índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

 

Notas aclaratorias aos resultados da votación


 

 

 

 

1º O reconto de votos realízase manualmente, polo tanto, decatámonos do envío de respostas masivas onde o único que cambia é o nome do remitente. Polo tanto, as respostas obtidas a través de estes envíos masivos e fraudulentos non foron tomadas en conta.

 

2º Lóxicamente, non se contabilizaron aqueles votos sobre libros que non se publicaron no 2009.

 

3º Tanto nas categorías de mellor escritor/a como en mellor ilustrador/a do ano non se contabilizaron os votos para autores/ilustradores non galegos.

 

4º O libro Memorias dun ninguén obtivo votos tanto na categoría de narrativa, como na de ensaio. Ao ser esta segunda maioritaría, arrastrou os puntos obtidos de narrativa.

 

5º Algúns libros de literatura dramática, especialmente os de infantil, algúns deles obtiron votos tanto en Teatro como en Infantil. Todos os de infantil sumáronse aos de Teatro (sempre e cando non coincideran).

 

6º Algúns libros obtiveron votos tanto en Xuvenil como en Infantil. Os da categoría menor sumáronse á categoría de maior votación (sempre e cando non coincideran os votos).

 

7º No apartado Mellor do 2009, baixo o epígrafe de Defensa do galego por parte da sociedade agrupáronse os votos que, aínda que non coincideran ao cen por cen, si que o facían no fondo.

 

8º En O peor do 2009, na Consellería de Cultura e Turismo agrupáronse os votos recibidos como Consellería en si mesma, política cultural da Consellería de Cultura, etc...

 

9º En Librarías, a Casa del Libro recibiu votos como Casa del libro, Casa del Libro de Vigo e Casa del Libro da Coruña, todos eles sumáronse a Casa del Libro.

 

10º En Medios de comunicación, Vieiros recibiu os votos contados como Vieiros e como Cartafol de Libros.