Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Cámbiache o conto! (Xerais) de Pinto&Chinto

Rate this item
(3 votes)
Pinto&Chinto Pinto&Chinto Foto:Vítor Mejuto

Dende tempos inmemoriais un dos aspectos característicos dos contos era buscar un efecto moralizante sobre o oínte, polo xeral, cativos e rapaces, idades onde o conto devén en recurso -na máis das veces- didáctico. Tamén buscaban, como non podía ser doutro xeito, unha finalidade de entretemento, de xuntanza.

A recolleita deses contos, que tradicionalmente se transmitiron a través da oralidade, por parte de nomes tan recoñecibles como Charles Perrault, os irmáns Grimm ou máis tarde Hans Christian Andersen, e a relectura que fixeron dos mesmos foi unha das razóns polas que chegaron ata nós, algúns máis ou menos modificados, pero conservando a maior parte das veces ese seu espírito primixenio.

E ofrecer esa nova visión dos contos clásicos que fixeron nomes como os  antes mencionados é algo semellante ao que fan agora Pinto&Chinto neste Cámbiache o conto! (Xerais), onde en lugar de lles dar unha volta fan con eles reviravoltas, pinchacarneiros e rebullóns, uns xiros aloucados a todos eses contos clásicos que temos tan interiorizados, e que tan ven lles senta en Cámbiache o conto! Un traballo onde Pinto&Chinto se desprenden dese compoñente moralizante e buscan exclusivamente o goce da lectura e o pracer da historia.

Por unha banda temos o fondo coñecemento que amosa neste libro Carlos López deses contos clásicos, e o respecto que cara eles procesa, factores que, sen perder de vista o relato orixinal, é xermolo do fío no que xurde unha historia nova e novidosa, toda ela salpicada dos elementos que na pluma de Carlos xa son virtude: o esperpento, o humor, o disparate, o minimalismo... Todo cociñado no punto exacto.

E por outra a xenialidade nas ilustracións de David Pintor sérvenos para dar novo rostro a todos eses personaxes que temos tan interiorizados e que nos levan acompañando tantos anos. Polas páxinas de Cámbiache o conto! David é quen de amosarnos ao parrulo feo, ao soldadiño de chumbo, etc etc Un catálogo ilustrado de personaxes de conto.

Estamos con Cámbiache o conto! ante unha nova e máxica ocorrencia dunha das nosas parellas artísticas máis estrambóticas e internacionais!

 

 

 

 

cambiache capaTras revisar nos vosos últimos libros algunhas das grandes obras da literatura universal, apostades agora pola vosa propia visión dos contos clásicos. Qué diferenzas e que puntos de encontro atopamos entre Cámbiache o conto! e eses estrambóticos libros anteriores*? 

Chinto: En ambos os dous casos trátase de versionar obras clásicas, é dicir, dar a nosa visión de narracións ben coñecidas por todos levándoas ao noso terreo, que é o do humor. Nos libros de Bululú aos que fas referencia entregabamos a nosa revisitación de novelas dun xeito reducido por esixencias do formato. En Cámbiache o conto!, ao partirmos de textos máis breves, puidemos reunir nun só volume unha gavela de relatos clásicos para nenos. Mais todos estes traballos de que estamos a falar están tratados desde a mesma óptica: a de disparatar, divagar e divertirnos para que tamén o lector se divirta. 

*Trátase de, polo de agora, As estrambóticas viaxes de Gulliver, O estrambótico Principiño e A estrambótica Illa do Tesouro, publicados por Bululú.

Como se fixo a selección dos contos que podemos atopar neste Cámbiache o conto!? Foi un traballo conxunto? Cada un de vos tiña as súas propias preferencias?

Pinto: Foi Carlos quen elixiu a totalidade dos clásicos que máis lle inspiraban á hora de facer a súa persoal visión que se pode ver en Cámbiache o conto!

Ese mirar cara atrás, a esas historias dos Grimm, Perrault, da tradición oral.... Estamos nun momento da literatura onde se fai necesario volver aos clásicos da literatura?  

Chinto: En todo momento hai que ter presente os clásicos. Somos o que lemos, e eses contos de sempre seguen engaiolando a unha xeración tras outra, porque son grandes obras da Literatura en calquera xénero. A Carrapuchiña Vermella, O traxe novo do emperador, O parruliño feo, etc., non só estimulan a imaxinación dos rapaces, senón que de certo nalgúns deles fai xermolar o desexo de ser escritor, de poder crear mundos como eses extraordinarios autores fixeron.

Sorprende gratamente o feito de ir lendo os contos, les e vas identificando aspectos do conto clásico, pero de súpeto Carlos aparece cun “cámbioche o conto” para sacar esa versión orixinal, divertida e nova da historia.

Chinto: Trátase de que o conto orixinal se recoñeza na nosa versión, que sempre estea ante o lector pero mesturándoo coa nosa achega particular. Poderiamos falar, musicalmente, de variacións sobre un tema. De darlle unha reviravolta surrealista, extravagante, humorística, a contos que en ocasións non teñen ou que son terribles, dramáticos, como o da Carrapuchiña Vermella, pois naceron cun claro afán moralizador. Sen embargo, todos os contos de Cámbiache o conto! son amables e intentan sacar un sorriso ao lector.

Para facer un traballo de versionar, de darlle a estes contos unha reviravolta, como comentades, faise necesario coñecer e interiorizar moi ben eses contos?cambiache1

Chinto: Desde logo que si. Á hora de poñerse a escribir hai que ter sempre na mente a referencia do conto orixinal para poder ir moldeándoo ao teu antollo e poder extraer del todo o que procuras.

Cal é o gran reto de ilustrar un libro destas características? Está presente a responsabilidade de dar a propia visión do ilustrador a personaxes tantas e tantas veces reproducidos?  

