Reseñas
|
|
Sígueme! / José Campanary, il. de Roger Olmos [trad. de Marisa Núñez] OQO Editora
«Nada detén ao elefante gordo e gris protagonista de Sígueme!, [...] nun volume certamente interesante, onde se combina de forma harmónica a temática con aspectos formais e plásticos nunha especie de simbiose positiva e tremendamente enriquecedora para os receptores, sexan estes activos na lectura ou meros oíntes» «Os personaxes -un elefante e unha formiga- protagonizan unha aventura que é quen de cambiar as relacións entre determinados seres vivos e amosar que é posible o imposible, que a loita paga a pena e que non hai paso estreito que non se poida atravesar» «O humor [...] vén da man de asociación inusuais, de relacións que, en principio, non son posibles e do xogo de imaxes que, a miúdo establece cos sentimentos e que dan como resultado unha historia divertida, entrañabel e tenra»
Visto en: Faro da Cultura | María Navarro
|
|
|
Disidencia ferida / Xabier Alcalde Xerais de Galicia
«Un libro no que recupera as esencias mesmas do existencialismo máis agudo. Hai unha obsesión neste ensaio pola dor, angustia e soidade como elementos que están na vida e que hai que asumir como propios, cos que hai que convivir e, incluso, sacar ensinanzas deles» «En Disidencia ferida a lingua é unha fervenza que se deixa levar polo pensamento. Se un concepto está na cabeza do autor con claridade non haberá pausa que se interpoña até a finalización da reflexión
Visto en: Cartafol de Libros | Heitor Mera
|
|
|
Armas para a República / Xosé Manuel Suárez Edicións Émbora
«O Mar Cantábrico […] era un dos mercantes que o Goberno da República empregou durante a Guerra Civil para transportar armas desde América a España. En marzo do 37 […] o cruceiro Canarias o detivo e foi levado a Ferrol, onde se descargaron as armas. A meirande parte da tripulación, foi fusilada […] e o resto foron condenados a cadea perpetua» «O historiador Xosé Manuel Suárez artellou unha narración […] necesaria, pois ata agora non se tiña escrito monográficamente sobre o tema» «O autor entrevistouse con familiares dos fusilados e condenados […] dando ao prelo un libro que engaiola e, ao mesmo tempo, produce tristura pola dureza dunha guerra fraticida»
Visto en: La Voz de Galicia | Carlos Fernández
|
|
|
O home inédito / Carlos G. Meixide Ediciós da Rotonda
«O vello tema do emigrante galego que fracasa na aventura de ultramar aparece aquí baixo unha nova ollada, humorística e irreverente, afastada dos sentimentos e os resentimentos tópicos.» «Coma en todo relato de humor, a intrascendencia solapa un trasfondo crítico, e o autor semella darse xeito para “retratar co oído” estas novas xentes de acá e acolá.» «Edicións da Rotonda [...] presenta agora nas librerías esta simpática e descarada novela de Carlos G. Meixide (A Coruña, 1977), cuxa primeira versión, dixital, goza dun apreciable éxito de lectores.»
Visto en: Faro da Cultura | Dolores Martínez Torres
|
|
|
Se algún día esta muller morta / Miguel Sande Editorial Galaxia
«Miguel Sande [...] xunta o testemuño (o relato é a historia dunha muller suicida que sufriu o maltrato do marido durante dezaseis anos) co experimentalismo, xa que os monólogos da muller maltratada, que aparecen na primeira parte da novela, contrastan coa visión que desa mesma muller e dos lugares que percorre nos ofrece un narrador obxectivo en terceira persoa» «Acerto do autor é non dar información elaborada nin ordenada. Será o lector o que, segundo vaia lendo, recompoñerá a historia, enchendo baleiros. Xa que logo, o novelista pensa nun lector maduro e activo, como debe ser o lector da novela moderna.»
