«Os Enormes,protagonistas do volume que OQO editora vén de publicar na colección “O” e que asina Pep Bruno, introduce o lector nun mundo marabillosamente fantástico onde sería de destacar por unha banda o carácter reparador do sono e por outra a percepción do conto como forma de expresión tranquilizadora»
«En A sesta dos Enormes todo é fantasía e todo é posible, porque papá aproveita as preguntas que lle fan para inventar un conto que dea resposta a por que as nubes teñen formas, por que os peixes son de cores ou quen cura os animais do mar.»
«as ilustracións baseadas nos xogos de cores e no detalle achegan unha interpretación que, falando en termos de fantasía,son quen de superar o texto.»
Visto en: Faro da Cultura | María Navarro

