FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

AVISO LEGAL PDF Imprimir Correo-e

Condicións Xerais de Uso

 

 

 


Aviso Legal

A.DATOS IDENTIFICATIVOS

A.1. Fervenzas Xestión Cultural, S.L. (en adiante Fervenzas Literarias) é unha entidade cuxo enderezo social atópase na Rúa A Besada, 1 2ºA en Milladoiro, concello de Ames, provincia de A Coruña e con CIF B-70229968. O enderezo de correo electrónico é o seguinte: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Esta entidade atópase inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela.

 

I. DISPOSICIÓNS PRELIMINARES

I.1. Normas de contratación

O presente contrato constitúese como Condicións Xerais de Uso dos servizos ofertados por Fervenzas Literarias, estando o seu obxecto e demais condicións expostas en adiante. Para a utilización dos servizos ofertados por Fervenzas Literarias é necesario LER e CUBRIR o formulario electrónico de usuario.

I.2. Obxecto do contrato

Este contrato ten por obxecto regular as condicións de uso dos servizos ofertados por Fervenzas Literarias a través da web www.fervenzasliterarias.com (en adiante, o Website).

I.3. Partes contratantes.

Fervenzas Xestión Cultural, S.L. empresa cuxa actividade principal consiste na prestación de servizos de información cultural aos usuarios a través do seu Website www.fervenzasliterarias.com

USUARIO: Enténdese por USUARIO calquera persoa física ou xurídica, que utilice cualquera dos servizos que se ofrecen no Website.

I.4. O acceso ou a mera utilización do Website por parte do USUARIO implica o coñecemento e a aceptación por parte deste das presentes Condicións Xerais de Uso, ou das que Fervenzas Literarias teña publicadas en cada momento no que se acceda ao Website. En consecuencia, o USUARIO deberá ler atentamente estas Condicións Xerais de Uso que aparecen no Aviso Legal, non pudendo alegar, posteriormente o seu descoñecemento.

Fervenzas Literarias poderá establecer unhas Condicións Particulares de obrigado cumprimento que regulen a utilización e/ou contratación de produtos ou servizos específicos ofrecidos aos USUARIOS a través do Website. Por iso, antes de utilizar e/ou contratar ditos produtos ou servizos específicos o USUARIO deberá ler atentamente as correspondentes condicións particulares creadas a tal efecto por Fervenzas Literarias . A utilización e/ou a contratación de ditos produtos ou servizos implican a aceptación das condicións particulares que os regulen na versión publicada por Fervenzas Literarias no momento en que se produza dita utilización e/ou contratación.

I.5. Fervenzas Literarias poderá, en todo momento e sen previo aviso, modificar as presentes Condicións Xerais de Uso mediante a publicación de ditas modificacións no Website co fin de que poidan ser coñecidas polo USUARIO antes da utilización e/ou adquisición de calesquera servizos ou bens ofertados no Website.

Fervenzas Literarias fai o posible por ofrecer a información contida no Website de forma veraz e sen erros tipográficos. No caso que en algún momento se producira algún erro deste tipo, alleo en todo momento á vontade de Fervenzas Literarias procederíase inmediatamente a súa corrección en canto fora do seu coñecemento.

II.PROCESO DE ALTA DE USUARIO.

Formulario de alta

Para o procedemento de utilización dos servizos ofrecidos por Fervenzas Literarias no seu Website será necesaria a recompilación de datos persoais nun formulario electrónico de alta de USUARIO, datos que o USUARIO facilitará libre e voluntariamente, a cuxos efectos declara que toda a información fornecida é veraz, completa e precisa. Toda a información dos seus datos persoais será tratada de conformidade ao estipulado no apartado II.2 destas condicións e á Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal.

Para a utilización dos servizos, o USUARIO deberá ser maior de dezaoito anos e cumprimentar as instrucións que aparezan en pantalla.

O USUARIO debe cumprimentar o formulario electrónico de alta de USUARIO que aparecerá en pantalla, aceptalo e envialo a Fervenzas Literarias a través do Website, o cal supón a lectura e expresa aceptación de todas as presentes Condicións Xerais de Uso así como, no seu caso, das condicións particulares existentes.

