FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Domingo, 29 Xaneiro 2012 20:03

A libraría coruñesa Libros para Soñar acolle unha exposición de Óscar Villán

Publicado por  Redacción
Puntúa
(1 Votar)

Ata o vindeiro 12 de febreiro a libraría Libros para Soñar da Coruña acolle unha ampla mostra de ilustracións, esculturas e libros ilustrados por Óscar Villán, gañador no 1999 do 1º Premio Nacional de Ilustración polo seu labor en O coelliño branco (Kalandraka). Óscar Villán expón nesta exposición diversos traballos da súa autoría.

Tamén o escaparate de Libros para Soñar presenta un aspecto diferente, cunha instalación artística inspirada en O coelliño branco na que non falta ningún detalle: a casa do coelliño e a figura do protagonista, a horta e mesmo as coles coas que fai o seu caldiño.

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3