Pinto: Cada libro que eu ilustro é un reto en si mesmo. No caso de Cámbiache o conto! é un libro onde estou explorando unha liña máis solta, quizais máis próxima á caricatura, non o sei, pero onde pesa máis a diversión. Pódese dicir que Cámbiache o conto! é un paso máis nun discurso ilustrado que levo recorrendo durante 25 anos e que non sei cara onde me leva. Iso si, estouno a gozar coma un neno pequeno. Teño, de todos os xeitos, unha curiosa sensación de que agora estou empezando a debuxar como eu quero.


A verdade é que nesta ocasión o resultado é magnífico, e agradécese tamén o coidado na edición, permitindo non só ocupar toda a páxina, senón que a folla completa é para o traballo de ilustración. Dan ganas case que de cortar e enmarcar máis dunha destas ilustracións que aparecen en Cámbiache o conto!.

Pinto: Afortunadamente, a ilustración está cada vez mellor valorada. Moitos editores e pais van entendendo que a ilustración non é un adorno para facer os libros máis bonitos, senón un primeiro contacto co mundo da imaxe. Por iso é importante que por parte das editoriais haxa un compromiso serio coa ilustración, pero tamén é importante que o público saiba valorar este aspecto, para o cal é importante que os propios ilustradores expliquemos todo o que hai detrás das ilustracións dos libros. Se queremos que os nenos valoren a obra de Picasso, Velázquez, ou Hockney, haberá que empezar por acercarlles ese mundo a través dunha ilustración infantil de calidade. Para iso é necesario o traballo dos ilustradores, dos editores, dos críticos especializados, etc...

É máis doado crear ou recrear?

Chinto: Todo entraña a súa dificultade, naturalmente. Á hora de crear es ti e mailo papel en branco. En ocasións, asusta. Á hora de recrear, partes dunha obra xa escrita, pero a dificultade estriba en que tes que tratar con moito respecto ese texto clásico e facer unha versión que sexa digna para non pagar a ousadía.

Os nenos están ávidos dos contos clásicos? Ou prefiren polo contrario cousas novas? 

Pinto: Os nenos o que queren é que lles contes boas historias. Ten en conta que para eles os clásicos son tanta "novidade" coma os libros que se escriben agora. E creo que está moi ben que coñezan tanto o que se escribe para eles por autores contemporáneos coma os contos escritos polos grandes autores de todos os tempos.

O emprego da brevidade para engaiolar ao lector. O tipo de escrita que emprega vostede, tan curta e tan rápida, axuda aos nenos a centrarse na historia? Que, independentemente de que lles guste ou non o relato, cando se decaten diso, o conto xa rematou?

Chinto: Eu síntome moi cómodo na literatura breve e incluso na hiperbreve. Se unha historia a podes contar en sete liñas non hai por que empregar oito. Sen embargo, tamén escribín novelas. Gozo moito escribindo textos longos, aínda que en verdade unha grande parte do que fixen se pode circunscribir na narrativa breve. É un formato que non penso abandonar; xa case é marca da casa.

Lendo e vendo Cámbiache o conto! podemos recoñecer aos dous creadores que estades detrás do libro. Gústavos contemplarvos nos vosos traballos?

Pinto: É algo que non me preocupa para nada. Do mesmo xeito que un non se comporta igual na adolescencia que na madurez, tampouco debuxa igual con 20 anos que con 40. É o propio percorrido vital o que vai moldeando a túa personalidade, e por extensión, todo o que fas. Eu, persoalmente, non me recoñezo demasiado en traballos de hai moitos anos, e seguramente este libro non me pareza demasiada cousa dentro duns anos, pero iso non é malo, e creo que tampouco é demasiado controlable.

Seica era Alan Moore quen, nunha entrevista, dicía algo así como que unha vez que atopas o teu estilo, tes que cambiar radicalmente porque se non podes caer no fastío e no fácil.

Chinto: Creo que se debe experimentar, intentar buscar camiños novos. Se non todo se volve aburrido. Un ten que ser inquieto e non conformarse co feito, buscar novas formas de expresión. De todos os xeitos iso non é nada doado. Moitas veces o estilo non é algo consciente, e por tanto non resulta sinxelo introducir variacións. Pero en todo caso sempre hai que estar nunha permanente busca de novos mundos e novas maneiras de contar o que acontece neles.

cambiache3En anteriores entrevistas onde temos falado sobre a vosa obra sempre comentades que, á hora de crear, o que queredes facer é divertirvos. Pensades que iso se transmite logo ao lector? Non seriades Pinto&Chinto se faltase ese compoñente de divertimento?

Pinto: Eu sempre digo que é un privilexio poder dedicarse profesionalmente a un oficio co que poder gozar e crecer. Como dicía antes, eu levo xa 25 anos adicados á ilustración e sigo mantendo intacta a ilusión de afrontares un novo traballo. Para min segue habendo un grande misterio nisto que chamamos debuxo, e co cal podemos facer maxia nun papel. 

Remata o libro coa frase “E Pinocho conseguiu o regalo máis fabuloso, volver a ser un neno”. Somos sempre a nosa infancia?.

Chinto: Rainer Maria Rilke deixou escrito que a verdadeira patria do Home é a súa infancia. Non serei eu quen lle leve a contraria. E Picasso dixo que lle levara toda unha vida aprender a pintar coma un neno. Debemos manter vivo o neno que fomos, o seu particular xeito de ver o mundo. E hai que seguir escribindo literatura infantil para manter viva a súa imaxinación.

 

 

 Marzo, 2017

 

 

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Maio 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
7
8
9
10
11
12
13
14
15
17
18
21
22
23
28
29
30