Literatura galega na web dende 2007
|
Sherezade. Novos relatos de pensamento creativo |
|
|
|
Categoría:
Literatura Infantil e Xuvenil
Autor:
Carlos L. Medrano
Editorial: 3C3 editores
Páxinas: 123
Prezo: 17 €
Rango de idade: Xuvenil
Ano: 2011
|
|
Resumo
Publicado por Redacción
Nunha introdución, o autor refire a historia da Sherezade de "As mil e unha noites" para comentar logo que no 1998 o matemático e lóxico Raymond Smullyan publicou "O enigma de Seherezade", no que retomou a historia clásica. Segundo el, canso o rei Sharian dos relatos de Sherezade, decidiu executala, pero ela loitou pola súa vida propoñéndolle ao rei mil e un enigmas, un cada noite. O libro é, por iso, tamén unha homenaxe ás dúas Sherezade, a clásica e a de Smullyan. Na liña de Esfinxe, o libro componse de cincuenta enigmas ordenados segundo o grao de dificultade: fáciles, medios, difíciles, moi difíciles e diabólicos. Variados nos lugares, épocas ou personaxes (dende un xeneral do exército imperial romano a unha misteriosa intelixencia alieníxina...), tamén é diversa a súa natureza: uns conteñen crebacabezas de razoamento lóxico e dedutivo, outros xorden de problemas de matemática recreativa, hainos que se basean en xogos lingüísticos e outros desenvolven curiosos enredos de pensamento lateral (nos que cómpre buscar solucións imaxinativas fóra do razoamento lineal); algúns dos relatos son clásicos e coñecidos, mentres que outros son propostas novas. Supoñen, todos eles, un desafío que pon a proba a atención, a lóxica, a intuición e a imaxinación. A edición incorpora as solucións ao final, que cómpre mirar no espello. |
|