Rapaces


» Kalandraka e BATA publican dous novos títulos para lectores con necesidades especiais

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Kalandraka e BATA publican dous novos títulos para lectores con necesidades especiais

 

Nicolás cocina sin fuego(17-02-2010) A editorial Kalandraka e BATA (Baión Asociación de Tratamento do Autismo) de Vilanova de Arousa crearon unha nova liña na súa colección de libros de fácil lectura, dirixida a persoas con necesidades educativas especiais como o autismo, a disfasia, o síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Os dous títulos cos que se inaugura esta nova colección son: Nicolás va de compras e Nicolás cocina sin fuego, ilustrados pola artista pontevedresa Alicia Suárez.

 

Con esta iniciativa pioneira preténdese contribuir a superar as barreiras de incomunicación con libros de maior concreción e comprensión a nivel escrito e visual poñendo ao dispor dos lectores un material de gran valor informativo para uso cotiá, que lles resulte útil á hora de realizar por si mesmos accións tan habituais e necesarias como cociñar ou mercar. Os textos adaptáronse ao sistema de Símbolos Pictográficos para a Comunicación (SPC) desenvolvido por Roxana Mayer Johnson, que incorpora diferentes cores asociadas ás distintas categorías de palabras: amarelo para designar ás persoas; verde para os verbos; azul para os termos descriptivos; laranxa para os sustantivos que non pertencen a outras categorías; rosa para identificar palabras referidas a actuacións sociais; branco para artigos, cores, conxuncións, preposicións, adverbios.

 

Estes novos títulos súmanse aos publicados con anterioridade por Kalandraka que adaptaban contos tradicionais e clásicos: El conejo blanco, La ratita presumida, Chivos chivones e El patito feo.

 

 

 

RECURSOS

 

Galeteca

 

 

LIGAZÓNS

 

Biblioafonso

 

 

 

MESES ANTERIORES

 

Xullo 2010

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

BIBLIOTECA  MÁXICA

 

Prelectores

Os catro amigos

 

Os catro amigos

 

 

Infantil

 

Lu e Go pola muralla

 

Lu e Go pola muralla

 

 

Xuvenil

 

O segredo de Marco Polo

 

O segredo de Marco Polo

 

 

 

 

Prelectores

 

¿Quen me quere adoptar?

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns