Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Items filtered by date: Xaneiro 2012

A editorial compostelá edicións Positivas organiza o seu premio bianual de narrativa erótica 'Narrativas Quentes', que neste 2012 chega a súa sexta edición.

O prazo para enviar orixinais a este certame, que achega aos lectores a nosa literatura máis sensual e estimulante, remata o vindeiro 30 de marzo. O premio consistirá na publicación da obra premiada.

O Narrativas Quentes conta cunha magnífica nómina de gañadores formado por Manuel Lourenzo González, quen acadou a primeira edición por Infidelicidades; Alberte Momán no 2004 por O Lobo da xente; a coruñesa Chelo Suárez Muíños foi a gañadora no 2008 por Os Milagres de Cristamar; e Eva Moreda gañou con Organoloxía a última edición convocada, no ano 2010. A terceira edición, correspondente ao 2006 o premio quedou deserto.

Publicado en Novas

O alfocense Lionel Rexes é o gañador da II edición do certame literario Minicontos de Outono, promovido polo Centro PEN Galicia e  o diario LV. De Luns a Venres co patrocinio da Xunta de Galicia, pola obra Luzada, segundo podemos ler no diario do grupo El Progreso.

Seguindo coa nova aparecida en De Luns a Venres, “Rexes faise cun premio de 600 euros grazas a unha historia sobre o furtivismo na que a emigración e o humor teñen un papel moi importante”. “Nesta segunda edición, o xurado cualificador, que se reuniu o pasado 25 de xaneiro en Santiago, estivo composto polo presidente do Centro PEN Galicia, Luís G. Tosar; o director de LV, Alfonso Riveiro (con voz pero sen voto); o xornalista e escritor Diego de Cora; o director do Centro PEN, Xabier Castro, e o xornalista Juan Méndez.”

En total recibíronse máis de 200 orixinais, procedentes tanto de Galicia como do resto do estado e de países como Arxentina, Colombia, Venezuela, Alemaña ou Reino Unido. Ademais, “na acta quixeron reflectir o excelente traballo realizado por un grupo nutrido de escolares que se presentou o certame demostrando que en Galicia hai unha boa canteira de literatos.”

Según informa De Luns a Venres, “o acto de entrega dos premios terá lugar no transcurso dun acto literario cuxa data se dará a coñecer nas próximas semanas”.


Publicado en Novas

A intervención de Víctor F. Freixanes titulada "Catro pés dun banco e unha trabe". (Visión histórica da interrelación dos libros literarios de tódalas culturas e linguas) inaugurará esta tarde o ciclo de conferencias As miñas lecturas favoritas. A lectura: unha porta aberta ao mundo, que contará dende hoxe e todos os xoves ata o 15 de marzo, con prestixiosos nomes da literatura galega (Julia Uceda, Xulio López Valcárcel, Darío Xohán Cabana), do mundo da edición (Víctor F. Freixanes) e o ensino da lingua e da literatura (Ángeles Seoane, Guillermo Fernández, Eva Ocampo...) quen, dende unha óptica absolutamente persoal e distendida, pasarán revista as súas lecturas predilectas ou que influíran especialmente na súa traxectoria vital ou profesional.

Os asistentes ao ciclo As miñas lecturas favoritas poderán participar na análise e comentario de obras literarias, asistir a conferencias ilustradas con poemas, recreacións de contos clásicos ou afondar no coñecemento de obras e autores.

Este ciclo está organizado pola UNED-Ferrol e consta de 14 horas lectivas. Os alumnos que desexen certificado acreditativo de asistencia e créditos deberán de pagar unha matrícula de 10 euros. Para o resto de asistentes é de balde.

As miñas lecturas favoritas está coordinado por nx0woé Antonio Ponte Far e terán lugar na Aula UNED Ferrol sita na rúa María 52-54. Todas as conferencias serán dende as 19.30 h. ata as 21.00 h.

Publicado en Novas

A Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, en colaboración con diversas institucións e entidades, ven de artellar unha ampla proposta de actividades, no marco da programación Actos Castelao 2012, que se desenvolverá ao longo deste mes para honrar a figura do ilustre rianxeiro, de quen se cumpren 125 anos do seu nacemento o vindeiro 30 de xaneiro.

Mañá mércores ás 20.00 h. terá lugar, no Auditorio de Rianxo, a conferencia A herdanza de Castelao, a cargo do historiador Xusto Beramendi.

O venres 27, ás 20.30 h. e tamén no Auditorio de Rianxo, presentarase o suplemento A Voz de Barbantia -xaneiro 2012. e o libro Poñente (Xerais), de Pere Torabuela, nun acto onde no que, ademais do autor, estarán presentes a escritora e profesora Ana Isabel Boullón, o director de Xerais, Manuel Bragado, os socios de Barbantia Xesús Laíño e Carlos Mosteiro e o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños. Intervención musical a cargo de Antón Alcalde e Iago Hermo (Escola de Música de Rianxo). De seguido, inauguración da exposición “Castelao vive: Esculturas de Nuco Losada”.

