Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Amor é unha palabra coma outra calquera (Galaxia) de Francisco Castro

Rate this item
(1 Vote)

Uns días antes de que saltara a nova de que Francisco Castro ía tomar o relevo de Víctor F. Freixanes ao fronte de Galaxia, quedamos con el a primeira hora da mañá nunha cafetería do casco vello de Santiago de Compostela para falarmos da súa ultima achega literaria, Amor é unha palabra coma outra calquera (Galaxia), unha novela que deconstrúe o mal entendido amor romántico mesturado cunha misteriosa morte que deixará sen alento ao lector ao longo das páxinas. Francisco Castro é quen de dosificar maxistralmente o suspense e a emoción cunha historia que consegue manter todo o tempo ao lector coas uñas chantadas no libro.

Intriga, suspense, relación rotas, novas perspectivas vitais, e amor, moito amor. Preguntámoslle antes de nada, mentres remexemos o café coa culler, se as nove da mañá é unha boa hora para falarmos de amor, ou polo contrario é moi cedo para andar con estas cousas, “sen dúbida, calquera hora é boa. De feito levamos falando de amor dende o comezo da historia e cando se extinga o último humano seguramente o seu derradeiro pensamento será un pensamento de amor. Se hai unha palabra que non é coma outra calquera é precisamente esta”.

Daquela seguimos...

 

Dende o primeiro parágrafo indica, de xeito explícito, que estamos ante unha novela de amor, o que non significa que Amor é unha palabra coma outra calquera sexa unha novela romántica.

Efectivamente, Amor é unha palabra coma outra calquera é un ataque furibundo contra o amor entendido dende o punto de vista romántico, da dominación e da submisión a través dos sentimentos, o que non deixa de ser unha forma de escravitude.

Chamoume moito a atención a rotundidade do título. Case que parece buscar vostede a provocación co mesmo.

Son escritor pero tamén son editor, e parte do meu traballo é convencer aos autores e autoras de que busquen un título que teña gancho, que chame a atención do lector. O mesmo pasa coa imaxe da capa. No escaparate dunha libraría é moi difícil que os lectores se fixen nun libro concreto, polo que se fai necesario que teña unha boa capa e un título que fagan fixarse nel. No caso concreto de Amor é unha palabra coma outra calquera o título é ademais unha declaración de intencións.

Cuestiona en Amor é unha palabra coma outra calquera a falsidade do amor prefabricado. De feito Carla, a protagonista desta historia, o que realmente ama é unha idea de amor.

Creo que a meirande parte da poboación, nun momento ou outro das nosas vidas, caemos nese tipo de cuestións. Na novela afírmase que non somos animais racionais, senón que somos animais fantásticos, porque estamos sempre elaborando fantasías e quimeras ás que nos pegamos e que tomamos por verdadeiras, nisto entra entre outras cuestións unha idea de perfección romántica. Isto é o que lle acontece a Carla e a outras moitas mulleres, que dende nenas soportan a idea de que están incompletas, que son medias laranxas, e para completarse precisan dese príncipe ideal que vai sacar o mellor delas e que é un dispendio de virtudes... Esa idea é moi incapacitante para quen a cre, por iso a novela é moi virulenta contra esa idea.

Cando Carla decátase diso, ten que deconstruír esa idea, ese concepto de amor.

A novela transcorre en tan só catro días, e nese tempo Carla ten que se deconstruír. Carla, unha muller de corenta anos, vai aprender neses poucos días máis de si mesma e vai cambiar máis que nos corenta anos anteriores. Coido hai que desaprender, deseducarse, convulsionarse de cando en vez, poñer entre paréntese todo canto fomos para realmente atoparnos.

O meu primeiro libro* abríase cunha cita de Nietzsche do libro Máis alá do ben e do mal onde se di algo así como que ás veces faise necesario ir dentro da propia cova, e unha vez dentro pegarse cos nosos dragóns e cos nosos leóns e logo saír, malferido, derrotado, pero totalmente renovado. Seguramente Carla fai iso en Amor é unha palabra como outra calquera, enfróntase a ela mesma para ser unha persoa moito mellor.

* A outra banda da fiestra, publicado por Edicións Cardeñoso no 1989.

Gusta de andar nas arestas do amor, como xa acontecera en In vino veritas (Galaxia). Estas dúas novelas camiñan, aínda que de xeitos totalmente diferentes, nas estremas do concepto de amor.

