FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Martes, 14 Febreiro 2012 11:08

Crowfunding para publicar o vindeiro libro d'A porta verde

Publicado por  Redacción
Puntúa
(5 votos)

A equipa do colectivo e dinamizadores culturais de A porta verde do sétimo andar súmanse ao crowfunding para financiar o que será o número 5 dos seus cadernos Q de Vian, unha iniciativa que busca incidir na visibilidade da produción artística galega.

O cullarapo croque é un libro de 80 páxinas cheas de poesía, de fermosas ilustracións e sobre todo de moita dozura a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, que conseguen achegar aos nenos e nenas temas como o respecto aos demais, os soños...

A Porta Verde do sétimo andar busca financiar este proxecto coa suma de aportacións individuais. Precisan un total de 3000 euros en achegas que van dende os 15 euros ata os 500. Como compensación establecen unha serie de agasallos para os mecenas do proxecto.

Teñen un total de 45 días para financiar o proxecto.

Información adicional

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3