A prestación do servizo entenderase realizada no enderezo de Fervenzas Xestión Cultural, S.L., situado en Milladoiro-Ames, na Rúa A Besada, 1 2ºA, provincia de A Coruña.

III.POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS

III.1 Datos persoais do USUARIO

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal 15/1999, Fervenzas Literarias, como responsable do ficheiro, infórmalle que os datos persoais que se poidan requirir como consecuencia da utilización dalgúns dos servizos ofrecidos polo Website serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados aos correspondentes ficheiros, cos niveis de seguridade necesarios, coa finalidade de manter a relación cos USUARIOS e realizar a xestión, administración, prestación, ampliación e mellora das súas actividades para ofrecer un servizo máis personalizado e eficaz. Así pois, salvo que non se autorice por parte do USUARIO de forma expresa, Fervenzas Literarias poderán proceder ao envío, por medios tradicionais e/ou electrónicos (plataformas e dispositivos de acceso, tv, telefonía móbil ou equivalentes) de aclaracións aos comentarios dos USUARIOS e información xeral, publicidade e comunicación sobre os servizos ofrecidos por Fervenzas Literarias.

Ao acceder ao Website e ao proporcionarnos os seus datos de carácter persoal, O USUARIO acepta as condicións previstas nesta política e consinte que Fervenzas Literarias realice os tratamentos previstos na mesma. De igual forma o USUARIO, no caso en que nos proporcione os seus datos persoais, está consentindo a súa transferencia e posterior tratamento nos servidores utilizados por Fervenzas Xestión Cultural, S.L.

Fervenzas Literarias comprométese a cumprir o deber de segredo establecido na lei e informa aos USUARIOS da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío da súa petición ao seguinte enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Os nosos servidores web detectan de xeito automático o enderezo IP e o nome de dominio utilizados polo USUARIO. A información obtida automaticamente polos servidores web é totalmente anónima, utilízase unicamente a efectos estatísticos e en ningún caso pode ser asociada a un usuario concreto e identificado.

Algúns dos servizos utilizan cookies para facilitar a súa navegación, polo que se ten desactivada dita opción no seu navegador é posible que o servizo non funcione correctamente.

Fervenzas Literarias resérvase o dereito a modificar a política de protección de datos para adaptala aos cambios lexislativos e técnicos existentes en cada momento.

III.2 Cesión de datos a terceiros

Fervenzas Literarias non cede os datos de carácter persoal dos seus USUARIOS a terceiras persoas con fins comerciais sen o consentimento expreso dos mesmos. Si poderá, sen embargo, revelar datos de carácter persoal para cumprir cun requisito legal, esixir o cumprimento das súas políticas, respostar a reclamacións que se refiran á vulneración por anuncios ou outros contidos de dereitos de terceiros ou para protexer os dereitos de calquera persoa ou a súa propiedade ou a súa seguridade.

Fervenzas Literarias informará expresamente ao USUARIO sobre a cesión dos seus datos de carácter persoal a terceiros, indicando a identidade dos cesionarios e a finalidade da cesión dos datos de carácter persoal.

Mediante a aceptación destas condicións, o USUARIO consente expresamente a cesión ou comunicación dos seus datos persoais a Fervenzas Literarias.


IV.BAIXA COMO USUARIO E CANCELACION DO SERVIZO PRESTADO

O USUARIO poderá darse de baixa como USUARIO ou cancelar unilateralmente o servizo contratado en calquera momento para o cal deberá comunicar a súa petición de forma clara e inequívoca a Fervenzas Xestión Cultural, S.L. ou a Fervenzas Literarias, a través dos enderezos electrónicos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou ben por correo postal no enderezo Rúa A Besada, 1 2ºA Milladoiro-Ames (A Coruña), código postal 15895.

A cancelación da prestación dos servizos contratados no suporá, en ningún momento, o reembolso dos importes que o USUARIO abonase como prezo dos mesmos. Ditos importes teñen carácter non reembolsable. Conforme á normativa vixente a natureza do produto obxecto deste contrato non permite ao USUARIO exercitar o seu dereito de desistimento unha vez contratado o servizo.