Creo que non hai outra forma de se enfrontar á realidade mais que transitando as marxes. Dende pequeno son moi consciente da limitación temporal, polo que intento, dun xeito tamén moi nietzschiano, ancorarme no vitalismo, aferrarme nun impulso vital, e iso lévate a extremismos de toda clase: amorosos, vitais, laborais e por suposto políticos.

A figura de Carla abarca a práctica totalidade da novela. Foille complicado meterse nese papel, falar dende unha posición feminina?

Ese é unha pregunta que me fan moitas lectoras. Un comentario que fan decote é a sorpresa que lles causa verse reflectidas nesta novela e que esta novela fose escrita por un home. Gústame pensar que ten moito que ver o feito de que teño moitas máis amigas que amigos, dende pequeno sentín máis familiaridade, máis necesidade de pegarme a elas que a eles. Vivimos nun mundo moi testosterónico, nese sentido síntome máis preto do xeito de razoar, de sentir das mulleres que dos homes.

De feito os personaxes masculinos son totalmente secundarios en Amor é unha palabra coma outra calquera.

Tanto nesta como nas miñas anteriores novelas. Tardei moitos libros en decatarme diso, pero se miras eses libros, sempre os personaxes fortes das miñas novelas son mulleres. Pero iso é extrapolable á realidade en termos xerais. Eu son dunha cidade que na década dos 80 foi arrasada pola heroína, onde os narcotraficantes andaban felices, nos seus coches, comprando pazos inmensos... As autoridades xudiciais non poden con eles, as autoridades policiais non poden con eles, ningún aparato do Estado pode con eles. Realmente empezan a ter problemas cando as mulleres de Érguete se arremangan, fartas de ver como se lles morren os fillos, van ao Pazo Baión e a outros sitios, empezan a se rebelar contra iso e obrigan ao Estado a reaccionar. Son elas, nunha época na que os homes emigraron, as que foron capaces de soster as familias. Non estou falando dese mito do matriarcado galego, é unha constatación empírica. Elas son nas miñas novelas os personaxes fortes porque en xeral na historia elas son sempre as que demostraron ter máis capacidade para todo. A fortaleza non é unha cuestión que se mide pola masa muscular.

Por iso Carla, ou en In vino veritas Carolina, ou en Xeración Perdida, as únicas que manteñen a cabeza no seu sitio son as mulleres. Supoño que niso entra a miña propia biografía. Eu son o fillo da carniceira do mercado de Teis. Medrei rodeado de mulleres traballadoras, mulleres moi duras, que ás cinco da mañá xa estaban en pé. Que non se queixaban. O meu universo infantil foi moi feminino e moi duro, polo que é normal que logo iso se envorque aos meus libros.

É moi doado amar aos quince ou aos vinte anos, pero gustei especialmente que Amor é unha palabra coma outra calquera convida á reflexión sobre o amor na idade madura.

Unha das cousas que máis me está a gustar desta novela é que move á reflexión, que as lectoras e lectores reflexionan sobre a súa propia vida. Na novela hai un momento coa que moita xente empatou, e é que cando iniciamos unha relación ás veces facemos a disparatada promesa de amor eterno, unha promesa que abofé é verdadeira nese momento, pero logo pasan dez ou quince anos e ti xa non es esa persoa que fixo o xuramento, e a persoa que está ao teu carón tampouco é a mesma persoa, é algo inevitable. De aí a importancia de estar continuamente renovando a ilusión. Entón claro, hai momentos onde se fai necesario parar e formularte como foi ata este momento a túa vida e a túa relación de parella. En In vino veritas tamén hai un convite fondo á reflexión. Estas dúas novelas, xunto a Xeración Perdida (Galaxia) e a Spam (Galaxia), son as novelas onde máis recorro a ese narrador que se introduce na novela e vai conversando co lector, ou máis ben reflexionando xunto a el, sobre o acontecer da trama. E é un pracer facer iso.

Volve aparecer como escenario da novela a súa cidade, Vigo. Como escritor ten a capacidade de inventar personaxes e crear historias, no entanto, é máis difícil crear os lugares onde acontezan esas historias e por onde transiten eses personaxes?

