Rapaces
| » Representantes de GÁLIX reúnense por vez primeira co novo Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura » Kalandraka Editora e a asociación BATA preparan novos títulos da colección Makakiños
|
|
|
Representantes de GÁLIX reúnense por vez primeira co novo Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura
O director xeral López Barxas comprometeuse co sector a colaborar na elaboración do Catálogo Anual de libros infantís e xuvenís galegos, co fin de ser presentados na Feira Infantil de Bolonia (Italia) en marzo do 2010, a máis importante do mundo do sector das letras infantís. Dende a Dirección Xeral subliñouse a importancia deste tipo de feiras internacionais por ser o foro "onde proxectamos ao mundo a nosa creación, e constitúe unha importante oportunidade para a difusión das obras de literatura infantil e xuvenil das diferentes editoriais galegas".
A Consellería de Cultura e Turismo traballará con GÁLIX para garantir a promoción "da mellor produción de literatura infantil e xuvenil galega" na prestixiosa Biblioteca da Xuventude de Múnic (Alemaña). O ano pasado, Galicia logrou aportar tres libros a este arquivo, referencia internacional no eido dos libros infantís e xuvenís.
Da xuntanza tamén saíu a posibilidade de organizar unha semana do Libro Infantil e Xuvenil no exterior, actividade que se enmarcará dentro da programación da Consellería de Cultura e Turismo no 2010, que será declarado Ano da Lectura. Nesta liña, darase especial relevancia ó 2 de abril como día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co fin de potenciar a promoción das obras galegas entre o público máis novo.
|
Kalandraka Editora e a asociación BATA preparan novos títulos da colección Makakiños
Tras a recente reedición de El conejo blanco e de La ratiña presumida, Kalandraka e BATA ultiman a publicación dunha serie de libros que utilizan o sistema SPC e que estarán listos para o mes de decembro. Esta colección servirá para achegar a este colectivo acción cotiáns, como ir á compra, facer de xantar, etc. Xunto a estes libros de cuestións habituais o ilustrador Marc Taeger prepara a versión Makakiños da súa A verdadeira historia de Carapuchiña.
Tras o éxito desta colección, da que se recibiron pedidos procedentes de América e doutras partes do mundo, a delegación portuguesa de Kalandraka tamén traballa na elaboración dos seus primeiros títulos, que estarán a disposición do público luso nos vindeiros meses.
|
|
RECURSOS
|
|
LIGAZÓNS
|
|
MESES ANTERIORES
|
| BIBLIOTECA MÁXICA |
|
Prelectores |
|
Os catro amigos |
|
Infantil
|
|
Lu e Go pola muralla |
|
Xuvenil
|
|
O segredo de Marco Polo
|