Rapaces


» Galaxia presenta Audiocontos, unha nova maneira de ler e de escoitar contos

» Xoán Babarro gaña o premio Arumes de poesía para nenos

» Contos e coplas de estrelas para conmemorar o Ano Internacional da Astronomía

» Casaescola prepara os seus III Encontros baixo o lema Educar para medrar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Galaxia presenta Audiocontos, unha nova maneira de ler e de escoitar contos

 

Audiocontos Galaxia(30-11-2009) A Feira Cultural AchegArte celebrada esta fin de semana na Coruña acolleu a presentación de Audiocontos, a novo colección promovida pola editorial Galaxia que conxuga a literatura de sempre cunhas versións dramatizadas, en CD, a cargo de Teresa Santamaría e Paco Barreiro, baixo da dirección de Tero Rodríguez.

 

Os primeiros títulos da colección son Os sete cabuxos, Branca de neve e os sete ananos, O galo Quirico e Os catro amigos, catro historias que os lectores coñecen de toda a vida contada doutra maneira aos máis pequechos da casa. Os efectos de son, as músicas escollidas e a interpretación, fan destes audiocontos un produto novidoso no mercado galego.

 

 

Xoán Babarro gaña o premio Arumes de poesía para nenos

 

Xoán Babarro gaña o premio 'Arume' de poesía para nenos(30-11-2009) O xurado do V V Premio Arume de Poesía para nenos/as, composto por Xosé Neira Vilas, Valentín García Gómez, Xoán Andrés Fernández Castro e Luis Reimóndez Fernández, acordou por unanimidade conceder o premio á obra presentada baixo o título A Princesa de Taramundi da autoría de Xoán Babarro, autor de recoñecido prestixio no ámbito das letras galegas.

 

O xurado destacou que se trata dunha “poesía fresca e orixinal, moi relacionada coa natureza e co medio xeográfico. É unha poesía do galego estremeiro, e dende o punto de vista léxico utiliza dialectalismos do galego oriental. A métrica e as estrofas son moi variadas, e xoga coas onomatopeas e cos recursos gráficos para facer os poemas máis atractivos par nenos e nenas".

 

O xurado, dado o magnífico nivel contido nos poemarios presentados, acordou tamén conceder dúas mencións de honra que serán entregadas a título extraordinario, pola calidade dos poemarios presentados a Rosalía Morlán Vieitez, pola obra A coitada Lúa, e a María Canosa, pola obra A porta dos soños.

 

O premio, consistente nunha dotación económica e a publicación da obra premiada, entregarase o domingo día 13 de decembro de 2009 nun acto público na Sede da Fundación Xosé Neira Vilas, nun acto presidido por Xosé Neira Vilas, e ao que asistirán o alcalde de Vila de Cruces Xesús Otero e o secretario xeral de Política Lingüística Anxo Lorenzo, como entidades patrocinadoras deste premio.

 

O Premio Arume de Poesía, que convoca a Fundación XOsé Neira Vilas cada dous anos, nace co propósito de estimluar a creación poética e de achegar ás nenas e ós nenos ó fermoso mundo da lírica. En anos anteriores os gañadores foron Xosé María Álvarez Cáccamo por Lúa de pan, Helena Villar Janeiro por Na praia dos lagartos, Marica Campo pola obra Abracadabras e Concha Blanco na última edición celebrada no 2007 por Os cantos da rula.

 

 

Contos e coplas de estrelas para conmemorar o Ano Internacional da Astronomía

 

Contos e coplas de estrelas(26-11-2009) Dentro das actividades enmarcadas no Ano Internacional da Astronomía a Delegación Institucional do CSIC en Galicia e a Universidad de Vigo, en colaboración coa Radio Galega, presentan o proxecto Contos e Coplas de Estrelas, que inclúe a traducción ao galego do libro Cuentos de Estrellas de Rosa María Ros e a edición dun CD cunha recopilación de coplas tradicionais galegas que fan referencia aos astros. O proxecto engloba ciencia, literatura e música.

 

 

 

Casaescola prepara os seus III Encontros baixo o lema Educar para medrar

 

'Educar para medrar', III Encontros CasaEscola(24-11-2009) O xoves 26 de novembro dará comezo os III Encontros do colectivo Casaescola. Baixo o lema 'Educar para medrar' pais, nais e docentes xuntaranse para estudar como asentar nos nenos e nenas o hábito da lectura.

 

O día 26 haberá un encontro co escritor Domingo Villar, autor da exitosa saga do detective Leo Caldas e que este ano presentou A praia dos afogados (Galaxia). O acto, convocado polo Club de Lectura Adultos 'Casaescola', comezará ás 20.00 h. no Salón de Actos do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.

 

As actividades continuarán o 26 con Carmen Loureiro, que pronunciará a conferencia A problemática adolescencia. Ás 19.30 h. na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía.

 

O poeta Antonio García Teijeiro falará sobre o seu novo libro A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula (Galaxia). Será ás 19.30 h. no Auditorio de Vilagarcía.

 

O 2 de decembro rematarán estes Encontros con Ana Abelenda e As primeiras lecturas (de 0 a 3 anos). Ás 19.00 h. na Sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía.

 

Os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro haberá no mesmo edificio do Auditorio un servizo de monitores para o coidado dos fill@s para facilitar a asistencia de nais e pais ao curso.

 

Casaescola contará coa colaboración destes encontros coa participación da Concellaría de Educación de Vilagarcía de Arousa, Kalandraka Editora e a do Colectivo de Anpas dos centros públicos de Vilagarcía.

 

 

RECURSOS

 

Galeteca

 

 

LIGAZÓNS

 

Biblioafonso

 

 

 

MESES ANTERIORES

 

Xullo 2010

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

BIBLIOTECA  MÁXICA

 

Prelectores

Os catro amigos

 

Os catro amigos

 

 

Infantil

 

Lu e Go pola muralla

 

Lu e Go pola muralla

 

 

Xuvenil

 

O segredo de Marco Polo

 

O segredo de Marco Polo

 

 

 

 

Prelectores

 

¿Quen me quere adoptar?

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns