|
|
Makinaria / Carlos Negro Xerais
«Makinaria cheira a música a todo volume, a ritmo marcado e persistente, a letras de cancións, susceptibles de seren declamadas ou berradas, a makina e hip hop, a coches maqueados, a velocidade, a goma de pneumático queimada.» «[Poemas] que desobedecen as formas canónicas recorrendo na meirande parte dos casos a series de versos nas que prima o ritmo sobre a rima e a medida canónicas; unha anarquía tamén visible na disposición gráfica.» «Makinaria: nin difícil, nin aburrido. Accesible, necesario para diversificar o panorama poético, breve, espido de concepcións idealizadas para tratar a dor, a angustia, o medo, a morte, o perigo de queimalo todo axiña. Nada trivial, pois fala da vida e da morte, e aberto a interpretacións e reflexións.»
Visto en: Lg3 | Isabel Soto
«A fórmula escollida por Carlos Negro consiste en presentarlles a estes lectores mozos unha historia. De xeito que o que se le, lese en versión poética, porque o autor así o decidiu.» «[...] unha historia que berra con insistencia por unha versión musical, e xa será raro lela sen que que unha versión hip-hopeira nos revoe pola cabeza. Sobre todo nos poemas rimados, poemas de rimas nada complexas, que están aí para lembrar que o que se le é poesía» «Que é o que se busca? Que o verso entre como inxección en vea e identifique o lector co mundo en que vive, e lle prenda a adicción a este xénero tan novo para uns adolescentes que en principio están máis afeitos á narrativa»
Visto en: A Nosa Terra | X.M. Eyré
|