Rapaces
| » David Pintor ilustra o conto de Hans Christian Andersen As fabas máxicas para a editorial coreana Froebel » Caderno de animalista obtén o segundo premio na categoría de Infantil e Xuvenil dos galardóns que concede o Ministerio de Cultura aos libros mellor editados » Gañadores da quinta edición do premio literario Frei Martín Sarmiento
|
|
|
David Pintor ilustra o conto de Hans Christian Andersen As fabas máxicas para a editorial coreana Froebel
David Pintor, despois de traballar para paises como Italia, Colombia e Corea, ten entre os seus próximos proxectos internacionais un auténtico reto, como é o de realizar unha versión en formato album ilustrado do famoso libro de Saint-Exupéry, O principiño, tamén para o mercado asiático. Ademáis, presentará o seu último libro, o caderno de viaxes titulado Ciudades de papel (El Patito Editorial) no 27è Saló Internacional del Cómic de Barcelona (FICOMIC), que se celebrará na cidade condal entre o 29 de maio e o 1 de xuño.
|
Caderno de animalista obtén o segundo premio na categoría de Infantil e Xuvenil dos galardóns que concede o Ministerio de Cultura aos libros mellor editados
Caderno de animalista, segunda entrega da colección OQart, pretende cos nenos e nenas, e tamén os adultos, se acheguen á historia da arte dunha forma orixinal e creativa, espertando o gusto pola pintura dunha maneira lúdica e atrevida. Tanto Fortes como Quarello reinterpretar no álbum obras xeniais da pintura dos dous últimos séculos.
Estes premios do Ministerio de Cultura non teñen dotación económica pero son moi valorados polos editores ao ser expostos nas principais feiras internacionais do libro. O xurado valorou 377 obras incluídas en cinco grupos temáticos: Libros de Arte, de Bibliofilia, Facsímiles, Infantís e Xuvenís e Obras Xenerais e de Divulgación.
|
Gañadores da quinta edición do premio literario Frei Martín Sarmiento
Os gañadores desta edición foron:
Na primeira categoría (1º e 2º de primaria): O sorriso de Claudia (Sotelo Blanco) de Xosé Henrique Rivadulla Corcón.
Na segunda categoría (3º a 5º de primaria): A lagoa das nenas mudas (Xerais) de Fina Casalderrey.
Na terceira categoría (6º de primaria a 2º de ESO): O ceo dos afogados (Xerais) de Francisco Castro.
Na carta categoría (3º de ESO a bachelerato): O único que queda é o amor (Xerais) de Agustín Fernández Paz.
O gañador da categoría de adultos darase a coñecer o día 29 de maio nun acto que se celebrará en Ourense. Recordamos que como finalistas están: Made in Galiza (Galaxia) de Sechu Sende, Así nacen as baleas (Galaxia) de Anxos Sumai e Case perfecto (Xerais) de Marina Mayoral.
Este premio, un dos clásicos entre a mocidade galega, está fomentado polos equipos de normalización lingüística da FERE en Galicia.
|
|
RECURSOS
|
|
LIGAZÓNS
|
|
MESES ANTERIORES
|
| BIBLIOTECA MÁXICA |
|
Prelectores |
|
Os catro amigos |
|
Infantil
|
|
Lu e Go pola muralla |
|
Xuvenil
|
|
O segredo de Marco Polo
|