Literatura galega na web dende 2007
|
A árbore tan pouco árbore |
|
|
|
Categoría:
Literatura Infantil e Xuvenil
Autor:
Miguel A. Pérez Arteaga
Editorial: OQO Editora
Páxinas: 40
Prezo: 13,50 €
Rango de idade: Primeiros lectores
Ano: 2012
|
|
Resumo
Publicado por Redacción
Hai selvas-illa, selvas-montaña e selvas-trampolín. En cada selva, claro, hai un lobo. Entre Cambrils e Mont-roig, en Tarragona, hai unha praia agochada; para chegar onda ela hai que pasar por unha corga e por unha praia de grandes pedras. Entre esas penas acumúlase o lixo que trae o mar: caixas de peixe do peirao máis próximo, aramios enferruxados, latas, anacos de madeira das árbores que arrastran as riadas… De aí parte Miguel A. Pérez Arteaga para crear este álbum singular. “Os materiais que atopo na praia fanme pensar en África” –di Miguel Ángel. Por iso, o autor escolleu ilustrar unha antiga fábula africana. Pensando nos materiais dos que dispón, modifica a narración, acurta os diálogos e constrúe os espazos, creando un ambiente poético e inspirador. Nel atópanse unha árbore que fala e un lobo que se cre moi listo, nunha historia que representa a figura universal do burlador burlado: o lobo persegue alces e caribús nunha carreira sen fin, de selva en selva, ata que cae na súa propia trampa. Miguel A. Pérez Arteaga crea escenas como escusa para xogar cos tesouros que lle ten agasallado o mar, e compón unha especie de teatro de peto, polo que pasan os personaxes como nun vello filme de cinema mudo. Os personaxes principais, elaborados con cartón reciclado, son como actores diante dun decorado de madeira. As illas trampolín ou as illas montaña, á súa vez, nacen dos propios obxectos. Os elementos funcionan a modo de crebacabezas que se ordena en diferentes combinacións. Co uso de obxectos de refugallo, o autor busca educar e desenvolver a sensibilidade artística e creativa, fomentar o amor polo reciclado, polo imperfecto, e motivar os lectores para construír as súas propias historias. |
|