Rapaces


» A Fundación Granell e Galix organizan para o 2 de abril o III Maratón de Lectura Infantil e Xuvenil

» Arranca en Compostela a IX Campaña Municipal de Animación á Lectura

» A forza das minorías. 32º Congreso do IBBY en Santiago de Compostela

» Cerca, o álbum galardoado co I Premio Compostela de Álbums ilustrados colleita un novo éxito en Italia

» Tres libros galegos incluídos nos White Ravens 2009

» Cinco libros galegos optan a un dos premios da Bienal de Bratislava, unha das feiras de ilustración máis importantes do mundo

 

 

 

 

 

 

 

 

A Fundación Granell e Galix organizan para o 2 de abril o III Maratón de Lectura Infantil e Xuvenil

 

Maratón de Lectura Infantil e Xuvenil 'Encontros Fantásticos' na Fundación Granell(30-03-2009) A Fundación Eugenio Granell e Gálix (Asociación Galega de Libro Infantil e Xuvenil) convocan para o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, desde as 11.00 h. a 14.00 h. e de 16.00 h. a 20.00 h., o III Maratón de Lectura Infantil e Xuvenil Encontros Fantásticos.

 

O tema deste ano Encontros fantásticos parte da mostra Místicos Encontros e Achados Plásticos na obra de Eugenio Granell, exposición que transita por obras que reproducen encontros significativos con persoeiros, culturas, poéticas, sistemas de pensamento, paisaxes e obxectos, que serviron de detonante para os principais achados estéticos que caracterizan a obra de Eugenio Granell.

 

As lecturas recomendadas neste maratón literario serán:

 

Os contos de Grimm de Jacob e Wilhem Grimm, tanto nas súas edicións de Xerais e de Ediciós do Castro, para os rapaces de primaria.

 

Para os de secundaria, As flores radioactivas (Xerais) de Agustín Fernández Paz con ilustracións de Miguelanxo Prado.

 

Cada grupo terá un tempo aproximado dunha hora para realizar as súas lecturas. O profesorado organizará os grupos como crea pertinente. Poderanse realizar as lecturas, tanto individualmente como en grupo; tamén se poderán realizar representacións teatrais, ou outro tipo de propostas que poidan xurdir arredor deste tema.

 

Arranca en Compostela a IX Campaña Municipal de Animación á Lectura

 

Lendo máis... Cerca(25-03-2009)A IX Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan a Concellaría de Educación de Santiago e Kalandraka Editora na Galería Sargadelos arranca hoxe cun programa de actividades que se desenvolverá ata o 16 de maio. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inaugurarán oficialmente a campaña este xoves a partir das 11.15 h.

 

Ao longo desta campaña están programadas sesións de contacontos e música, os talleres de escrita e de ilustración para alumnos e alumnas que comezarán a partir do xoves. O programa complétase con actividades para familias, docentes, encontros con autores e ilustradores, e sesións abertas á cidadanía en xeral.

 

Os protagonistas desta edición, co lema Lendo máis... Cerca, son os libros distinguidos no I Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, coa obra gañadora -Cerca, de Natalia Colombo- como principal referente da campaña. Ademais de Cerca na exposición de ilustracións tamén se poderán ver imaxes da obra finalista, A nube de Martín, da ilustradora Rebeca Luciani, que tamén foi editada. Asimesmo, exporanse pezas dos artistas portugueses Gémeo Luis e Yara Kono, que se presentaron ao certame cos proxectos titulados Trocar as voltas ao tempo e Ovelhinha dá-me lá. A mostra complétase con ilustracións do galego Pablo Otero da súa obra titulada ABCdiario, e de Marc Taeger, cun adianto do libro-disco Tic-tac, do músico Pablo Díaz.

 

Ata o 16 de maio, data da clausura, as actividades da IX Campaña Municipal de Animación á Lectura chegarán a uns 5.000 escolares da bisbarra compostelana.

 

Fallo do II Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados

 

O vindeiro 2 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, darase a coñecer o veredicto do xurado do II Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, un certame organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago en colaboración con Kalandraka Editora. O premio ten unha dotación de 12.000 euros e o traballo escollido publicarase nas linguas oficiais peninsulares.

 

[Programa IX Campaña Municipal de Animación á Lectura]

 

A forza das minorías. 32º Congreso do IBBY en Santiago de Compostela

 

32º Congreso Internacional do IBBY(23-03-2009) Porque dun xeito ou doutro todos formamos parte dunha inmensa minoría. Promocionar, escribir ou ilustrar libros para nenos/as e mozos/as. Publicalos dende unha lingua ou cultura afastada dos códigos maioritarios. Lelos en situacións de precariedade económica ou con dificultades fisico-psíquicas que impidan o acceso en igualdade á cultura. Ter que ser neno e adulto ao mesmo tempo en sociedades que non respectan os dereitos fundamentais da infancia. Verse obrigado a emigrar e empezar de novo nunha lingua ou cultura que non é a propia. Non ter país de seu. Sentir en minoría. Falar en minoría. Amar en minoría. Ler en minoría. Velaquí o lema, o sentido e o tema xeral do 32º Congreso do IBBY que se celebrará no Pazo de Conggresos de Santiago de Compostela en setembro do 2010.