Imaxino que algún día podería escribir unha novela dun lugar que non coñezo. Verne non estivo nin no centro da Terra nin na Lúa, evidentemente. No meu caso sempre repito aquilo de Miguel Torga de que o universal é o local sen paredes, e remítome a Woody Allen, onde agás un par de películas onde lle pagaron para que saíran determinados lugares, están ambientadas na illa de Manhattan, e non por iso van deixar de ser historias universais onde todos e todas nos recoñecemos.

Para min o escenario máis real é o barrio de Teis, e Amor é unha palabra coma outra calquera é Teis levado ao extremo. Agás un momento no centro de Vigo, outro no cemiterio e outro no tanatorio, todo acontece nunha única rúa e na parte de atrás desa rúa do barrio de Teis. Creo que unha novela de amor, ou unha novela de aventuras ou do que sexa pode estar ambientada en calquera lugar. Vibramos coa Odisea e estamos en espazos totalmente míticos, que nunca existiron, pero o importante son os sentimentos, o que nos consigue transmitir e as tramas. Ao final na literatura buscas emoción.

Estamos centrándonos moito no compoñente do amor, pero non hai que esquecer a historia de suspense, de intriga, agochada en Amor é unha palabra coma outra calquera dende o intre no que Carla atopa a asistenta morta na casa.

Amor é unha palabra coma outra calquera é tamén unha novela de intriga, onde hai unha trama detectivesca, onde eu como autor formulo un enigma por resolver e hai unha investigación onde acompañaremos tanto á protagonista como a unha policía. Digamos que esa é a ferramenta que sostén un pouco o libro. É dicir, unha morte en teoría natural salvo por unha estraña causa (que non se sabe o que é) indicada polo forense é motivo abondo para que a policía  e o lector teñan a mosca detrás da orella. Evidentemente hai un desenlace para esa trama. Para min era moi importante coidar dese aspecto. De feito, nos obradoiros literarios que imparto o primeiro que digo aos asistentes é que busquen dar ao lector un pretexto para seguir lendo, e esa motivación pode ser a trama ou a intriga. Somos animais que adoran que lles conten historias.

O máis difícil é a capacidade de sorprender? Escribir sobre conceptos que todos temos moi asimilados pero que aínda así sexa quen, como escritor, de ofrecernos unha nova cara desa historia?

Ese é o gran reto. Para min cada novo libro é máis difícil que o anterior. Cada vez faise máis difícil. Dende que publiquei o meu segundo libro o que me aterroriza de verdade como escritor é repetirme. Non quero repetirme. Ben é certo que poden aparecer similitudes no estilo ou nas temáticas, pero o importante é contar o que se leva contado toda a vida pero facéndoo doutra maneira. Iso é unha cortesía cara as lectoras e lectores. Cando alguén entra nunha libraría vaise atopar con miles e miles de títulos, e independentemente das campañas de marketing, dentro dos libros ten que haber algo, e ese algo tense que notar no segundo ou no terceiro parágrafo. Son dos que  pensan que o autor xógao todo nesa primeira páxina ou nesas primeiras liñas. Saramago, un autor referencial para min, escribía os seus libros e cando remataba escribía o primeiro capítulo. Cando xa tiña toda a historia, toda a trama, agora necesitaba enganchar ao lector. É maxistral nese sentido o inicio do seu Ensaio sobre a cegueira.

Unha palabra que definiría Amor é unha palabra como outra calquera é intensidade. Toda a acción transcorre en moi poucos días e o lector transita polas páxinas da novela coma se se tratara dunha vertixinosa viaxe nunha montaña rusa.

É que é unha viaxe emocional. Máis que nada porque Carla levaba unha vida insípida a pesares de pensar ela que esa era a vida correcta. Hai un momento na novela onde Carla cuestiónase sobre os motivos de ser deixada polo seu home. E xustifícase de que el se asustou da rutina. Falso!Simplemente el quería máis cousas. E a novela explícalle a Carla que tamén é necesario que ela pida máis cousas. Mira, o primeiro título pensado para a novela era cerocero, como a Coca Cola, porque hai un momento no libro onde se di que Carla é unha muller cerocero: quere amor pero non o ten, quere fillos pero non os ten, quere un sexo marabilloso pero non o ten. Unha muller cerocero. Pero en pouco máis de tres días Carla vivirá unha experiencia de vertixe.

Un dos grandes acertos que vostede consegue en Amor é unha palabra como outra calquera é a empatía. O personaxe da primeira páxina poderíamos ser calquera de nós.