V.PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Fervenzas Xestión Cultural, S.L. informa que o Website, os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación destes elementos. Fervenzas Literarias utiliza fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e o USUARIO que utilice estes elementos debe respectar a licenza das hiperligazóns e artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias.

O USUARIO que envía información de calquera tipo a Fervenzas Literarias declara, garante e acepta que ten dereito a facelo libremente, que dita información non infrinxe ningún dereito de propiedade intelectual, de marca, de patente, segredo comercial ou calquera outro dereito de terceiro, que dita información non ten carácter confidencial e que dita información non é prexudicial para terceiros.

O USUARIO recoñece asumir a responsabilidade de calquera comunicación ou información que forneza persoalmente ou no seu nome, alcanzando dita responsabilidade, sen restrición algunha, á exactitude, legalidade, orixinalidade e titularidade da mesma.

A aceptación das presentes Condicións Particulares implica a cesión gratuíta e en exclusiva, por parte do USUARIO, para todo o mundo, pola duración máxima legal, de calquera dereito de explotación de propiedade intelectual (dereitos de reprodución, distribución, transformación, comunicación pública, etc.) ou industrial que o USUARIO puidera ostentar sobre as comunicacións que realice a través do Website. Esta cesión inclúe a facultade de cesión a terceiros e a cesión para a publicación da súa comunicación en edición dixital e en calquera outro formato.

Só os propietarios legais dos dereitos de propiedade intelectual poden informar sobre artigos ou anuncios que potencialmente infrinxen os seus dereitos. Se vostede cre que un servizo ofrecido na páxina web infrinxe os seus dereitos de copyright, marca ou propiedade intelectual, pode enviar unha notificación por correo electrónico ou correo postal ao respecto ao Website.

VI.RESPONSABILIDADES

VI.1. Exención de responsabilidade do fornecedor do servizo

O fornecedor non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran derivarse do uso da información que contén o seu Website (por exemplo, erros e omisións nos contidos ou falta de dispoñibilidade do portal), aínda que manifesta adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitar este tipo de incidencias.

O fornecedor queda especialmente eximido de responsabilidade por deficiencias de servizo imputables ao centro servidor ou a redes de conexión, e dos danos que calquera virus informático ou programa malicioso puidera causar.

O USUARIO convén en non responsabilizar ao fornecedor dos contidos volcados ou os actos cometidos por outros USUARIOS. Posto que parte do contido do Website procede doutros USUARIOS, o fornecedor non pode garantir a corrección ou exactitude dos contidos volcados nin das comunicacións emitidas polos USUARIOS, nin tampouco a calidade, seguridade ou legalidade do que se ofrece na web. O USUARIO recoñece e acepta que a utilización do Website, así como a prestación dos servizos e a adquisición dos mesmos, realízase baixo o seu enteiro risco e a súa enteira responsabilidade.

Todos os servizos que conteñan calquera elemento (artigos, palabras, expresións, actos, etc.) que non respecten as leis vixentes, a moralidade e os bos costumes ou atenten contra a sensibilidade dos USUARIOS serán eliminados do Website independentemente de calquera pago realizado polo USUARIO, sen que iso lle outorgue dereito algúns a indemnización.

O fornecedor non se responsabiliza polos danos e prexuízos de calquera natureza que se deban a:

Interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías e/ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico ou en aparellos e equipos informáticos dos USUARIOS, motivados por causas alleas a Fervenzas Literarias, que impidan ou retrasen a realización dos pedidos ou a navegación polo sitio web;
Retrasos ou bloqueos no uso causados por deficiencias ou sobrecargas de Internet ou noutros sistemas electrónicos;
Que poidan ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fora do control da páxina web e que non sexan atribuíbles ao fornecedor;
As diverxencias na información, documentación e/ou demais contidos da páxina web que puideren existir entre a solicitude do servizo e a súa versión electrónica;
A imposibilidade de dar o servizo ou permitir o acceso por causas non imputables ao fornecedor, ben sexan debidas ao USUARIO, a terceiros ou a supostos de forza maior.

O fornecedor non controla, con carácter xeral, a utilización que os USUARIOS fan dos servizos ofrecidos.

