FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Mércores, 08 Febreiro 2012 13:10

As bibliotecas de Oleiros ofrecen un programa de animación á lectura

Publicado por  Redacción
Puntúa
(1 Votar)
Letras Vivas en Oleiros Letras Vivas en Oleiros

A Rede de Bibliotecas de Oleiros presentou a programación para o mes de febreiro do programa Letras Vivas, unha iniciativa da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para apoiar o fomento da lectura e o libro galego a través de diversos axentes como as bibliotecas municipais. Estas actividades están patrocinadas pola Consellería de Cultura e o Concello de Oleiros.

As actividades programadas, destinadas a un público menor de dez anos, principiarán o vindeiro venres 10 de febreiro na Biblioteca Municpal 'Mª José Trincado' de Mera, ata onde se desprazara a compañía Trinke Trinke para presentar os seus Contos de ratiños.Ese mesmo día Pablísimo estará na Biblioteva 'Ánxel Fole' de Nós contando Contos a saco.

A Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda acollerá o luns 13 de febreiro o espectáculo Imaxina, a cargo de Teatro Patán.

Un día máis tarde, na Biblioteca 'Manuel María' de Oleiros Soledad Felloza ofrecerá De Tin Marín; mentres que Pablísimo desprazarase nesta ocasión ata a biblioteca 'Xograr Mendiño' de Lorbé para contar os Contos de Rodari.

Rematará este mes de febreiro de Letras Vivas na Biblioteca 'Federico García Lorca' de Montrove o día 28, onde a Compañía Pavís Pavós ofrecerá o espectáculo Contos embruxados.

Un completo e interesante programa de animación lectora nunha das redes bibliotecarias máis activas de Galicia. Todas as actividades son de libre acceso e terán lugar ás 18.30 h.


AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3