Literatura galega na web dende 2007
|
Almanaque musical |
|
|
|
Categoría:
Literatura Infantil e Xuvenil
Autor:
Antonio Rubio
Editorial: Kalandraka
Páxinas: 32
Prezo: 13 €
Ilustrador: David Pintor
Rango de idade: Infantil
Ano: 2012
|
|
Resumo
Publicado por Redacción
“Almanaque musical” contén doce poemas, un para cada mes do ano, nos que o fío condutor é a música clásica, cos intérpretes dunha peculiar orquestra de intrumentos de corda. Os versos de Antonio Rubio evocan o tempo, o pentagrama, a batuta, a ritmo de valse e alalá, sinfonía, tocata e romaría. Cos seus inseparables violíns, violas e violonchelos, e elegantemente conxuntados, os músicos que retrata David Pintor adoptan posicións e situacións divertidas, fóra do habitual contexto dunha sala de concertos. Uns de aparencia humana e outros do reino animal, forman un grupo fantástico que para si quixeran os mellores compositores. O álbum complétase cunha relación escrita de pezas de Vivaldi, Bach, Mozart, Beethoven, Mendelsshon, Brahms, Chaikovski, Sibelius, Prokofiev, Alban Berg, Béla Bártok, Boccherini, Haydn e Dvorak, que conforman o repertorio ideal para amenizar a lectura poética e visual. |
|