«[Con] ganas de agradar e entreter, Xoeliki, lectura ideal para o alumnado de últimos cursos de Primaria ou primeiriños de Secundaria, arrástranos a unha trepidante aventura protagonizada por un rapazolo de once anos afeccionado aos videoxogos, que se verá impelido a axudar a unha sociedade secreta (a Resistencia Pirata, da que pasará formar parte) para librar o mundo dun ataque aniquilador da Rede por parte de Mr. Virus.»
«o relato de Segura é tamén un auténtico imán de referencias e homenaxes a ben coñecidos filmes, series televisivas e textos de ciencia ficción e non só, de tal xeito que quen atravese polas páxinas deste libro recoñecerá doadamente chiscadelas de ollo a Tron, Harry Potter, Final Fantasy, Código Lyoko, A illa do tesouro e mil e unha outras historias que son aquí convenientemente fagocitadas.»
«Ameno, interactivo e de doada e accesible lectura»
Visto en: Criticalia | Armando Requeixo