Creo moito niso, se collemos toda a literatura policial nórdica, por exemplo, vemos que case sempre os investigadores son xente de vida tortuosa, con algún tipo de adicción... Está moi ben, pero o 99,9% da xente somos bastante normaliños, non nos suceden grandes cousas e levamos unha vida máis ben tirando a aburrida. Pero o que buscamos na literatura é que sucedan cousas que á xente normal non lle sucede, sería ese burato polo que se mete Alicia para perseguir á lebre. Eu imaxino a literatura como o país das marabillas, onde o mundo real é tremendamente aburrido, porén na literatura somos todo o tempo Alicia perseguindo á lebre.

Carla é unha muller que cando a coñecemos ao comezo da novela vive instalada no desastre  persoal. Ao longo das páxinas vai medrando.

Carla é unha muller “morta” ao principio da novela, e ao longo da mesma “resucita”. Carla é capaz de transformar a traxedia na que está instalada nunha oportunidade para nacer de novo. A min gústame máis esa Carla que avanza que a Carla do principio.

Chama a atención que ata incorpore banda sonora á novela.

Cando rematei a novela pensei que estaría ben saber cal podería ser a música que escoita Carla. De feito a novela arranca precisamente así, cunha Carla que para non pensar sae pola rúa a escoitar a súa música. Pensando na música que puidera escoitar Carla xurde esa playlist en Spotify, que non é a música que a min me gustaría (polo menos nun porcentaxe moi alto) pero si que é música que podería escoitar ela. Gustoume a idea e logo fixen o mesmo coa tradución ao castelán de Tes ata as 10.

Eu creo moito na necesidade de inventar novas maneiras de engrandecer as historias. Hoxe en día xa non abonda con publicar os libros sen máis, temos que inventar maneiras de mantelas vivas, de chamar a atención. Foi un experimento, moi gozoso, e hai moita xente que escoita a banda sonora de Carla. Creo que é unha forma de facer máis interesante a propia historia e de coñecer a un personaxe.

 

 

 Santiago de Compostela, decembro 2016

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Abril 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
7
› Festival Pontepoética en Pontevedra
00:00
Pontevedra, Pontevedra
PontePoética 7. Festival Internacional de Poesía de Pontevedra
› Migallas Teatro presenta Canta connosco! en Silleda
11:30
Auditorio Da Semana Verde De Galicia, Silleda
A compañía Migallas Teatro visitará o Auditorio Da Semana Verde De Galicia
› Contos De África con música en directo, na Coruña
17:00
SQUARE Espazo Cultural, A Coruña
Selección de contos infantís e fábulas africanas con música senegalesa en directo
› Contacontos a cargo de Eli Ríos en Fene
18:00
Biblioteca Municipal, Fene
Eli fará partícipes a todas as crianzas da historia dunha das nosas mulleres bravas: Mª V. Moreno
› Presentación de (∞ - 1) en Pontevedra
19:00
Libraría Paz, Pontevedra
Xulia Pisón presenta este recompilatorio de historias breves de diferente temática
› Presentación de O Segredo de Sheela na Gig en Lugo
20:00
Libraría O Gato Neghro, Lugo
Iolanda Aldrei presenta o seu novo poemario, publicado por Sons da Terra Verde
› Presentación de Da identidade á norma en Gondomar
20:00
Libraría Libraida, Gondomar
Faladoiro con Vitor Vaqueiro arredor do ensaio Da identidade á norma, publicado por Laiovento
› Presentación de Blues para Moraima en Ourense
20:30
Liceo, Ourense
Miguel Anxo Fernández presenta a novela gañadora do premio Blanco Amor 2016
› Presentación de Non des a esquecemento en Bueu
20:30
Centro Social do Mar, Bueu
Un libro sobre a procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión fascista
› Presentación de Alén da casta en Ferrol
20:30
Fundaçom Artabria, Ferrol
Xabier Pérez Davila presenta o seu novo ensaio, publicado por Laiovento
› Jam de relato e poesía na Coruña
20:30
No importa, A Coruña
Vén a escoitar ou a ler, como público ou participante.
› Velada de poesía en Pontevedra
21:30
Taberna do Jazz , Pontevedra
Con Sofía Barral, Charo Miloro, Laura Rodríguez, Ginés Serrallo e Loren Tuche
Data :  07/04/2017
9
11
12
13
14
15
16