FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Benvido, Convidado
Usuario Chave: Lembrarme
  • Páxina::
  • 1

TEMA DO FORO: Nova novela de Fran Alonso

Nova novela de Fran Alonso 01 Dec Xoves 13:17 #1

  • mar
  • DESCONECTADO
  • Administrador
  • Temas: 3
Fran, hai cinco anos que non publicas novela, dende a xuvenil Cartas de amor. Polo medio saíron biografías, libros de literatura infantil, crónicas, etc...
Por que este silencio narrativo e por que volver precisamente agora coa novela?
Pechouse o tema.
Os seguintes usuarios agradeceron: falonso

Re: Nova novela de Fran Alonso 05 Dec Luns 11:28 #2

  • falonso
  • DESCONECTADO
  • Navegador Iniciado
  • Temas: 7
En realidade concibo a miña tarefa como escritor a través do conxunto da miña obra. Cando escribo, estou falando comigo mesmo e cos lectores e lectoras; estou pensando, reflexionando e creando. O importante son sempre os contidos. Logo, o escritor debe saber elixir cal é o xeito máis adecuado para transmitir eses contidos. Eu considérome un «escritor todoterreo», e esa facultade ou vocación para abordar moitos xéneros me permite un maior grado de busca, de investigación, pero tamén un certo descando que evite que me repita; é como un estímulo para atopar novas formas de expresión. En realidade non se trata tanto dun silencio como de frecuentar a literatura por vías diversas.
Por outra banda, no mundo fragmentado e vertixinoso en que vivimos, onde as cousas que importan hoxe xa non importan mañá, someterse á rixidez dos xéneros non ten sentido. Nos meus libros os xéneros entrecrúzanse, mestúranse, alíanse, danse a man, para construír a narración con maior fluidez e cunha inmediatez axeitada precisamente aos novos tempos. Os escritores non podemos permanecer impasibles aos cambios, coma se non pasase nada. Nese sentido, «Ninguén» tamén é un intento de abordar e asumir esas novas formas de expresión (e de ficción) que están aparecendo en Internet e que no futuro, con seguridade, condicionarán a literatura ata cambiala.
Pechouse o tema.
Os seguintes usuarios agradeceron: mar

Re: Nova novela de Fran Alonso 13 Dec Martes 09:10 #3

  • Eusebio M.
  • DESCONECTADO
  • Navegador Iniciado
  • Temas: 2
Cando dis que "«Ninguén» tamén é un intento de abordar e asumir esas novas formas de expresión (e de ficción) que están aparecendo en Internet e que no futuro" cres que no futuro cambiará o xeito de ler tal e como o coñecemos dende agora? que se imporán unhas lecturas tipo facebook e twitter e microliteratura polo estilo? Están en peligro de extinción esas novelas de 500 e 600 páxinas, por exemplo?
Gracias polo teu tempo.
EusebioM.
Pechouse o tema.

Re: Nova novela de Fran Alonso 14 Dec Mércores 15:22 #4

  • falonso
  • DESCONECTADO
  • Navegador Iniciado
  • Temas: 7
Ola Eusebio:
Eu creo que o xeito que temos de ler, con Internet, xa está cambiando. O correo electrónico, os hipervínculos na rede, as páxinas web, os foros, as roldas de correo e, proximamente ou xa mesmo, o ebook están mudando a forma en que abordamos a lectura, que é moito máis vertical, moito máis selectiva, moito máis transversal, en xeral menos profunda, e se sitúa no plano da literacidade electrónica. Ademais, vivimos nun mundo en que a lectura é moito máis complexa, porque leva mensaxes ocultas, porque hai que saber interpretar o contexto, porque as palabras son forzadas ata que perden o seu valor, etc. É dicir, que ademais hai que ler entre liñas. Nese sentido, hai un libro sensacional de Daniel Cassany, que nos abre os ollos con todo isto e explica moi ben como temos que ler hoxe en día. Está publicado en Anagrama e titúlase «Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea».
Evidentemente, eu creo que isto vai determinadar tamén novos hábitos e formas de abordar a escrita, a ficción, e vaina condicionar e en ningún caso pode ser inocente. Eu intento navegar, desde a creación, nesa nova realidade, entre eses novos retos, aínda que coa conciencia de que pertenzo a unha xeración que naceu na cultura do papel e que, daquela, só vai poder asumir moi parcialmente ese cambio. Ese será un cambio que chegará protagonizado polas xeracións máis novas, que non terán que facer un esforzo de adptación, como é o meu caso, senón que o asumirán de xeito natural. Ora, non se trata tanto de que facebook ou twitter condicionen a extensión da escrita, que non creo que iso suceda, porque seguirá habendo ficción con todo tipo de extensión, senón máis ben que as novas plataformas de escrita e lectura van conlevar novas formas de expresión que se levarán á escrita. En calquera caso, se cadra dentro duns anos facebook nin sequera existe e perde o peso que ten hoxe. Nestes momentos é unha rúa moi concurrida, pero na rede todo dá a volta rapidamente. Non me refiro tanto a esas redes sociais concretas como en xeral ás novidades que a rede, que é unha realidade brutal e incipiente para a ficción e para a lectura, vai imprimir na forma de asumir o proceso creativo.
Un saúdo.
Pechouse o tema.
Os seguintes usuarios agradeceron: Eusebio M.
  • Páxina::
  • 1
Hora de creación da páxina: 0.32 segundos

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3