Rapaces
| » Os contos do camiño achegarán aos escolares o patrimonio cultural das diferentes rutas xacobeas » Felipe Ugalde recibe no Pazo de Raxoi o II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado » 299 bibliotecas escolares recibirán máis dun millón de euros para a mellora dos seus centros » Lendo en familia, a importancia de lerlles
|
|
|
Os contos do camiño achegarán aos escolares o patrimonio cultural das diferentes rutas xacobeas
Este proxecto percorrerá en 2010 as cidades de Évora, Bordeaux, Óbidos, Madrid e Santiago de Compostela con sesións de contacontos e obradoiros de creación artística e de animación á lectura para dar a coñecer o patrimonio cultural das diferentes rutas xacobeas, a través de contos de tradición oral. Estas actividades celebraranse nunha data moi significativa para o Camiño de Santiago, o ano Xacobeo. Nestas actividades os escolares realizarán actividades multimedia cos diferentes elementos que conforman contos tradicionais dos diferentes países polos que pasa o Camiño de Santiago.
Os contos do Camiño principiará no mes de xaneiro en Évora (Portugal), desde onde pasará en febreiro a Bourdeaux (Francia), Óbidos (Portugal) en marzo, no mes de abril en Madrid (España) e rematará en maio en Santiago de Compostela.
|
Felipe Ugalde recibe no Pazo de Raxoi o II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado
A obra galardoada foi destacada sobre os 280 proxectos procedentes de 22 países que se presentaron a este certame. O xurado do Premio estivo formado pola editora Esther Tusquets; o artista galego Xosé Cobas; o ilustrador portugués Luis Mendonça; a profesora e especialista en Literatura Infantil, Manuela Rodríguez; a concelleira de Educación do Concello de Santiago, Guadalupe Rodríguez; o xefe do departamento de Educación do Concello de Santiago, Xosé Manuel Rodríguez-Abella; e Beatriz Varela en calidade de secretaria do tribunal. O traballo de Felipe Ugalde foi valorado como “o máis completo e equilibrado” de todos os presentados, en relación á complementariedade entre texto e imaxe e “que permite distintas lecturas”.
No acto institucional, encabezado polo alcalde, Xosé Sanchez Bugallo, asistiron a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, o ilustrador e xurado do Premio, Xosé Cobas, membros da Corporación Municipal de Santiago e persoeiros vencellados aos eidos da cultura e da docencia en Galicia.
Un gran soño contará cunha tirada de 20.000 exemplares en sete linguas: galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, inglés e italiano, ás que se suma unha oitava versión en español para o mercado mexicano. O director de Kalandraka anunciou que a partir de 2010 publicaranse a maiores en Francia e en Brasil: “Eis a mostra de que tamén nós, dende Galicia, queremos e podemos producir obras que crucen fronteiras lingüísticas para compartir soños”, sinalou Xosé Ballesteros na súa intervención.
O libro de Felipe Ugalde presentarase no mes de novembro na 33ª Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México), e posteriormente nas de Boloña, Bos Aires, Beijing, Tokio e Frankfurt, co obxectivo de extender os dereitos de publicación a outras linguas. É o caso de Cerca, que vai ser publicado en Canadá, Estados Unidos e Corea por editores deses países.
|
299 bibliotecas escolares recibirán máis dun millón de euros para a mellora dos seus centros
Os centros que resultaron seleccionados a través desta convocatoria, así como os que xa se incorporaran ao programa no curso anterior, reciben ademais contías significativas para mobiliario específico, para mellorar o equipamento audiovisual e informático da biblioteca, e para gastos de funcionamento. Unha decisión que o pasado 7 de outubro fíxose oficial coa publicación no Diario Oficial de Galicia da orde pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade de Educación.
O Plan de mellora de bibliotecas escolares é o programa a través do que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vehiculiza unha boa parte das súas iniciativas destinadas a impulsar a transformación destas bibliotecas específicas en auténticos centros de recursos de lectura e información.
Novas lecturas, novos lectores
Santiago de Compostela reunirá os vindeiros 23 e 24 de outubro ao gran colectivo das bibliotecas escolares galegas nas Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia 2009. O Palacio de Congresos acollerá, arredor do lema Novas lecturas, novos lectores, a 1.200 participantes, todos eles profesoras e profesores en centros de distintos niveis educativos e de toda a xeografía galega.
|
Lendo en familia, a importancia de lerlles
En base a eses argumentos, a asociación do Val Miñor Espazo Lectura organiza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o acto Lendo en familia. Xornadas para a promoción da lectura no ámbito familiar, que se desenvolverá en Gondomar os días 16 e 17 de outubro co obxectivo de ser un paso máis no acto de compartir lecturas: para aprender a contar contos e a ler cos nosos fillos e fillas, para reflexionar sobre a importancia da lectura na súa formación, para coñecer o que se está a publicar en literatura infantil e xuvenil, para divertirse e aprender trucos e para coñecer as ferramentas que poden axudarnos a gozar dese proceso.
Ao redor destes dúas xornadas Gondomar acollerá conferencias a cargo de Concha Costas, Cristina Novoa, Dolores Vilavedra, María do Cebreiro e Agustín Fernández Paz e contacontos de Rosana Estévez e Paula Carballeira.
A asistencia ás actividades destas xornadas é de balde. Os interesados poden apuntarse a través do correo espazolectura@gmail.com ou chamando ao teléfono 619 292 991 antes do 14 de outubro. Malia estaren destinadas a adultos, durante a celebración das xornadas haberá un servizo de ludoteca para atender os nenos e nenas mentres as nais e pais asisten ás diferentes sesións. Ademais, cada un dos dous días haberá unha actividade na que tamén poderán participar os pequenos.
|
|
RECURSOS
|
|
LIGAZÓNS
|
|
MESES ANTERIORES
|
| BIBLIOTECA MÁXICA |
|
Prelectores |
|
Os catro amigos |
|
Infantil
|
|
Lu e Go pola muralla |
|
Xuvenil
|
|
O segredo de Marco Polo
|