|
Na praia, na montaña, no parque, no bosque,
no río, na piscina, no sofá, na aldea, no estranxeiro, debaixo dunha árbore, no
céspede, no Festival de Ortigueira, con música, en bikini, de noite, na
cafetería, en Lugo, á sombra ou ao sol, na rúa, en Chantada, na casa,
relaxado... O tempo estival é ideal para gozar de boas lecturas durante o
período vacacional. Ao longo dos últimos seis meses amosámosvos no Andel e na
Biblioteca Máxica algunhas das novidades máis interesantes coas que nos
agasallaron @s nos@s autor@s neste tempo. Engadimos tamén outros libros de
indubidable interese para acompañar estas datas de descanso. Agardamos que as
gocedes!!!!!!.
|