Literatura galega na web dende 2007
|
|
|
|
Tras un mes de votacións temos, un ano máis, os resultados cos que as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron foi o mellor do 2011. En total, este ano recibimos 471 enquisas. Desde Fervenzas Literarias queremos agradecer a vosa participación e o voso interese, porque estes premios, aínda que polo de agora só sexan de carácter simbólico, queren reflectir a voz dos lectores e das lectoras galegas. A voz dos que somos receptores e consumidores dos libros que @s escritor@s e editoriais poñen nas librarías e nas bibliotecas. E agora os resultados e os nosos parabéns aos premiados...
NOTA: Podes ver AQUÍ unhas aclaracións por parte da organización sobre os resultados da enquisa de O mellor do 2011
O lote de libros sorteado entre tod@s @s participantes na enquisa foi para María Solís, de Fene. Noraboa para ela e moitas grazas á Federación de Libreiros de Galicia pola súa xenerosidade ao cedernos o lote de libros para o devandito sorteo. |