OQO Editora e o soportal de literatura galega Lg3 do Consello da Cultura agasallan aos seus lectores con catro lotes de libros este Nadal.
Segundo podemos ler na súa web:
OQO editora é unha das máis prestixiosas editoriais de libro infantil e con máis proxección internacional de Galicia. Xa que estas datas son moi especiais para a infancia e tanto desde a editorial como desde este portal queremos que todos os cativos e cativas poidan ter como agasallo fermosos libros ilustrados sorteamos catro lotes de dous libros cada un (un da Colección O – 3 a 7 anos- e outro da Colección Q -8 a 12 anos-) entre todas as persoas que enviedes un correo respondendo á seguinte cuestión: Dinos o título dunha calquera das obras ilustradas por Mikel Mardones para OQO Editora.
As respostas enviaranse ata as 15 horas do luns 19 de decembro ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

