Rapaces


» O arminho dorme, de Xosé A. Neira Cruz, mellor libro xuvenil publicado no 2009 en Brasil

» Dous álbumes infantís de OQO editora, entre os libros mellor editados

» Preséntanse dous novos títulos da colección Lagarto Pintado

» Alba Cid gaña o 27º premio Ourense de Contos para a mocidade

» A historia do Rainbow Warrior, libro imprescindible na biblioteca para o Banco do Libro de Venezuela

» Kalandraka e a Concellería de Educación de Pontevedra inician a campaña 'O Cartafol do Lérez'

» Dez anos de LIX

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

O arminho dorme, de Xosé A. Neira Cruz, mellor libro xuvenil publicado no 2009 en Brasil

 

'O arminho dorme' de Xosé A. Neira Cruz(26-05-2010) O Arminho dorme (SM), versión ao portugués do Brasil da novela O armiño dorme, de Xosé A. Neira Cruz, publicada orixinariamente en galego por Galaxia en 2003, vén de recibir o Premio FNLIJ ao mellor libro xuvenil publicado no Brasil en 2009. Este galardón, concedido anualmente pola Fundaçâo Nacional do Livro Infantil e Juvenil do Brasil premia as obras que, en distintas categorías, supoñen o mellor do publicado no ano precedente a xuízo da crítica especializada brasileira. É a primeira vez que unha obra da literatura galega é recoñecida con este prestixioso premio, equivalente no ámbito brasileiro aos premios nacionais aos mellores libros do ano.

 

A entrega do premio realizarase en Río de Xaneiro no transcurso do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil que organiza a Fundaçâo Nacional do Livro Infantil e Juvenil.

 

 

Dous álbumes infantís de OQO editora, entre os libros mellor editados

 

O MCU premia dous títulos de OQO Editora(23-05-2010) O Ministerio de Cultura ven de fallar os Premios os Libros Mellor Editados, estes premios non teñen dotación económica pero son moi valorador polos editores ao ser expostos nas Feiras do Libro máis importantes.

 

A pesares de non conseguir situar ningún libro galego nos primeiros postos das cinco categorías que optan a algúns destes galardóns, dous deles quedaron situados en segundo e terceiro lugar. Trátase de Cantas pingas na cidade, de Eva Montanari; e de Os mil brancos dos esquimós, de de Isabel Minhós Martins e Madalena Matoso, ámbolos dous álbums publicados por OQO editora e situados en segunda e en terceira posición, respectivamente, na categoría de Libros Infantís e Xuvenís.

 

 

Preséntanse dous novos títulos da colección Lagarto Pintado

 

Lagarto Pintado(18-05-2010) O director de Gálix Manuel Figueiras e o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López presentaron esta mañá unha nova edición da colección Lagarto Pintado. Trátase dos libros Verdades de plastilina, literatura infantil para rapaces de ata 10 anos e Manual para conductores con faros antiniebla, literatura xuvenil para rapaces de máis 11 anos, dos que se editaron 7000 exemplares que chegarán "a todos os puntos de Galicia, ás bibliotecas das nosas cidades e dos nosos rueiros", segundo declarou na rolda de prensa Francisco López.

 

As historias contadas nos exemplares chegan este ano da man de Yolanda Castaño, Jacobo Fernández Serrano, Charo Pita e Xavier Queipo, autores de Verdades de plastilina, ilustrado por David Pintor; e de Francisco Castro, Eva Moreda, Carlos Negro e Carlos Vila Sexto, autores de Manual para condutores con faros antinéboa, ilustrado por Manel Cráneo.

 

 

Alba Cid gaña o 27º premio Ourense de Contos para a mocidade

 

Alba Cid(18-05-2010) A ourensá Alba Cid Fernández acadou o Premio Ourense de Contos para a Mocidade que na súa 27ª edición, convocaron a Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense.

 

O Xurado, composto por Serafín Alonso, Paz Carro, Carlos Rafael, Ruth Sousa, Eva Torres e Rosa González, como secretaria sen voto, decantáronse pola obra de Cid Eu tamén souben de Oristzenbe quen, además do premio económico, verá a súa obra publicada, ao igual que os catro accésit: Lucia Gil Iglesias, de Ourense, polo conto O traxe de voda de Severino; Miguel Ángel Rodríguez Fervenza, de Moaña (Pontevedra), pola obra O respecto vai de escuro; Enrique Bernárdez Reigosa, de Vigo, polo conto Maldita pebida; e Beatriz Parada Fernández, de Ourense, por Unha última esperanza -este último, dentro do apartado de menores de 18 anos-.

 

A entrega dos premio farase na próxima Feira do Libro de Ourense. A excepción do Premio Blanco Amor que se entregará en decembro nos actos que se organizan na cidade en lembranza e homenaxe do autor de A Esmorga.

