Rapaces
| » O león Kandinga premiada nos CJ Picture Awards » OQO Editora da o salto á producción audiovisual con OQO filmes » Libros galegos nunha das feiras do libro infantil e xuvenil máis importantes do mundo » Ás de bolboreta e O último canto, nos White Ravens 2010 » Ferrol homenaxea ao seu fillo Juan Farias cunha exposición » A ilustración de Xosé Tomás, na revista taiwanesa DPI Magazine » Agustín Fernández Paz e Ignacio Chao na Lista de Honra do IBBY 2010 » O mércores 4 de marzo bota andar o Proxecto Toromelos da Fundación Carlos Casares e a ESAD
|
|
|
O león Kandinga premiada nos CJ Picture Awards
O Picture Book Festival é un dos acontecementos máis importantes a nivel mundial en canto a literatura infantil e xuvenil se refire. Organizado pola organización sen ánimo de lucro CJ Culture Foundation e cun xurado internacional formado por editores, ilustradores e especialistas, premia cinco obras nas categorías 'Novas publicacións' e 'Ilustradores'.
A organización do certame vén de participar na Feria Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, cun stand no que amosou as obras premiadas.
|
OQO Editora da o salto á producción audiovisual con OQO filmes
No marco da Feira de Bologna asinouse un acordo de distribución coa distribuidora Imagina International Sales, que se encargará de mover os produtos de OQO no mercado nacional e internacional. O primeiro produto audiovisual de OQO filmes que se distribuirá será a serie de animación infantil Os contos do camiño, unha serie de 26 capítulos de dez minutos de duración cada un con historias independentes inspiradas en contos de tradición oral de diferentes culturas e en textos contemporáneos de referencia escolmados entre o centenar de títulos de OQO editora.
|
Libros galegos nunha das feiras do libro infantil e xuvenil máis importantes do mundo
A Asociación Galega de Editores e a Consellería de Cultura e Turismo compartirán stand propio no que se mostrarán as novidades editoriais galegas e darase a coñecer a obra dos autores galegos. Nesta ocasión, serán 17 as editoriais galegas as que expoñan os seus produtos no Stand de Galicia: Kalandraka (inclúe Factoría K), Everest Galicia, Rodeira, Baía, OQO, A Nosa Terra, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Nova Galicia, El Patito Editorial, Sotelo Blanco, Tambre, Biblos Clube de Lectores, Obradoiro - Santillana, Galaxia, Primera Persona, Toxosoutos e Xerme. Pola súa banda, OQO e Nova Galicia disporán de stand propio.
En Bologna tamén participarán unha importante selección de escritores e ilustradores do país. Os escritores Antonio García Teijeiro e Fina Casalderrey participarán no stand de Galicia para participar en diversas presentacións con axentes e editores de diversos gremios e asociacións europeas. Asemade, asistirán os ilustradores David Pintor, seleccionado pola organización da feira para a mostra de ilustradores e Manel Craneo proposto pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).
Entre os actos previstos o día 24 haberá neste stand unha xuntanza de editores galegos con outros europeos (Hungría, Polonia e Eslovenia) para o intercambio de dereitos.
|
Ás de bolboreta e O último canto, nos White Ravens 2010
Ás de bolboreta (Xerais) de Rosa Aneiros e O último canto (OQO) de Pablo Albo e ilustrado por Miguel Ángel Díez son as dúas obras producidas en Galicia que se incorporan aos 250 libros de todo o mundo que anualmente recolle o White Ravens.
Ás de bolboreta da valdoviñesa Rosa Aneiros foi premiada no 2009 co premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil. Pola súa banda, o alicantino Pablo Albo incorpora, tanto a súa longa traxectoria como autor como a OQO editora, un recoñecemento que poderase ver en Bolonia do 23 ao 26 de marzo.
|
Ferrol homenaxea ao seu fillo Juan Farias cunha exposición
Enmarcada dentro dos Programas Educativos Municipais 2009-2010, concretamente no que leva por título "Coñecer Ferrol, a nosa cidade: coñecer as súas xentes", se presenta como unha homenaxe a este escritor nado en Serantes no ano 1935.
Un mar de palabras ten como obxectivo principal achegar á comunidade educativa de Ferrol, en particular, e aos cidadáns e cidadás, en xeral, o coñecemento deste escritor que escribiu a súa primeira novela no ano 1956 co título de "Después amanece". Ao mesmo tempo, a mostra quere facer partícipe á cidadanía de Ferrol desta homenaxe que lle rinde o Concello, o cal se sumou á levada a cabo recentemente polo Consejo General del Libro e polo Grupo de Amigos de Juan Farias, a cal recibiu tamén o apoio da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, do Concello de Villaviciosa de Odón e dunha serie de editoriais como o Grupo Santillana ou Edelvives, entre outras. Escritores como Xabier Puente Docampo, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Paco Martín e Xabier Senín, e ilustradores como Xan López Domínguez e Xosé Cobas tamén participaron nesta homenaxe.
A calidade como escritor de Juan Farias, cuxa obra está traducida ao galego, castelán, éuscaro, catalán, valenciano, francés, portugués ou grego, está remarcada polos múltiples premios acadados na súa traxectoria literaria, entre os que destacan o Primeiro Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil Edicións SM no ano 2005 ou o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil no ano 1980.
|
A ilustración de Xosé Tomás, na revista taiwanesa DPI Magazine
Segundo indica o propio Xosé Tomás no seu blog, a reportaxe, que se pode ler en chinés e en inglés, céntrase básicamente na: 'ilustración infantil, aínda que tamén no cómic e outras disciplinas'.
|
Agustín Fernández Paz e Ignacio Chao na Lista de Honra do IBBY 2010
A Lista de Honra do IBBY recolle bianualmente libros que destacan pola súa calidade literaria, da ilustración ou da tradución. Esta Lista é un dos modos máis extendidos e eficaces de fomentar o obxectivo do IBBY de fomentar a literatura para nenos.
|
O mércores 4 de marzo bota andar o Proxecto Toromelos da Fundación Carlos Casares e a ESAD
O Proxecto Toromelos ten como finalidade a promoción da investigación, a innovación e a creación nos eidos da creación dramática e teatral para a infancia e a mocidade. Nesta primeira actividade levarase a cabo Lela anda en bicicleta, versión teatral do conto de Carlos Casares Lolo anda en bicicleta. Preséntase esta primeira parte do proxecto como un traballo en proceso onde a dramaturxia queda aberta para desenvolver o mundo creativo de Carlos Casares. O espazo escénico do faiado é o lugar onde os obxectos cobran vida, e onde o imaxinario do protagonista da pé á entrada en escena doutros posibles personaxes...
|
|
RECURSOS
|
|
LIGAZÓNS
|
|
MESES ANTERIORES
|
| BIBLIOTECA MÁXICA |
|
Prelectores |
|
Matías, un pito de campionato |
|
Infantil
|
|
Alicia no País das Marabillas |
|
Xuvenil
|
|
Mamed Casanova, o fillo da furia
|