Visto en: Cartafol de Libros | Manuel Rodríguez Alonso
|
|
|
Xerais de Galicia
«Facer hoxe poesía política, como digo, non é algo –valla a redundancia– políticamente correcto, o que de entrada xa nos merece un interese aos que vamos, ou quixeramos ir, contracorrente. Facer poesía política hoxe é algo extraño cando o que conta é a rosa, e Daniel Salgado nalgures do seu novo libro de poemas, “Éxodo” (Edicións Xerais, Vigo, 2006) fala con ironía deste asunto floral» «“Éxodo”, en fin, é un memorial de agravios, e unha (modesta) proposición para poñerlles couto» «Vexo neste libro unitario a lección ben aprendida de Méndez Ferrín, outro poeta que se move contra vento e maré”»
Visto en: Nordesía | Vicente Araguas
|
|
|
Rinocerontes e quimeras / Marcos S. Calveiro Tambre-Edelvives
«Marcos S. Calveiro repite editorial e colección na súa segunda achega á narrativa xuvenil, “Rinocerontes e quimeras” [...]. Nesta ocasión volvemos atopar un requintado texto, insólito entre os produtos que adoitan destinarse á mocidade» «Integran a historia 22 capítulos titulados que alternan episodios, temporalidades, escenarios e voces ben diversas» «Estamos perante unha “arañeira de mundos”, diálogos e referencias entretecidas [...] que configuran, amais dunha liña interesante na literatura xuvenil galega, un mundo narrativo que o autor manexa con acerto e do que agardamos con impaciencia novas entregas»
Visto en: Lg3 | Isabel Soto
|
|
|
A ponte sobre o Drina/ Ivo Andric [trad. Jairo Dorado] Rinoceronte Editora
«Ivo Andric -escritor en lingua serbia, premio Nobel en 1961- converteu en indiscutible protagonista desta crónica que abrangue case catro séculos da historia de Bosnia-Herzegovina, dende o 1516 ata o estourido da Primeira Guerra Mundial.» «O autor presenta con amorosa lucidez e sentido crítico, sen sentimentalismo nin parcialidade, unha historia sobre o destino tráxico da humanidade, que se perpetúa a través do tempo, e que, como as cancións e as lendas dos herois, pasa de bando a bando e sempre semella ser a mesma, a prolongar así a ilusión de que a vida sempre continúa, sempre igual e sempre diferente»
Visto en: Faro da Cultura | Dolores Martínez Torres
|
|
|
Diario do impostor / Héctor Carré Xerais de Galicia
«Carré analiza o mundo do cine con moita ironía e acidez, [...] estamos perante a novela dun namorado da sétima arte» «O máis interesante da novela [...] é a visión que nos ofrece da rebotica do cine, dos profesionais que a maior parte dos espectadores non coñecemos nin valoramos» «Este Diario dun impostor anuncia un novelista que non vai ser ningún impostor e que, como lle acontece ao protagonista Onofre, mellorará nas futuras obras.»
Visto en: Cartafol de Libros | Manuel Rodríguez Alonso
|
|
|
O viño, a viña e a bodega na sabedoría popular / Edelemiro L. Mateo García Ir Indo Edicións
«Estamos diante [...] dun traballo que considera o viño como “parte substancial e inalienable do noso ´imaxinario social´, dos nosos mitos fundadores”» «A conciencia de que o que realmente existe non é unha pretendida cultura do viño” [...], senón dunha expresión cultural que vén ser o resultado dunha evolución histórica das relacións entre as sociedades humanas. Velaí, polo tanto, o punto esencial de partida para poder comprender realmente o propósito do autor: símbolo profundo do propio devir humano e noticia dun sentir colectivo que se transmite a través dos séculos en diferentes manifestacións, sexan estas pictóricas, literarias, musicais...» «Estamos, entón, diante dun volume que é necesario ler e degustar amodo, sen présas; como o propio viño que propicia as páxinas que o compoñen»
Visto en: Faro da Cultura | Lucía Seoane
|
|
Reseñas de abril |
|
Perfume. Historia dun asasino, O
|
|
Reseñas de marzo |
|
Letras de cal na produción poética galego dos 90 República y republicanos en Galicia
|