| Presentación de Bretemada en Compostela |
|
|
|
Xoves, 23 Febreiro 2012, 20:00
|
|
O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía (Avda. de Castelao, s/n) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle ás 20.00 h. unha nova presentación de Bretemada (Alvarellos), o libro de poemas inédito de Gonzalo López Abente.
Neste acto de presentación intervirán Juan José Casares Long, Reitor da USC e Patrón da Fundación; X. H. Rivadulla Corcón, Vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente; Xosé Manuel Salgado, profesor de Literatura Galega da USC; Henrique Alvarellos, editor; e Miro Villar, responsable da edición de Bretemada e Patrón da Fundación. |
Atrás
|