Literatura galega na web dende 2007
|
Jack e a Morte |
|
|
|
Categoría:
Literatura Infantil e Xuvenil
Autor:
Tim Bowley
Editorial: OQO Editora
Páxinas: 32
Prezo: 14,50 €
Ilustrador: Natalie Pudalov
Rango de idade: Infantil
Ano: 2012
|
|
Resumo
Publicado por Redacción
Jack e a Morte é unha versión do conto tradicional británico A morte atrapada nunha noz, creada polo prestixioso narrador Tim Bowley, que xa percorreu Europa e América enfeitizando o público coas súas historias. Jack, ás veces coñecido como Jack o Matador de Xigantes, é un trickster. Os trickster, tamén chamados moinantes ou pillos, son personaxes relacionados coa mitoloxía e a tradición oral de moitas culturas, e caracterízanse por ser pícaros e transgresores. Trátase de personaxes en aparencia simples que, dalgún modo, ao desobedeceren as regras establecidas, desencadean algunha desorde. As estrañas situacións ás que nos levan as súas historias axúdannos a comprender mellor a natureza e o comportamento do ser humano. O esforzo de Jack por se desfacer da Morte ocupa parte importante da trama, mais, en contraste con outros contos nos que a morte se presenta coma un castigo ou un final fatal para personaxes negativos, aquí aparecerá como algo inherente á existencia, o que lle outorga un carácter sereno e tranquilo. Tim Bowley remarca a idea de presentar a morte non como inimiga da vida, senón como a outra cara dunha mesma moeda: unha non existiría sen a outra.
|
|