VI.2. Responsabilidade do USUARIO

O USUARIO será responsable de todos os datos, fotografías, debuxos e manifestacións que inclúa nos formularios que envíe a Fervenzas Literarias, así como do contido de calquera outra comunicación que envíe a este. O Website non ten ningunha responsabilidade sobre o contido das súas comunicación.

É obriga do USUARIO comprobar que o contido das súas comunicacións cumpre coas presentes Condicións Xerais de Uso.

É importante ter en conta que as Condicións Xerais de Uso e demais normas de contratación actualízanse con frecuencia e polo tanto cambian co tempo. O Website resérvase o dereito de decidir cando un servizo vai contra as políticas e o espírito da páxina web e, polo tanto, cando se fai necesaria a súa eliminación.

Calquera comunicación que non concorde coas políticas do fornecedor será eliminada da páxina web.

VII.OBRIGAS DO USUARIO

Con carácter xeral o USUARIO obrígase ao cumprimento das presentes Condicións Xerais de Uso, así como a cumprir todas as advertencias e instrucións contidas neste Aviso Legal e obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que goza, absteniéndose de utilizar o Website de calquera forma que poida impedir, danar ou deteriorar o normal funcionamento do mesmo, os bens ou dereitos de Fervezas Literarias, os seus provedores, o resto de USUARIOS ou en xeral de calquera terceiro.

VIII.OBRIGAS DO PROVEEDOR

Fervenzas Literarias comprométese a por a dispor do USUARIO no Website a información relativa aos produtos e servizos que Fervenzas Literarias ofrece así como a súa utilización e a enviar un correo electrónico de confirmación de recepción ao USUARIO unha vez verificada a súa correcta recepción.

IX.COMUNICACIÓNS

Aos efectos das presentes Condicións Particulares de Uso, e para calquera comunicación que sexa precisa entre Fervenzas Literarias e o USUARIO, este deberá dirixirse a Fervenzas Literarias mediante correo electrónico (enviando unha mensaxe Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ou mediante comunicación escrita dirixida a Fervenzas Xestión Cultural, S.L., sita en Milladoiro-Ames (A Coruña), rúa A Besada, 1 2ºA.

As comunicacións de Fervenzas Literarias ao USUARIO realizaranse conforme aos datos aportados por éste no formulario electrónico de contratación do servizo.

O USUARIO consente recibir comunicacións comerciais de Fervenzas Xestión Cultural, S.L. no seu correo electrónico ou por calquera outro medio, salvo que comunique que prefire non recibir ditas comunicacións. No caso de que non queira recibir comunicación comerciais, simplemente deberá seguir as instrucións que se proporcionan en cada comunicación.

O USUARIO non pode utilizar o Website ou ferramentas de comunicación para recompilar enderezos, enviar spam ou incumprir calquera das presentes Condicións Xerais de Uso ou a nosa política de privacidade. O fornecedor pode revisar ou filtrar as mensaxes dos USUARIOS para controlar as actividades maliciosas ou o contido prohibido, pero non almacena as mensaxes permanentemente. Por favor, contacte con Fervenzas Literarias para denunciar o spam realizado por outros USUARIOS.

X.RESOLUCIÓN DO CONTRATO

Fervenzas Literarias resérvase o dereito a resolver o correspondente contrato con aqueles USUARIOS que contraveñan o disposto nas presentes Condicións Xerais de Uso, sen posibilidade de reembolso en caso de efectuar algún pago. Fervenzas Literarias comprométese só a devolver o prezo do servizo prestado naqueles casos nos que a baixa do USUARIO prodúcese por mor dunha incidencia imputable a Fervenzas Literarias que éste no fose capaz de resolver.

XI.DOCUMENTACIÓN CONTRACTUAL

A documentación contractual derivada da prestación dun servizo entre o USUARIO e Fervenzas Literarias está composto polas presentes condicións xerais de uso, o formulario de alta de USUARIO enviado polo USUARIO cos seus datos persoais e de pago, prevalecendo estes sobre calquera outro acordo verbal ou escrito previo ou simultáneo.

XII.LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN

O presente contrato será interpretado e rexerase conforme á lexislación española vixente.

As partes someten aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela (A Coruña) calquera controversia que puidera derivarse da prestación dos servizos obxecto destas Condicións Xerais.

 

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3