FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

PDF Imprimir Correo-e

Os mellores do 2011. Aclaracións aos resultados



1º Tal e como se avisou antes das votacións se levou un control das IPs para que non houbera unha masificación de votos. Como o control se realiza manualmente, só eliminamos os resultados coincidentes e se mantiveron aqueles onde diferían os resultados.

2º Lóxicamente, non se contabilizaron aqueles votos sobre libros que non se publicaron no 2011.

3º No caso daqueles libros que recibiron votos en diferentes categorías, sumáronse á maioritaria os votos, sempre e cando non foran coincidentes os votos nesas categorías.

4º Tanto nas categorías de mellor escritor/a como en mellor ilustrador/a do ano non se contabilizaron os votos para autores/ilustradores non galegos.

5º Libros de literatura dramática que tamén recibiron votos en infantil. Todos eses votos sumáronse aos de Teatro (sempre e cando non coincideran nas dúas categorías).

6º No caso do libro V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico recibíronse votos destinados ao título homónimo como a Paraísos, de Xosé Manuel Pacho Blanco. Lóxicamente eses votos contabilizáronse para o título do libro.

7º Todos os votos remitidos ao libro de Pere Tobaruela Poñente pasaron á categoría de Mellor tradución para adultos, xa que este libro é unha tradución.

8º En Fervenzas Literarias non reproduciremos nin insultos nin descalificacións a algúns dos referidos na sección de O peor do 2011.



 

AXENDA

Maio 2012
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3