 

 

A historia do Rainbow Warrior, libro imprescindible na biblioteca para o Banco do Libro de Venezuela

 

Banco do Libro de Venezuela(04-05-2010) O Banco do Libro de Venezuela deu a coñecer a listaxe dos mellores libros infantís e xuvenís 2010.

 

Entre os galardoados atopoamos varias obras publicadas por editores galegos e obras coa súa correspondente tradución na nosa lingua.

 

Deste xeito, na categoría infantil entre os gañadores están Discurso do oso de Julio Cortázar e ilustrado por Emilio Urberuaga e A viaxe do bisavó, de Marta Farias con ilustracións de Aitana Carrasco, ambolos dous publicados por Kalandraka Editora. Entre as mencións atópase Lágrimas de cocodrilo de André Francois, na categoría de Mención rescate Editorial. Esta obra está editada por Faktoría K.

 

No apartado xuvenil, entre as obras gañadores están Flanagan Flashback de Andreu Martín e Jaume Ribera, traducido por Xerais; Stéfano, de María Teresa Andruetto, publicado en galego pr Galaxia; e No labirinto do vento, da brasileña Marina Colasanti e publicado por Xerais. O libro Estás na Lúa (Kalandraka), de Carmen Montalbán e ilustrado por Pilar Millán, recibiu a mención ao Libro entrañable.

 

Por último, A historia do Rainbow Warrior, publicado por Kalandraka, e escrito e ilustrado por Rocío Martínez, foi escollido como un dos tres libros imprescindibles da biblioteca.

 

O Banco do Libro de Venezeula creouse hai cincuenta anos en Caracas como unha Asociación Civil sen Fins de Lucro. O Banco goza dun recoñecido prestixio grazas aos servizos prestados directamente ao país e indirectamente a toda Latinoamérica. Ao longo de todo o ano, o Comité interdisciplinario de Avaliación de Libros do Banco do Libro discute e evalúa centenares de publcacións que, tras ser seleccionadas, pasan as mans de xurados cualificados que escollen os mellores títulos.

 

 

Kalandraka e a Concellería de Educación de Pontevedra inician a campaña 'O Cartafol do Lérez'

 

O Cartafol do Lérez(04-05-2010) A Concellería de Educación de Pontevedra e Kalandraka Editora puxeron en marcha onte a Campaña de Animación á Lectura "O Cartafol do Lérez", dirixida a escolares de 10 e 11 anos de idade. A campaña desenvolverase ata o 7 de maio.

 

As actividades programadas van xirar arredor das bibliotecas escolares dos centros, posto que un dos obxectivos de "O Cartafol do Lérez" é pór en valor estes espazos como elementos vertebradores da actividade educativa. A campaña tamén pretende achegar o libro e a lectura en galego aos máis novos, favorecer o desenvolvemento da súa creatividade e imaxinación, inculcarlles a importancia das producións plásticas e literarias como ben cultural, e potenciar o xornal escolar como ferramenta didáctica e medio de expresión.

 

Nesta primeira semana de maio farase un adianto da campaña -que terá continuidade a partir do vindeiro curso- para uns 400 escolares dos CEIP de Barcelos, Vilaverde-Mourente, Cabanas-Salcedo, Manuel Vidal Portela, San Bieito de Lérez, San Martiño-Salcedo e Froebel. Cando se completen os 60 obradoiros previstos en total, terán participado nas actividades uns 1.500 nenos e nenas.

 

 

Dez anos de LIX

 

Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego(04-05-2010) A editorial canguesa Morgante publica Unha década de liteartura inantil e xuvenil en galego, do crítico literario Héitor Mera.

 

Neste volume recóllense recénsións publicadas publicadas en diversos medios de comunicación, como Faro de Vigo, Cartafol de libros ou A Nosa Terra, que fan un total de 34 artigos.

 

Un ensaio a módo de introdución mostra unha panorámica da literatura infantil e xuvenil galega dos últimos anos, que servirá como ferramenta e guía a pais e educadores.

 

 

 

RECURSOS

 

Galeteca

 

 

LIGAZÓNS

 

Biblioafonso

 

 

 

MESES ANTERIORES

 

Agosto 2010

Xullo 2010

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

BIBLIOTECA  MÁXICA

 

Prelectores

Matías, un pito de campionato

 

Matías, un pito de campionato

 

 

Infantil

 

Alicia no País das Marabillas

 

Alicia no País das Marabillas

 

 

Xuvenil

 

O fillo da furia

 

Mamed Casanova, o fillo da furia

 

 

 

 

Prelectores

 

¿Quen me quere adoptar?

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns