, un excéntrico arqueólogo de ampla formación e experiencia que pescuda sobre lendas, obxectos e mitos perdidos nos límites da ciencia e da historia.»

«engaiolante lectura, na que o escritor demostra a súa condición de coñecedor das claves do xénero, introducindo chiscadelas de doado recoñecemento; o seu sentido narrativo, visible na boa estruturación do relato e na súa habilidade á hora de crear personaxes en absoluto planos; e mesmo unha clara influencia cinematográfica ben palpable na profusión de descricións que espertan a imaxinación do lectorado.»

Visto en: Lg3 | Isabel Soto

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3