índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                 

                        

 

Reseñas


 

 

 

Acio sanguento

Acio sanguento / Carlos Freire Cordero

Xerais de Galicia

 

«Acio sanguento, gañadora do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia 2005 [...] acerta a combinar a boa intriga dun relato que bebe da serie negra norteamericana dos comezos do século pasado, cunha coidada e moi ben pensada construción da trama, con diálogos áxiles e cun asasino con toda unha filosofía de actuación»

«[Unha] complexa e pouco usual construción argumental e [unha] lograda ambientación [...] descobre a Freire coma un magnífico (re)creador de ambientes, mais tamén coma un verdadeiro ilusionista do xénero.»

 

Visto en: Faro da Cultura | Montse Pena Presas

 

A casa dos encontros

A casa dos encontros / Martin Amis [trad. Eva Almazán]

Editorial Galaxia

 

«Grande parte da trama d’A casa dos encontros acontece nun gulag estalinista perto do Ártico, nunha situación, que aínda contando coas atrocidades que a acompañan, semella máis un proceso frío e desapaixonado no que as persoas son arrastradas, sen unha intención ou obxectivo claros, cara as estremas da súa propia humanidade»

«A narración (ou a súa tradución) é sobradamente vigorosa como para enganchar profundamente ao lector, e facer que se revolva por dentro. Non permanecerá allea a conciencia de ninguén ante a crueldade das penas arbitrarias, o aínda máis desacougante desapaixonamento dos torturadores, ou a naturalidade coa que as agresións son asumidas dentro dunha lóxica interna perversa inherente a todo presidio»

«A ollada dos personaxes de Amis é unha ollada chea do orgullo inicial de pertencer ao grande proxecto da Unión Soviética, endurecida pouco a pouco polas súas propias e recoñecidas brutalidades»

  

Visto en: Cartafol de libros | Mario Regueira

 

New York, New York

New York, New York / Inma López Silva

Editorial Galaxia

 

«Un diario, mestura de ficción e realidade, que naceu […] como un blog no que pretendía colgar as súas sensacións aos colegas durante a súa estadía en Manhattan»

«Inma López Silva enfía un diario-relato un tanto snob dirixido cun punto de chica cosmo, coa frescura que dá escribir das sensacións que xorden do cotián»

«New York, New York é un canto con encanto á cidade dos rañaceos, un agradable paseo pola Quinta, o sabor dun bagel á beira de Central Park...»

 

Visto en: La Voz de Galicia | Sandra Faginas

 

O alento da musa

O alento da musa / Alberte Momán

Difusora de Letras, Artes e Ideas

 

«A novela, reflexo dunha sociedade deshumanizada, rexida polo consumo e a soidade máis absoluta, móstrase tan real que calquera lector pode sentirse nalgún momento identificado cos pensamentos dos seus protagonistas, os cales van prestando a súa voz para compoñer, a modo de quebracabezas, a historia íntima da protagonista»

«A vida mesma, non máis, gardada entre as tapas laranxas deste libro»

«A edición, preciosa, da Difusora das letras acompaña aínda un último regalo: o pequeno caderno de versos Déixanse levar, mostra da poética deste escritor que nunca descansa»

  

Visto en: Sonotone | Maríademallou

 

Perfís e poéticas

Perfís e poéticas / Ánxeles Penas

Baía Edicións

 

«En Perfís e poéticas a inocencia ou a inxenuidade, a bondade e xenerosidade percorren toda unha traxectoria poética que, sen ser de grande sona, é de fonda autenticidade e sinceridade»

«Hai en Perfís e poéticas un exceso de erudición. Decatámonos do gran coñecemento lector da autora, vemos un gran fondo intelectual e, consideramos que unha alma soñadora que procura dar renda solta a toda esa enerxía que ten dentro de si. Mais non é dun xeito excesivamente acertado»

«Ler este Perfís e poéticas é como ler a poética das intencionalidades líricas sen acadar obxectivo nin afondamento»

 

Visto en: Faro da Cultura | Héitor Mera

 

As máscaras de Cronos

As máscaras de Cronos (Poemas 1994-2005) / Ramón Caride Ogando

Xerais de Galicia

 

«No caso Caride, aparece agora un tomo ben comprido, “As máscaras de Cronos. Poemas 1994-2005” (Edicións Xerais, Vigo, 2006), para deixar as cousas no seu sitio, recollendo toda a poesía escrita polo ourensán agás os seus dous primeiros libros, “Paisaxe de verde chuvia” (1986) e “Tudo quanto há no mundo” (1989), desbotados para este volume polo seu autor como “obras de aprendizaxe”.»