 

Ao longo do Congreso haberá seminarios, mesas redondas, obradoiros, encontros profesionais e exposicións entre outras actividades, como as entregas dos premios IBBY Asahi Reading Promotion e dos Premios H. C. Andersen.

 

Todos os interesados en participar poden facelo a través da web oficial do 32º Congreso do IBBY en Santiago de Compostela.

 

[32º Congreso do IBBY 2010]

 

 

Cerca, o álbum galardoado co I Premio Compostela de Álbums ilustrados colleita un novo éxito en Italia

 

'Vicini' II Premio delle Palme’ de Literatura Infantil(20-03-2009) Vicini, a tradución italiana do álbum Cerca (Kalandraka) de Natalia Colombo e I Premio Compostela de álbums ilustrados, ven de ser galardoado co ‘II Premio delle Palme’ de Literatura Infantil. Kalandraka Editora recollerá esta distinción o vindeiro 4 de abril na Biblioteca Juan XXIII da cidade de San Vito dei Normanni, situada na rexión de Apulia.

 

Este premio enmárcase na “Primavera do Libro”, unhas xornadas sobre edición infantil e xuvenil que comezarán o vindeiro día 1. Durante a mostra, a editorial pontevedresa manterá un encontro con público infantil para presentar aos máis cativos Vicini.

 

Ademais, o premiado álbum será a obra destacada no stand propio que Kalandraka vai ter na 46ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, do 23 ao 26 deste mes de marzo. O selo galego vai organizar dous actos para presentar o seu “proxecto plurilingüe” a editores, axentes, autores e ilustradores estranxeiros. 

 

Tres libros galegos incluídos nos White Ravens 2009

 

Os White Ravens galegos(18-03-2009) Dende 1996 a Internationale Jugendbibliothek München selecciona, de entre os libros publicados cada ano, 250 libros infantiles e xuveniles en 32 idiomas e de 47 países para organizar a exposición The White Ravens que se presentará na Fiera del Libro per Ragazzi de Bologna. Esta exposición acompáñase coa edición dun catálogo en lingua inglesa, a a The White Ravens List 2009 que contén as información bibliográficas e reseñas dos libros seleccionados.

 

Tres libros representarán a literatura galega nesa lista, trátase de A cabeza de Medusa (Xerais), de Marilar Aleixandre; Fume (OQO), escrito e ilustrado por Antón Fortes; e O prodixio dos zapatos de cristal (Galaxia), escrito por Xosé A. Neira Cruz con ilustracións de Rodrigo Chao. A literatura infantil e xuvenil galega volve a ser unha das mellor representadas, con máis libros seleccionados que as literaturas de moitos estados e linguas normalizadas, o que supón a proxección internacional dos nosos escritores/as e ilustradores/as, cada vez máis recoñecidos e premiados en todo o mundo.

 

Nesa lista dos White Ravens 2009 inclúese tamén Discurso del oso (Libros del Zorro Rojo) de Julio Cortázar e ilustrado por Emilio Urberuaga, que conta coa versión galega publicada por Kalandraka Editora e traducida por Xosé Ballesteros; e o traballo do ilustrador lucense Xan López Domínguez para Alfredo Gómez Cerdá en Barro de Medellín (Edelvives).

 

 

Cinco libros galegos optan a un dos premios da Bienal de Bratislava, unha das feiras de ilustración máis importantes do mundo

 

Ilustradores galegos na Bienal de Bratislava(09-03-2009) A bienal das ilustracións Bratislava, máis coñecida como BABERO, é considerada como unha das feiras internacionais de ilustración máis importante a nivel internacional. Nela expóñense as ilustracións orixinales dos mellores libros para a infancia e xuventude.

 

A OEPLI (Organización Española Para el Libro Infantil y juvenil) ven de seleccionar cinco libros galegos para o BABERO que se desenvolverá na capital eslovaca do 4 de setembro ao 26 de outubro. Trátase de Eu tamén son fonte, de Teresa Moure e ilustrado por Leandro Lamas; O debut de Martino Porconi, ilustrado por Federico Fernández; O prodixio dos zapatos de cristal, ilustrado por Rodrigo Chao; Un bico de amor e vida, ilustrado por Enjamio -todas estas obras publicadas por Galaxia-, e Circo Rigatoni, de Pinto&Chinto e ilustrado por David Pintor. Circo Rigatoni está publicado por Everest Galicia.

 

Estes cinco libros optarán a algún dos característicos premios aos que optan os libros seleccionados: o Grand Prix BIB, unha das 5 "Mazás de Ouro" e unha das 5 placas.

 

 

 

RECURSOS

 

Galeteca

 

 

LIGAZÓNS

 

Biblioafonso

 

 

 

MESES ANTERIORES

 

Xullo 2010

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

BIBLIOTECA  MÁXICA

 

Prelectores

Os catro amigos

 

Os catro amigos

 

 

Infantil

 

Lu e Go pola muralla

 

Lu e Go pola muralla

 

 

Xuvenil

 

O segredo de Marco Polo

 

O segredo de Marco Polo

 

 

 

 

Prelectores

 

¿Quen me quere adoptar?

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns