Rapaces
|
» XXV anos de poesía no IES María Soliño de Cangas » O coelliño branco, galardado no XII Premio Nacional Un Libro per L'Ambiente » Espazo Lectura organiza a III Noite na Biblioteca » Marcos Calveiro engade unha ozca máis a súa pluma co Raíña Lupa » Kokoriko, mellor libro para os estudantes da Federación de Ikastolas de Eukal Herria
|
|
|
XXV anos de poesía no IES María Soliño de Cangas
O Certame de Poesía do IES María Soliño comezou a súa andaina en 1985 e foise consolidando no panorama da poesía dos e das primeiras poetas. Son 25 anos de poemas en lingua galega, varios centos de textos que conteñen en si mesmos un valor extraordinario, e non só o puramente literario, porque son o testemuño da procura da palabra precisa, da expresión exacta para dar conta do que os sentidos e o corazón intuíron e se fai inevitable comunicar.
O libro que hoxe se presenta contén, ademais, textos de persoas que ao longo destes vintecinco anos colaboraron co Certame como xurados, como Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Manuela Álvarez Lozano, Anxo Angueira, Beatriz Dacosta, Marta Dacosta, Eduardo Estévez, Ramiro Fonte, Carlos Freire, Santiago Freire, Bernardino Graña, Henrique Harguindey, Maite Hernández, Emilio Insua, Mª do Carme Kruckenberg, María Lado, Xosé Martínez, Heitor Mera, Xosé Manuel Millán, Lucía Novas, Elvira Riveiro, Carlos Solla, Paco Souto, Vazquez Pintor e Rafa Villar. Esta presentación será o punto de partida para unha serie de actos que se pecharán o día 23 coa entrega dos premios do vinteseis certame. Entre eses actos, unha exposición dos poetas dos xurados, un recital- homenaxe a Ramiro Fonte e Xela Arias que tamén, no seu día, colaboraron como xurados, e un recital do grupo de poetas do María Soliño.
|
O coelliño branco, galardado no XII Premio Nacional Un Libro per L'Ambiente
Este premio está organizado por Legambiente e La Nuova Ecología, coa colaboración de institucións públicas e organizacións sociais de Italia. Un xurado formado por expertos selecciona seis libros por categoría, os cales son xulgdos nunha segunda fase por nenos e nenas de entre 8 e 14 anos. Son eles os que decretan a avaliación final nas aulas, votan e entregan os premios aos autores. Sen embargo, no caso da categoría Coherencia Gráfica-Texto o premio outórgao un xurado de especialistas, que destacou de O coelliño branco a frescura e a solidez artística do álbum sobre a clásica historia dun personaxe tiránico, a vítima das súas falcatruadas e un minúsculo heroe que fai xustiza.
|
Espazo Lectura organiza a III Noite na Biblioteca
O programa desta III Noite na Biblioteca está dividida en dúas partes: a primeira delas, aberta a todo os públicos, constará dun percorrido de contas por distintas prazas de Gondomar e un concerto de Almudena Janeiro sobre 'Contos en cantos'.
A segunda parte, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos, desenvolverase na Casa da Cultura de Gondomar onde, a partires das 21.30 h., principiará unha chea de actividades relacionadas co libro e coa lectura, que se prolongará ao longo da noite.
Hai 30 prazas e terán preferencia os fillos e fillas de socios/as de Espazo Lectura e os nenos e nenas que participaron ao longo do curso nas nosas actividades de fomento da lectura (Contomar e Lendo Contigo). Aqueles pais interesados en que os seus fillos ou fillas queden a durmir, teñen que mandar un correo electrónico ao enderezo de Espazo Lectura ou chamar ao 619 292991 antes do día 15 de xuño.
[Programa completa na web de Espazo Lectura]
|
Marcos Calveiro engade unha ozca máis na súa pluma co Raíña Lupa
O xurado, formado polo editor Alfonso García, a escritora e secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas, a directora do Servizo de Bibliotecas do Concello da Coruña, Elena Pernas e o gañador da anterior edición do premio "Raíña Lupa", Carlos López, e a crítica de arte, Isabel Soto, destacou entre as 34 obras presentadas este Centauros do Norte pola "perfecta imbricación de literatura e historia" no texto e na "coidada prosa, cunha estrutura moi ben artellada".
Isabel Soto afirmou que a obra, ambientada en México en tempos da Revolución, "conta cun excelente fondo histórico no que un rapaz de dezasete anos, Rafael Espinosa, vivirá un periplo de aventuras, experiencias e maduración persoal" e presenta unha "interesante combinación" na que se mesturan personaxes reais e imaxinarios "moi ben definidos", como o propio Rafael Espinosa, Pancho Villa, Raoul Walsh ou Tina Modotti.
Tras unha curta pero exitosa carreira literaria, Marcos Calveiro é actualmente un dos escritores máis importantes do país, con varios premios no seu haber, ainda que, como subliñou Fernández Moreda, presidente provincial "este é o primeiro premio que recibe en Galicia".
No transcurso da comunicación, o comisario do certame, Xavier P. Docampo, tivo un "recordo emocionado" para Juanjo Gallo, xefe do Gabinete de Prensa da Deputación durante 21 anos, na sala de prensa que leva o seu nome, e subliñou que "aínda que este é o primeiro premio que o autor recibe en Galicia, toda a súa obra está escrita en galego".
|
Kokoriko, mellor libro para os estudantes da Federación de Ikastolas de Eukal Herria
Esta adaptación de Marisa Núñez dun conto birmano, con imaxes da recoñecida ilustradora austríaca Helga Bansch, está editada por OQO editora en galego, catalán, castelán, éuscaro, portugués, francés e coeditado en italiano con Logos. A adaptación ao éuscaro correu a cargo de Arkaitz Goikoetxea.
|
|
RECURSOS
|
|
LIGAZÓNS
|
|
MESES ANTERIORES
|
| BIBLIOTECA MÁXICA |
|
Prelectores |
|
Matías, un pito de campionato |
|
Infantil
|
|
Alicia no País das Marabillas |
|
Xuvenil
|
|
Mamed Casanova, o fillo da furia
|