En chegando ao sábado terá lugar os actos centrais dos Actos Castelao 2012. Principiará a xornada coa presentación do libro Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Krukenberg (Galaxia) de Mercedes Queixas. Ademais da autora, participan na presentación, Francisco Castro, escritor e coordinador de edicións de Galaxia e Milagros Torrado, Secretaria de Barbantia. De seguido haberá un recital poético coa participación de Esther F. Carrodeguas, , Milagros Torrado e Mª Xesús Blanco e a intervención plástica polo pintor Salvador Fernández Laíño. Será a partires das 12.00 nas instalacións do Auditorio de Rianxo.

Xa de tarde, ás 16.00 h. celebrarase no Auditorio de Rianxo a Asemblea Anual da Fundación Castelao. Ás 18.00 h. no Paseo da Ribeira farase a ofrenda floral ante o busto de Castelao, coa intervención de autoridades. Máis tarde as rúas de Rianxo encheránse de Animación de Rúa en homenaxe a Castelao, a cargo da compañía Os Quinquilláns Teatro para rematar ás 20,00 h. De novo no Auditorio coa conferencia “Castelao á luz de Paz Andrade”, autor a quen se dedican as Letras Galegas 2012, a cargo de Miguel Anxo Seixas, Vicepresidente da Fundación Castelao.


Publicado en Novas

Do 20 ao 23 de febreiro terá lugar en Compostela o Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade". O congreso, organizado por campUSCulturae, contará coa participación de ilustradores/as de distintos países do mundo, expertos en arte e edición e profesionais da animación e da promoción da lectura. En coincidencia co mesmo inaugurarase a Exposición ilustraMundos, que permanecerá aberta até o 20 de abril na sala de exposicións do Pazo de Fonseca.

O Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade" traerá ata a capital de Galicia a once ilustradores de importancia internacional, como a arxentina Mónica Weiss, a polaca Joanna Domanska, a vasca Elena Odriozola, Fernando Vilela  desde Brasil, a catalana Carme Solé Vendrell, Machiel Braaksma desde os Países Baixos, Piet Grobler de Sudáfrica e 
Kristina Sabaite desde Lituania. A representación galega correrá a cargo de Antonio Seijas, David Pintor e do galegosuízo Marc Taeger.

O Congreso está coordinado por Xosé A. Neira Cruz e por Irene García García. O prazo para remitir comunicacións, vídeo-animacións e proxectos de ilustración está aberto até o día 12 de febreiro e a matrícula do Congreso é aberta e gratuíta até cubrir o límite de prazas. Para poder participar é imprescindible, en calquera caso, a inscrición previa antes do 10 de febreiro.

Publicado en Novas

A Sección de Literatura do Liceo de Ourense e a Vicerreitoría do Campus de Ourense organizan para os días 1, 2 e 3 de febreiro a vixésimo segunda edición dos “Encontros Literarios”, que este ano se celebrará baixo o epígrafe de “Contando historias”. Para esta ocasión contarase con tres especialistas no universo do conto: nx0woé María Merino, Camiño Noia, e Antón Riveiro Coello.

Os Encontros principiarán o mércores 1 coa intervención do escritor coruñés e académico da RAE nx0woé María Merino, quen falará sobre O conto como forma de coñecemento. Ao día seguinte contarase coa investigadora e catedrática da Universidade de Vigo Camiño Noia, quen exporá o tema Do contar da oralidade ás narracións breves de Carlos Casares. Rematarán estes XXII Encontros Literarios o limiao Antón Riveiro Coello e a conferencia titulada Contando a HISTORIA. As invencións de Clío.

As tres intervencións serán ás 20.15 h. na Aula de Cultura do Liceo de Ourense e a entrada é libre.

Estes Encontros botaron a andar no ano 1990 da man de Carlos Casares e hoxe en día conta co patrocinio da Deputación de Ourense, da Universidade de Vigo e do propio Liceo ourensán, ademais da colaboración da Fundación Carlos Casares a través da súa Cátedra no Campus de Ourense.

Publicado en Novas

O primeiro plenario de ano da Real Academia Galega (RAG) serviu para incorporar a diferentes seccións a cinco académicos novos.

A RAG ven de nomear á italiana Giulia Lanciani, catedrática de lingua e Literatura portuguesa e brasileira do Departamento de literaturas comparadas da Universidade de Roma Tre,  como académica de honra polo seu labor como investigadora e divulgadora do corpus lírico medieval galego.