«A circunstancialidade, mesmo a emerxencia (caso “Prestige”, por exemplo) non evitan que o rigor, a música, o senso poético de Caride Ogando xordan unha e outra vez, nun exemplo transparente do que pode a autenticidade»

  

Visto en: Nordesia | Vicente Araguas

 

Brookliyn Follies

Brooklyn Follies / Paul Auster [trad. Eva Almazán]

Editorial Galaxia

 

«Nestes Viaxes no scriptorium debemos abandonar a sorpresa do cotiá que nos regalou o seu autor no exitoso (tamén na versión galega, o libro máis vendido da súa editora en 2006) Brooklyn Follies, para introducirnos no universo pechado e abafante dun cuarto. Un cuarto en que só se atopa o protagonista, o señor Blank, e un par de obxectos máis entre os que hai un manuscrito, que poderemos ir coñecendo á par do personaxe principal.»

«Cando a lectora ou lector comece a trenzar os fíos que Auster deixa habilmente soltos, o goce experimentado, resultante de saberse partícipe no xogo, será tamén moi elevado.»   

«Estas Viaxes poden lerse, perfectamente, de xeito independente. Alén diso, a mellor das sopresas está no remate. O scriptorium garda no seu interior o libro dentro do libro, case de xeito infinito.»

 

Visto en: Faro da Cultura | Montse Pena Presas

 

A lagoa das nenas mudas

A lagoa das nenas mudas / Fina Casalderrey

Xerais de Galicia

 

«Cos fíos da realidade, Fina Casalderrey tece unha vez máis unha historia adobiada de matices líricos na que desprega moitos elementos recorrentes na súa obra»

«Altérnanse así a narración descritiva e esquemática da terceira persoa, apoiada por diálogos ben artellados, e o discurso epistolar da protagonista, unha nena nixeriana chamada Amina Nwapa que deixa África con súa nai e se instala en Galicia. Ambas as perspectivas achéganse aos problemas dos inmigrantes [...], boa parte suxeridos recorrendo a breves referencias que van moito máis alá do que din»

«“A lagoa das nenas mudas” reúne, pois, as características dos relatos que proporcionan pracer literario e ao mesmo tempo levan á reflexión»

  

Visto en: Lg3 | Isabel Soto

 

O perfume. Historia dun asasino

O perfume. Historia dun asasino / Patrick Süskind [trad. Luis Fernández Rodríguez]

Sotelo Blanco

 

«A obra non ten outra pretensión que a de contar ben unha historia, sen deixar ocos baleiros, procurando intrigar e entreter ao lector»

«Tense acusado moitas veces a esta obra de ser un best-seller máis [...]. Obviamente O perfume ten todas as características dun best seller, pero non é un best seller máis, senón un ben escrito. Apesar de que xa ten un tempo, a súa publicación na nosa lingua posibilitará o achegamento de novos lectores e contribuíra sen dúbida a crear hábitos de lectura, especialmente entre a xente nova»

  

Visto en: Cartafol de Libros | Mario Regueira

 

Vidas exemplares

Vidas exemplares / Uxía Casal

Xerais de Galicia

 

«Debo dicir que este libro de relatos de Uxía Casal (Santiago de Compostela, 1957) si que consigue criar atmósferas un chisco desacougantes [...] actuando entón o desasosego como placebo eficaz do terror»

«Todo moi singular, moi friqui -entre o humor vitriólico e o desacougo fantástico- para desfrutar a modiño aínda que o medo, o terror, non se deixe ver»

  

Visto en: Nordesía | Vicente Araguas

 

 

 

 

Reseñas de marzo

Casa da paixón, A

Casa Pechada

Club da calceta, O

Cristal da sede, O

Horas de María, As

Letras de cal na produción poética galego dos 90

Limpeza de sangue

Obra galega

Palabras contadas

República y republicanos en Galicia