FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Águeda e o misterio dos calcetíns (Galaxia) de Paula Señarís

Puntúa
(0 votos)

«Cando o cotiá se converte en excepción, cando a necesidade obriga a cambiar os hábitos, unha lixeira angustia embarga o corazón daqueles que senten a mudanza coma un castigo e isto é o que lle sucede á protagonista de Agueda e o misterio os calcetíns. Á separación dos pais séguelle un cambio de residencia que nun primeiro momento antóllase dramático»

«A aldea de Ameixenda, na costa, nada ten que ver co seu Ourense natal. Todo se torna diferente e, aos ollos da rapaza, peor, mais como non hai mal que cen anos dure, pronto o negativo vóltase positivo, o que pintaba un auténtico fastío chega a ser divertido e as saídas supoñen toda unha aventura.»

«A historia, sinxela e quizais excesivamente previsible, porá o lector mozo sobre a pista de determinados comportamentos que a priori foran deseñados como negativos e que a longo prazo cambian de signo»

  

Visto en: Faro da Cultura | María Navarro

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3