Os outros catro novos académicos son Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé Henrique Costas, Gonzalo Navaza e Antón Palacio. Os catro incorporaranse á sección de lingua para traballar en temas como a toponimia, a gramática, a onomástica ou a sociolingüística.



Publicado en Novas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) ven de nomear ao escritor, ensaísta e economista nx0woé Luís Sampedro Escritor galego universal, un recoñecemento que quere destacar a aqueles autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade humana e das culturas nacionais. A AELG considera a Sampedro merecente deste galardón pola alta calidade da súa literatura -lúcida, profunda, radical e transgresora-, impregnada do insubornábel compromiso ético do autor.

A relación de nx0woé Luis Sampedro con Galicia comezou nos anos 70 a través da Agrupación Cultural Lóstrego de Madrid, da que foi presidente de honra e coa que colaborou economicamente cunha mensualidade do seu soldo de Senador por designación real nas primeiras cortes democráticas; no exercicio desta responsabilidade defendeu a inclusión do dereito de autodeterminación no texto constitucional.

A relación continuou a través da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, participando en congresos alí organizados nos anos 80.

En 1990 impartiu a lección inaugural, con título “Un humanismo para una crisis”, da segunda edición da Universidade Popular de Ortigueira, aproveitando a estadía para coñecer Betanzos (onde está soterrado un seu avó), A Mariña de Lugo e a comarca de Ortegal, visita que tivo reflexo na súa novela máis querida, Real Sitio.

Este premio, que xa recibiron Mahmud Darwich, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman e Antonio Gamoneda, será entregado no mes de maio.

Publicado en Novas

Simultaneamente á edición en castelán, e antes da mesma en inglés, publicarase en galego Diario de inverno (Galaxia), a nova novela do escritor neojersyano Paul Auster. Será o vindeiro mércores 1 de febreiro. Dende Galaxia informan que esta nova entrega de Auster terá a súa versión dixital.

Diario de inverno encaixa á perfección no que a crítica denomina "autoficción": o novelista escribe sobre si mesmo e convértese en personaxe, a súa vida queda apreixada no papel e é lida como un relato.

Auster comeza o libro con 64 anos, coa vivencia do que el chama "o inverno da vida". A partir de aí, o xogo da memoria vai ir tecendo unha narración en segunda persoa no que os pormenores da vida acaban por adquirir unha significación que, aparentemente, non tiñan. O divorcio da súa nai e a súa morte, a mocidade e as manifestacións universitarias contra a guerra do Vietnam, o case mortal accidente de coche da súa segunda muller, a escritora Siri Hustvedt, e do seu fillo, a relación cos diferentes lugares nos que viviu, a súa estadía en París... a rememoración do día a día debuxa sutilmente unha historia chea de suxestións e incitacións á reflexión sobre a ferida do tempo e a escritura.

Publicado en Novas
Martes, 24 Xaneiro 2012 09:49

Número 43 da revista Atenea

A revista Atenea, que publica o Ateneo Ferrolán, chega ao seu número 43 cunha selección dos microrrelatos enviados á súa convocatoria “Un conto de Nadal para unha nenez atea”.

Atenea, de caracter trimestral, ábrese neste novo número cun editorial que se recupera do xornal La Verdad. Foi publicado o 26 de agosto de 1899 e reflexiona sobre a separación entre o civil e o relixioso e como son esferas que non deben entrometerse unha na outra, para manter intacto o seu carácter mundano, nun caso, e espiritual, no outro.

A continuación a revista Atenea debulla algunhas das novidades da súa biblioteca-hemeroteca, entre as que se inclúe o libro “As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia”, que se presentou recentemente na cidade; ou o catálogo da exposición colectiva de debuxo “A tropa das misteriosas mans flotantes”, que se viu de maio a xullo no Centro Torrente Ballester.
Os microrrelatos de Nadal ocupan a parte central da publicación, con case unha vintena de achegas de autores entre os que figuran Alberte Momán, Arturo Lezcano, Irene Quinteiro, Moncho Iglesias, Rocío Ledesma ou Xoan Carlos Domínguez Alberte, entre outros.

Un avance da programación prevista para o primeiro terzo do ano –aínda sen ocupar a sede rehabilitada– inclúe a II Mostra de Documentais en Galego 2012, que se celebrará na capela do Torrente Ballester o 21 de marzo. Tamén proseguen os clubes de lectura.

Como remate, inclúese o comunicado que a xunta directiva do Ateneo Ferrolán fixo público cando faleceu o intelectual e empresario galeguista Isaac Díaz Pardo.

O número 43 da revista Atenea pódese descargar dende a súa páxina web (http://ateneo-ferrolan.blogspot.com).

Publicado en Novas
  •  Comezo 
  •  < 
  •  1  2  3 
  •  > 
  •  Fin 
Páxina 1 de 3