FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Martes, 20 Decembro 2011 12:50

Vinte e seis bibliotecas galegas premiadas nos María Moliner

Publicado por  Redacción
Puntúa
(4 votos)
Biblioteca de Rialeda, en Perillo (Oleiros) Biblioteca de Rialeda, en Perillo (Oleiros)

O Ministerio de Cultura do estado español ven de conceder os premios Maria Moliner 2011 de animación á lectura ao concello de Oleiros (A Coruña), Tuéjar (Valencia) e Pozoblanco (Córdoba), como recoñecemento aos proxectos de animación á lectura desenvolvidos por estas bibliotecas en concellos cunha poboación inferior aos 50.000 habitantes.

O proxecto gañador deste premio, promovido pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e a Fundación Coca-Cola, ás bibliotecas de Oleiros polo programa “Lecturas refrescantes”, na modalidade de concellos entre 20.001 e 50.000 habitantes. Os concellos premiados recibirán, amais dun lote de 200 libros infantís e xuvenís, un premio en metálico de 12.000 euros.

Outras bibliotecas galegas premiadas nesta Campaña foron: Laracha, Ares, Cambre, Cerceda, Irixoa, Melide, Ortigueira, Outes, San Sadurniño, O Saviñao, Carballiño, Piñor, Ribadavia, Verín, Illa de Arousa, Cambados, Cangas, Meis, Mos , O Grove, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Tui e Vilagarcía de Arousa.

A Campaña de Animación á Lectura María Moliner enmárcase dentro do actual Plan de Fomento da Lectura desenvolvido pola Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas como unha das accións de maior repercusión, e supón unha das actividades dun meirande impacto social, xa que se dirixe a concellos de menos de 50.000 habitantes.

Comentarios  

Parabéns ás bibliotecas premiadas

#1 marrego » 30/12/2011 14:35

Importante labor a que fan estas bibliotecas públicas, con poucos recursos e moita dedicación para fomentar a lectura nos seus usuarios. :-)

marrego

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3