«un dos máis orixinais poemarios infantoxuvenís da Galicia dos últimos anos.»
«Poemario polimorfo e lúdico, quen visite as súas félidas páxinas gozará de todo un festival creativo»
«Enxeñoso, divertido, versalmente harmónico e fondamente expresivo, O meu gato é un poeta é unha recomendación ideal para lectores autónomos prepúberes. E tamén, si, xaora, para todas e todos aqueles adultos que aínda non esqueceron o fascinio da palabra poética cando esta incha como un globo e acaba por rebentar nun mundo de sensacións comunicantes.»
Visto en: Criticalia | Armando Requeixo
«O gato poeta, que escribe porque lle peta, resulta ser, sen dúbida, un atípico –aínda que auténtico– coñecedor das palabras, un sabedor da linguaxe e mais dos sons.»
«Fran Alonso, home avezado neste campo de público tan esixente [...] xoga con rimas, formas, palabras encadeadas ou aliteracións e consegue unha colectánea de poemas divertidos aos que engade suxestións para non rematar a acción poética na lectura, no fondo todos somos poetas e mesmo se dan consellos para selo.»
«este poemario constitúe unha completa e orixinal proposta para a poesía infantil, afastada de mitos e regras ou canons que restan frescura, un instrumento para quen le, quen escoita e quen se atreve despois a xogar coas palabras.»
Visto en: Faro da Cultura | Paula Fernández

